O Auditorio do Centro Multiúsos de Arbo acollerá o sábado 16 de decembro o tradiconal concerto de Nadal, coa actuación da Banda de Música de Arbo e a Coral Polifónica de Arbo, cunha programación variada no que destacan pezas de temática navideña.
Como xa ven sendo habitual nestas datas de Nadal, as dúas asociacións musicais ofrecerannos un auténtico deleite para os oídos e o rematar como ben sendo tradicións o alcalde desexará boas festas aos veciños e veciñas de Arbo e brindaras ecos espumosos das adegas de Arbo.
A entrada é libre e de balde.
Banda de Música de Arbo
No ano 1991 iniciase o proxecto de restauración da banda de música de Arbo coa axuda dos Mestres Ignacio, Manuel González (Lito), Joaquín e Antonio.
Pero será no ano 1993 cando a escola da banda de música de Arbo colla o impulso necesario para, así no ano seguinte (abril do 1994) faga a súa presentación na festa da lamprea, apadriñada pola Unión musical de Valladares.
No ano 2024, a Banda de Música de Arbo, celebrara ó seu 30 Aniversario. Dende o Concello felicitan a todos o que fixeron e fan posible que esta agrupación sega lucindo e levando o nome de Arbo ala a donde vai.
Coral Polifónica de Arbo
A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996,coa finalidade de contribuír a difusión do canto tradicional e popular na súa mais pura esencia, creando un vencello de unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo, o cal esta Coral representa dentro da súa humildade coa maior satisfación. Esta composta por 30 voces mixtas, e dende o seu inicio esta dirixida por D. Víctor Fernández Nogueiras, gran profesional da musica e gran experto na dirección de masas corais, actividade a que se dedica plenamente. A Coral de Arbo comezou a súa actividade participando en Misas e Concertos a nivel local e comarcal.