O alcalde da Cañiza, Luis Piña, e a directiva da Asociación de Comerciantes da Cañiza presentaron esta mañá a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como “A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal”.
O programa consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio 3.600 euros en vales de compra, para poder entrar no sorteo tan só é preciso que fagan compras por un importe igual ou superior a 20 €. Do total do premio, 500 € son doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e os 3.100 euros restantes son aportados polo Concello.
A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2023 e xaneiro de 2024. Os sorteos realizaranse os días 22 e 29 de decembro de 2023 e os días 15 e 31 de xaneiro de 2024, distribuíndo en cada sorteo 18 premios de 50 euros cada un, en vales de 10 euros.
Os vales poderanse empregar ata o día 29 de febreiro do 2024, nos establecementos adheridos.
O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale (10 euros). Queda prohibida a devolución monetaria do mesmo. As bases reguladores da campaña pódense consultar na web municipal: www.caniza.org.