Domingo, 7 Setembro de 2025

A Paradanta

Isma Lago será o novo director xeral do BM Cañiza

O BM Cañiza anuncia que Isma Lago será a partir da vindeira tempada 2022/23 o novo director xeral do Club Balonmán Cañiza. Será o máximo responsable do clube a nivel deportivo e acompañará na gestión á Xunta Directiva e á Presidencia do club.

Xornada informativa sobre a factura da luz este venres no auditorio de Covelo

O Concello de Covelo informa que o vindeiro venres día 6 de maio un equipo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia estará no auditorio municipal para ofrecer unha xornada informativa sobre a factura da luz.

A Cañiza comezou coas obras de reforma da piscina climatizada

O rexedor da Cañiza, Luis Piña, visitou hoxe pola mañá as instalacións da piscina climatizada municipal, acompañado polos técnicos da empresa adxudicataria logo de comezar esta semana as obras de reforma.

Novo curso do VI Plan de Formación de Covelo

O concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de Xardinería que se desenvolverá do 18 ao 31 de maio.

Crece a preocupación en Arbo ante a decisión do Goberno Central de manter o trazado da liña de alta tensión polo concello

Dentro da Planificación Eléctrica 2021-2026 aprobada polo Consello de Ministros no mes de marzo, a Interconexión España – Portugal figura recollida dentro das prioridades do Goberno de España e teñen previsión de poñela en servizo antes de 2024, polo que o Partido Popular de Arbo, presentou o 25 de marzo de 2022 unha moción ao pleno para aprobar o rexeitamento a que trazado algún pasase polo municipio de Arbo.

O pleno do Concello da Cañiza aprobará o proxecto de recuperación do entorno da ponte das Achas

No Pleno Extraordinario deste 28 de abril aprobarase o Convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a execución deste proxecto por un importe de 411.015,58 €, dos que están subvencionados polo organismo provincial o 70 %, un total de 287.710,91 €.

V xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos

O Concello de Covelo convida a participar na quinta xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos que, de xeito excepcional, será este sábado día 30 de abril. As persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.

Solicita o teu composteiro no Concello de Covelo

Concienciar para o respecto e posta en valor do medio natural é un dos eixos da estratexia de desenvolvemento sostible que o goberno de Covelo desenvolve co firme propósito de ofrecer calidade de vida a súa veciñanza.

A unidade móbil de coidados porta a porta visitará Arbo no mes de maio

A unidade móbil de coidados sociosanitarios, posta en marcha pola Xunta de Galicia no marco da campaña ' Coidados porta a porta', visitará o Concello de Arbo os días 9, 10, 11 e 12 de maio para ofrecer gratuitamente os seus servizos ás persoas maiores de 55 anos.

O goberno de Covelo mellorará accesos e camiños en catro parroquias

Mellorar o día a día da veciñanza é o obxectivo desta iniciativa do goberno de Covelo que segue apostando por investir nos bens de uso colectivo e público.

Preséntase o sábado na Cañiza o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

O Edificio Multiúsos da Cañiza acollerá este sábado, día 23 de abril, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas, publicado por Belagua Ediciones.

O alcalde da Cañiza apela á responsabilidade da veciñanza para xestionar residuos voluminosos

Dende o Concello da Cañiza lémbrase a obriga de toda a veciñanza de facer un uso responsable dos seus restos e residuos e evitar a proliferación de vertedoiros.