Dende o Concello da Cañiza lémbrase a obriga de toda a veciñanza de facer un uso responsable dos seus restos e residuos e evitar a proliferación de vertedoiros.
Para evitar a práctica de deixar residuos voluminosos nos contenedores orgánicos, o rexedor Luis Piña recorda aos veciños que o Concello dispón dun servizo gratuito de recollida de residuos voluminosos polas parroquias activo o último xoves de cada mes. Este servizo está pensado para os particulares que non contan cos medios necesarios para desprazar determinados tipos de residuos, de gran volumen, ata o punto limpo (colchóns, mobles, electrodomésticos e outros residuos de gran tamaño).
O servizo funciona previo aviso do interesado nas oficinas do Concello.
O último xoves de cada mes, durante todo o día, os camións municipais desprázanse ata as parroquias para atender os avisos de recollida. Incluso se o listado de retirada é amplio, os camións do Concello traballan durante os seguintes días para retirar todos os residuos e evitar que os mesmos permanezcan esbotados na rúa durante días.
Cómo utilizar correctamente o servizo
- Chamar ao Concello para informar da necesidade de utilizar o servizo. Facilitar dirección e tipo de resto a depositar. 986 651000 – 986 651001. No Concello informaráselles máis detalladamente sobre o servizo.
- Deixar os residuos o día anterior á recollida. A RECOLLIDA realizarase o último xoves de cada mes, por tanto os residuos depositaranse o día anterior, é dicir, último mércores de cada mes. Os restos depositaranse no contedor máis próximo tendo coidado de que non moleste nin ao tráfico nin aos veciños.
- Os camións non recollerán radiografías, vernices, aceites, pinturas, podas e restos vexetais, entullos de obra, madeiras, cristais, neumáticos, vidro, papel, cartón e plástico. Estes residuos terán que ser levados directamente polos interesados ás instalacións do Punto Limpo.
SO SE PODERÁN DEPOSITAR ESTOS RESIDUOS AO CARÓN DOS CONTENEDORES O DÍA ANTERIOR Á RECOLLIDA: ÚLTIMO MÉRCORES DE MES
Dende o Concello solicítase a colaboración dos veciños para evitar que estes residuos permanezcan durante semanas á beira dos contenedores, xa que so se recollerán o último xoves de cada mes.
Evitando esta práctica conseguiremos un Concello máis limpo e visualmente máis estético.