Mércores, 13 Novembro de 2024

Isma Lago será o novo director xeral do BM Cañiza

O BM Cañiza anuncia que Isma Lago será a partir da vindeira tempada 2022/23 o novo director xeral do Club Balonmán Cañiza. Será o máximo responsable do clube a nivel deportivo e acompañará na gestión á Xunta Directiva e á Presidencia do club.

Isma Lago deixará de ser o adestrador do primeiro equipo masculino de 1ª Nacional, cargo que ocupou durante as dúas últimas tempadas, para pasar a asumir as novas funcións dentro da estructura do CBC.

Isma chegou á Cañiza alá polo 2016 para involucrarse no club como xogador, coordinador da sección masculina e adestrador de varios equipos de base. Tras varios anos, na tempada 2020/2021 puxo fin á súa etapa de xogador para ser o adestrador do primeiro equipo masculino nunha fantástica tempada na que se acadou o 4º posto na liga.

Ábrese agora unha nova etapa no club onde manter os equipos femenino e masculino competindo en categoría nacional e centrar máis a atención no traballo coas nenas e nenos da base. Isma quere agradecer a confianza depositada nel ao longo destes anos dende a Xunta Directiva e moi especialmente no presidente Rubén Fernández, artífice do que hoxe en día é o BM Cañiza.