Xoves, 4 Setembro de 2025

A Paradanta

A campaña “Quere o teu mercado” chega á praza de abastos de Arbo

A praza de abastos de Arbo participa un ano máis na campaña internacional “Quere o teu mercado”. Pola súa proximidade e situación estratéxica nas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos.

O venres 27 remata o prazo para inscribirse na escola de verán de Covelo

O Concello de Covelo recórdalle ás familias que o vindeiro 27 de maio remata o prazo para solicitar praza na escola de verán.

O Concello da Cañiza repartiu máis de 400 bocadillos entre os participantes da Clásica Álvaro Pino

Este domingo 22 de maio, celebrouse a 7ª edición desta marcha ciclodeportiva, de carácter non competitivo, organizada pola Asociación Deportiva Cultural Plan C, cun trazado de 110 km, dos cales 30 desenvolvéronse polas estradas do noso Municipio.

Arbo lanza a campaña “Visita o Museo Arabo e Gaña” para promocionar o turismo

O Concello de Arbo, seguindo coa súa folla de ruta na promoción dos recursos turísticos, gastronomía, adegas, os viños, a historia, a Festa da Lamprea, lanza a campaña “Visita o Museo Arabo e Gaña”.

A Confederación Hidrográfica Miño Sil colabora coa Cañiza para dar solución á problemática das depuradoras

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, reuniuse esta mañá co alcalde da Cañiza, Luis Piña, para explicarlle polo miudo os traballos que o organismo está a desenvolver no Concello da Cañiza, así como as futuras inversións que se realizarán no Municipio en materia de medioambiente.

A Deputación leva aos concellos do Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor e Redondela o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’.

Homenaxe en Arbo aos matrimonios que cumpren as vodas de ouro

O Concello de Arbo, un ano máis, quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e un ano máis queren celebrar o tradicional evento “Vodas de Ouro”.

As melloras en instalacións deportivas suman preto de 155.000 € en Covelo

O Concello de Covelo continúa coa mellora das instalacións públicas deportivas nas que, nos últimos anos, leva investido 154.327 €.

La Sestelo-Álvaro Pino ultima detalles do seu paso por Covelo

O gañador de La Vuelta España, Álvaro Pino, visitou o concello de Covelo para presentarlle ao alcalde, Pablo Castillo, o maillot da marcha La Sestelo-Clásica Álvaro Pino e pechar detalles da marcha ao seu paso polo concello.

O sábado 7 de maio, nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño

Este sábado 7 de maio e despois de máis de corenta anos, volve o fotógrafo minuteiro á praza Mestre Cerviño. O fotógrafo, artista, profesor e veciño de Covelo, Ángel Borrué, homenaxeará ao pai deste máxico invento, o fotógrafo barcelonés Juan Cantó y Mas, e retratará ás xentes e visitantes de Covelo que pasen este sábado pola Mostra de Produtos.

Álvaro Pino visita A Cañiza para a presentación da VII edición da Clásica

Na mañá de onte, Luis Piña, alcade de Cañiza, recibiu no Concello a visita do gran ciclista e ex corredor Álvaro Pino, quen se achegou ata o concello para presentar unha nova edición da Clásica Álvaro Pino, marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro 22 de maio polas terras do Condado e A Paradanta.

Covelo recoñeceu a traxectoria e logros do equipo de Adestramento de Cans de Rescate na Auga

O goberno de Covelo recoñeceu nun acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello o traballo do equipo de Adestramento de Cans de Rescate na Auga e Detención composto pola guía e adestradora canina Ángeles Rodríguez Fernández, Antonio Corredoira, Manuel Souto e a súa cadela Deva.