21.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo recoñeceu a traxectoria e logros do equipo de Adestramento de Cans...

    Covelo recoñeceu a traxectoria e logros do equipo de Adestramento de Cans de Rescate na Auga

    O goberno de Covelo recoñeceu nun acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello o traballo do equipo de Adestramento de Cans de Rescate na Auga e Detención composto pola guía e adestradora canina Ángeles Rodríguez Fernández, Antonio Corredoira, Manuel Souto e a súa cadela Deva.

    En recoñecemento pola súa inestimable aportación e dedicación coa que realizan a súa labor de rescate humano e aos méritos conseguidos nas probas de cualificación o Concello fíxolle entrega dunha medalla e duns pins institucionais que recordarán para sempre o esforzo altruista deste equipo.

    No acto, o alcalde, Pablo Castillo, tamén lle fixo entrega da autorización anual para poder seguir adestrando nas praias municipais. Madrileña de nacemento, Ángeles chegou a Galicia con 22 anos e con 44 anos apostou polo rural e trasladouse a Mondariz pero foi en Covelo donde conectou coa xente e donde atopou as sinerxias e apoios tanto vitais como profesionais.

    Hai poucos meses a Asociación Española de Criadores y Amigos del Terranova otorgou a titulación de “can auxiliar de costa” a súa cadela Deva, unha fermosa exemplar de Terranova negra capaz de rescatar da auga a tres persoas á vez e remolcar 1.500 quilos. Esta titulación fai, a súa vez, que Ángeles teña a consideración de xuíza das probas que se fan a nivel estatal recoñecidas pola Real Sociedad Canina Española. No pantano de Burguillo, en Ávila, conquistaron ao xurado e deron un paso de xigante no recoñecemento desta raza de cans como rescatadores acuáticos.

    Deva destacou dende os seus primeiros meses pola súa capacidade de interacción coa auga e iso levouna ao curso de iniciación e de aí á praia fluvial de Maceira, en Covelo donde adestran e na que interactúa, en moitas ocasións, cos e coas cativas que se achegan a contemplar o espectáculos dos seus exercizos.

    “É moi difícil adestrar porque non temos acceso ás praias de maio a setembro e non temos donde gardar o equipamento e a zodiac. Eu buscaba un sitio e Covelo facilitoumo todo. Grazas ao Concello e aos seus veciños puidemos avanzar e acadar os obxectivos e as titulacións. En Mondariz tamén tiven a sorte de atopar ao meu equipo que me axudan e colaboran nos adestramentos e se os que non podería facer este traballo”, explica Ángeles.

    Relata a adestradora que esta é unha raza orixinaria da illa de Terranova que viaxaba nos barcos pesqueiros cos indíxenas servindo de apoio para o rescate dos mariñeiros que caian á auga. A súa alta resistencia ás baixas temperaturas da auga, a súa dobre capa de pelo e as súas patas palmeadas con membranas interdixitais fan que sexa un excelente nadador. Unha raza que estivo a piques de desaparecer e a unidade canina da UME valora incorporar nos seus traballos de rescate. “A UME quixo coñecer o traballo de Deva para avaliar a posibilidade de traballar con terranovas. En outros países xa traballan con esta raza pero aquí aínda non”.

    O propio instinto de Deva fai que reaccione ante xestos bruscos ou voces de socorro e corra a auxiliar ás persoas sen que a súa amiga e adestradora lle dea a voz de alerta.

    Pura bondade, así é Deva, unha cadela que vén de ser nai de dous cachorros e que se atopa en fase de descanso centrada na crianza dos seus bebés caninos. “É hora de descansar e centrarnos en dar a coñecer as habilidades únicas desta raza de cans e visibilizar a súa importancia vital en labores de rescate en auga”, conclúe Ángeles mentras corre a por orde na nova manda.

    Agora o concello de Covelo a través do seu alcalde, Pablo Castillo, quixo recoñecer esta importante labor social e este esforzo en favor de todos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.