Mércores, 27 Agosto de 2025

A Paradanta

Xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar na primeira xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos neste ano 2023.

A Cañiza porá en marcha un programa de prevención de drogodependencia

Segundo comunicou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, no Pleno extraordinario e urxente celebrado este 16 de xaneiro ás 16.30 h, aprobouse por unanimidade de toda a Corporación o texto do novo Convenio de Condutas Aditivas para a creación desta unidade e o desenvolvemento do proxecto de prevención de drogodependencia.

Luis Piña visita as instalacións da empresa Reciclados Plásticos La Cañiza SL

O alcalde da Cañiza visita as instalacións da empresa acompañado polo xerente, Guillermo Salgado, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o seu funcionamento e a xestión dos residuos, baseado no procesado e recuperación final dos materiais recolleitos.

A Cañiza presenta o libro “Concha de Luneda”

O pasado 28 de decembro o alcalde Luis Piña, acompañado polo autor e escritor Xerardo F. Santomé, presentaron o libro «Concha de Luneda, a vida nunha cantiga».

Novas axudas do Plan Concellos a Redondela, Arbo e O Porriño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a dez novas achegas da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2023 por importe de 2 millóns de euros, que beneficiarán aos concellos de Fornelos, Lalín, Poio, Vilagarcía, Redondela, Silleda, Campo Lameiro, O Porriño, Arbo e A Estrada.

A Xunta renova a iluminación do CEIP Antonio Rodríguez Blanco de Covelo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, vén de acometer a reforma e modernización integral de toda a instalación de iluminación do CEIP Antonio Blanco Rodríguez, no Concello de Covelo, cun investimento de 43.000 euros.

A Policía Local da Cañiza conta cun novo vehículo

Esta mañá, o alcalde Luis Piña, recepcionou o novo vehículo para a Policía Local da man da empresa Autos Iglesias S.L.

Luz verde ao proxecto de renovación da iluminación pública exterior en Covelo

O último pleno do Concello de Covelo no 2022 deu luz verde ao proxecto de execución e ás actuacións a acometer para a renovación do alumado público exterior que terá un custo total de 866.144,05 €.

A Cañiza asina coa escola de música a súa primeira colaboración oficial

O alcalde da Cañiza, Luis Piña e o xerente da escola, Diego Paín Baúlde, asinaron o pasado 22 de decembro, antes do concerto de Nadal celebrado no auditorio municipal, a primeira colaboración oficial entre o Concello e a escola.

A Cañiza presenta o seu calendario 2023

Como en anos anteriores, o novo calendario ten a intención de amosar os lugares máis emblemáticos e senlleiros do municipio.

A Xunta impulsa a apertura dun novo vial no casco urbano de Arbo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vai impulsar a apertura dun novo vial no casco urbano do Concello de Arbo entre a rúa Vázquez Estévez e a estrada autonómica PO-400 cun investimento de 315.000 euros financiado ao abeiro do Plan Hurbe.

A Festa da Lamprea de Arbo aspira a ser unha festa de interese turístico internacional

A lamprea en Arbo é toda unha tradición. Prepárase desde hai séculos e a que se captura a esta altura do Miño ten unha textura, unha cor e un sabor diferentes. De potente sabor, a lamprea é un manxar que non deixa indiferente a ninguén.