Martes, 16 Setembro de 2025

A Paradanta

Zona Franca de Vigo e Concello da Cañiza celebran a primeira comisión de seguemento para desenvolver o parque empresarial do vieiro

A semana pasada tivo lugar a primeira Comisión de seguemento para o desenvolvemento do parque empresarial do Vieiro, no concello da Cañiza, xuntanza na que ademais do presidente do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, estiveron presentes os arquitectos do Consorcio, o técnico de urbanismo, a Secretaria e unha administrativo do Concello, que serán os responsables da tramitación necesaria para iniciar o procedemento de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O xamón da Cañiza, protagonista na X Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia, ‘Festur’

Celebrada en Silleda do 30 de maio ao 2 de xuño no marco da 46º Feira Internacional Semana Verde de Galicia, o xamón da Cañlza –produto estela do municipio da Paradanta–, tivo un marcado protagonismo na X Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia, Festur.

Mostra de Produtos de Covelo este sábado con música en directo e contacontos teatralizados

O Concello de Covelo celebra este sábado día 1 a súa Mostra de Produtos de Covelo con produtos de proximidade, artesanía e segunda man de 10 a 14 horas.

A Cañiza estrea na Franqueira a nova sinaléctica da ‘Via Mariana de Peregrinación Luso Galaica’ que une Braga con Muxía

A poucos días de celebrarse a Romaxe das Pascuillas na Franqueira, (luns 20 de maio, festivo local na Cañiza) o alcalde da Cañiza, Luis Piña acompañado do párroco Javier Alonso Docampo e a presidenta e o secretario da Asociación Via Mariana, María José Silva e Miguel Anxo Antón, respectivamente, achegouse ata a Franqueira para comprobar o emprazamento do cartel que anuncia a Etapa 7 da Vía Mariana que une Braga con Muxía. A nova sinalización, sufragada polo Concello cañicense, da continuidade á liña de colaboración entre o Concello e a Asociación da Vía Mariana.

Arbo reparte bolsas de tea e reciclables para impulsar o comercio local

Arbo continua traballando para por en valor o comercio local, nesta ocasióh a través dunha acción posta en marcha pola Deputación de Pontevedra ao amparo do Proxecto ‘Da túa Man’, unha campaña que busca promover a que a veciñanza arbense e dos concellos limítrofes compren no comercio de Arbo e fomente a sostenibilidade e a economía circular no municipio.

‘Quere o teu mercado’ volve a praza de abastos de Arbo

O Concello de Arbo, únese á campaña Quere o teu mercado, promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos e as Prazas de Abastos, co obxectivo de destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local, ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Luis López avanza un apoio de máis de 410.000 euros ás obras de mellora da mobilidade peonil en Cabeiras, Arbo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Arbo, Horacio Gil, investimentos por preto dun millón de euros neste concello por parte do goberno provincial ao abeiro de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou convenios de colaboración. Nunha reunión de traballo mantida o mércores entre ambos os dirixentes no despacho presidencial do Pazo provincial, López e Gil repasaron os proxectos nos que participa a Deputación, abordaron temas de interese mutuo para as dúas administracións.

Arbo inviste preto de 150.000 euros no saneamento a PonteCabaleiros e Urzal, na parroquia de Barcela

O Concello de Arbo, da por rematadas as obras de 'Rede de saneamento en Ponte Cabaleiros (Estrada Autonómica PO 400 ente o P.Q. 16+810 e o P.Q. 17+315)', obras de interese público relacionadas co medio ambiente na contorna do Concello, dotando así aos barrios de PonteCabaleiros e Urzal da parroquia de Barcela, de este servizo do que carecian.

O ‘XVI Ciclo de Música Relixiosa’ de Barcia de Mera sube o pano este sábado na igrexa de San Martiño

A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera prepárase para recibir o primeiro dos concertos da XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa. Patrimonio e música daranse a man para recibir ao público que ao longo destes seis meses terán o privilexio de vivir a música interpretada por figuras de relevancia internacional na contorna rural e natural do conxunto histórico da Rectoral de Barcia de Mera, en Covelo.

‘LampreBus’, servizo gratuíto de autobús durante os días da Festa da Lamprea

Un ano máis o Concello de Arbo, poñerá en marcha un servizo especial de autobuses LampreBus os días 26, 27 e 28 de abril coa celebracion da LXIV Festa dá Lamprea. LampreBus, unha iniciativa creada no ano 2019 que busca “mellorar e facilitar a mobilidade nos días da Festa dá Lamprea, tanto para os veciños como para os visitantes”, tal e como explica o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

O xornalista Fernando Jáuregui, pregoeiro da Festa da Lamprea

Este 27 de abril ás 13:00 h desde o balcón da Casa do concello, Fernando Jáuregui, será o encargado de pregoar as excelencias gastronómicas de Arbo na LXIV Festa da Lamprea.

Máis de 250 palilleiros e palilleiras participaron na «II Mostra de Palilleiras Concello da Cañiza» de Valeixe

O primeiro domingo de abril e no recinto da 'Irmandade' de Valeixe celebrouse a a «II Palillada da Cañiza», unha iniciativa organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Valeixe AMURUVA que contaba coa colaboración do Concello e de establecementos e comercios da Cañiza.