Venres, 2 Maio de 2025

Arbo

O Arbo C.F. gana a trixésimo sexta edición do triangular ‘Vila de Arbo’

O Arbo Club de Fútbol proclamouse vencedor da trixésimo sexta edición do triangular de fútbol 'Vila de Arbo, disputado nas instalacións do campo municipal da vila cunha nutrida afluencia de espectadores.

O espectáculo ‘A música da auga’ chega a Arbo

O vindeiro martes, 13 de agosto, a Praza do Concello de Arbo acollerá o espectáculo 'A música da auga' que forma parte da programación que a Deputación de Pontevedra ofrece aos concellos. 'Música da auga' visitou con anterioridade –o 11 de agosto– o Concello de Crecente.

A Deputación finaliza o acondicionamento da estrada EP-5003 na Lomba, Arbo

A Deputación de Pontevedra ven de concluír as obras de acondicionamento da estrada EP-5003 no lugar de A Lomba, no concello de Arbo. Nestes traballos, a institución provincial abordou a renovación da pavimentación desta vía así como a dotación de servicios no devandito lugar.

Arbo realiza obras de mellora do Pavillón Polideportivo Municipal

O Concello de Arbo está a desenvolver traballos de mellora das instalacións do Pavillón Polideportivo Muncipal, obras que, segundo o Concello que preside Horacio Gil, son necesarias "para que as actividades e eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios".

Arbo adxudica a creación dun parque forestal en Bouza de Miguel

O Concello de Arbo, pretende crear o “Parque Forestal Bouza de Miguel”, dacordo coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Arbo, ao abeiro do reparto de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais por importe de 38.271,74 €.

A piscina de Arbo comeza a súa tempada estival

A piscina municipal de Arbo iniciou a súa tempada estival o pasado 2 de xullo. As piscinas, inauguradas no ano 1996, e están situadas...

A Academia Galega de Gastronomía visita Arbo

O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, Museo Arabo, de Arbo recibiu na pasada semana a visita da Academia Galega de Gastronomía....

Arbo recupera a ponte románica de San Xoán

O pasado 28 de abril de 2017 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González e o alcalde do Concello de...

Arbo mellora dúas estradas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, comprobou esta mañá as obras executadas...