Sábado, 3 Maio de 2025

Arbo

O Pobo de Arbo e 95 voluntarios serán homenaxeados durante a Gala da Lamprea

O vindeiro día 8 de agosto de 2020, na Praza Consistorio terá lugar a Gala da Lamprea que forma parte dos actos da LX Festa da Lamprea e que tivo que ser suspendida no mes de abril polo Estado de Alarma.

Espectáculo de maxia en Arbo

Dentro da programación cultural San Roque 2020 – Verán cultural, e dentro dos actos programados co Gallo da Semana Gastronómica da LX Festa da Lamprea e XV Festa da Lamprea o concello de Arbo, organiza o espectáculo de maxía “Magia para Soñar” o vindeiro día 7 de agosto na Praza Consistorio.

Arbo desenvolve traballos de mellora nos camiños rurais cunha achega de Medio Rural

O Concello de Arbo dará inicio á obra 'Acceso Couto-As Laxas', que se raliza ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014–2020. A obra permitirá a ampliación do antedito vial, de titularidade municial e a mellora do trazado e da drenaxe da vía, traballos que contará cun investimento de 38.102,90 euros.

Arbo celebra a Semana Gastronómica coa LX Festa da Lamprea e a XXV Festa da Lamprea Seca

O 14 de marzo de 2020 entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no cal se estableceron medidas dirixidas a limitar a mobilidade da cidadanía que derivou nunha situación excepcional, o que supuxo para o Concello de Arbo, suspender todos os actos que tradicionalmente xiran en torno a LX Festa da Lamprea, que este ano cumpría a súa sesenta edición.

O Concello de Arbo mellorará o parque infantil de Barcela e colocará mobiliario no casco urbano

O Concello de Arbo, detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo. Detectouse a necesidade de colocar unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.

Arbo realiza unha mellora no Parque Empresarial

Co fin de colaborar no desenrrolo económico e social de Arbo e facilitar unha ubicación ordenada das actividades económicas, proxectase a creación dun Parque Empresarial no municipio. Para o desarrolo desta iniciativa, o I.G.V.S e o Concello de Arbo asinaban un convenio de colaboración no ano 1999.

Arbo, lugar idóneo para os deportes de aventura

Nos últimos días da primavera e entrando xa no esperado período estival, aínda que o tempo é caprichoso e tan pronto amence un día...

O alcalde de Arbo, propón ao Pobo de Arbo, como ‘Arbense Distinguido 2020’, polo seu comportamento exemplar na Covid-19

O alcalde Horacio Gil, asinaba no día de onte, a proposta para o pleno de declarar aos veciños e veciñas de Arbo, a condecoración de Arbense Distinguido 2020 ao “Pobo de Arbo” por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda a humanidade en agradecemento e recoñecemento a súa exemplar actitude e comportamente nesta situación de excepción provocada pola pandemia do coronavirud e o Estado de Alarma.

Arbo promociona a potencialidade turística do municipio a traves de manteis individuais

Con esta entrega tamén se axuda ao sector turístico entregando manteis que, según os protocolos marcados polas autoridades sanitarias, son obrigatorios nos establecementos por non poderse utilizar a manteleria habitúal. Durante os vindeiros días o Concello distribuirá entre restaurantes, bares, cafeterías e casas de turismo rural, gardamanteis individuais de papel nos que se promocionan os recursos turísticos, o patrimonio e as adegas do municipio.

‘Dous povos. Um só território’, Arbo e Melgaço reabren a súa fronteira

A Ponte Internacional que une de Arbo e Melgaço, pechada dende o pasado 17 de marzo, volveu a ser o punto de unión entre "Dous povos e um só território" como sinalaba a pancarta que, no acto simbólico de reapertura da fronteira, portaban o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista.

Arbo abre a preinscrición de novas solicitudes para o Punto de Atención á Infancia no curso 2020/2021

O Concello de Arbo, para dar cumprimento ao Regulamento de Réxime Interno do PAI (Punto de Atención á Infancia), sito en Barcela, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas a apertura do prazo de prescrición para novas solicitudes cara ao comezo do curso 2020/2021 (de setembro a xullo).

Arbo licita a obra de mellora do camiño de Esmoriz ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención do Plan Concellos da Deputación para a realización da obra 'Mellora e ampliación Camiño de Esmoriz, Arbo (Pontevedra), co financiamento do 100% do investimento que se orzamenta no importe de 123.544,75 €.