Martes, 1 Xullo de 2025

Arbo

O Palco de San Benito, en Arbo, recupera a súa estética

O Palco de San Benito, atopase nun lugar privilexiado, na contorna da Igrexa de Santa María de Arbo, uns dos altos do municipio dende onde se poden gozar dunhas extraordinarias vistas parte do territorio de Arbo e o veciño Melgaço. As obras buscaban devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estaban afectados por algunha patoloxía.

O Concello de Arbo adxudica o contrato do Servizo de recollida e tratamento de residuos

O Concello de Arbo sacaba a concurso, a través da plataforma de contratación do Estado, o contrato do Servizo de recollida e transporte de fluxos recollidos selectivamente de envases lixeiros, papel/cartón e a recollida de residuos especiais e/ou voluminosos, así como o tratamento dos residuos almacenados no Punto Limpo do Concello de Arbo.

Rematadas as obras de mellora no camiño de Pedreira na parroquia de Cabeira, Arbo

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de mellora do camiño no lugar da Pedreira, na parroquia de Cabeiras, traballos que permiten solucionar a grave situación na que se atopaba esta infraestrutura. Cómpre lembrar que o lugar da Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que vén sendo pasto de frecuentes incendios.

Arbo premia aos compradores na campaña ‘Comprar en Arbo ten premio’

O Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña 'Comprar en Arbo ten premio', en colaboración coa Asociación de Comerciantes do municipio, na que participan máis de oitenta establecementos da localidade. Os negocios repartirán entre os seus clientes rifas polas súas compras imprimíndose, en total, preto de 150.000 rifas.

O Concello de Arbo remata as obras no parque empresarial

O Concello de Arbo deu por finalizaod os traballos de mellora de beirarrúas no parque empresarial do municipio, obras que contaron unha achega de 27.687,20 € da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os traballos realizacos enmárcanse enmárcanse na estratexia municipal de impulso da actividade deste recinto e a reactivación económica de Arbo ante a crise sanitaria marcada polo COVID-19.

Arbo convoca unha nova edición do concurso escolar de carteis e redacción sobre a ‘Festa da Lamprea’

O Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición do concurso de carteis e redacción que celebra habitualmente con motivo da Festa da Lamprea que chega a súa sexaxésimo primeira edición e que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de abril de 2021. O certame está dirixido a todo o alumnado do CEIP Antonio Carpintero, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. Cartel e a redacción terán como tema central Arbo, a LXI Festa dá Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.

Papá Noel falará cos nenos e nenas de Arbo que así o soliciten

A ninguén se lle escapa que este Nadal é diferente. Un Nadal marcado pola COVID-19 é as medidas de seguridade sanitarias pero, con todo, o Concello de Arbo quere que a ilusión e a maxia destas datas siga viva para os máis cativos.

Arbo invirte 22.106,07 € no acondicionamento do Sendeiro de Pescadores

O Concello de Arbo, acaba de adxudicar o acondicionamento do Sendeiro de Pescadores, donde as obras ascenden á cantidade de 22.106,07 € (IVE 21% incluído), segundo o detalle que figura na memoria que serviu de base para a petición da subvención, as obras contan cunha achega da Consellería de Medio Ambiente e vivenda.

O Concello desenvolve obras de mellora no parque de Turbela e outros espazos públicos

O Concello de Arbo desenvolveu, nestes días, diversos traballos de mellora e adecentamento do parque da Turbela e de outros espazos públicos do municipio, traballos que foron posibles a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 16.680,38 €.

Arbo aproba as bases para a contratación de auxiliares de Axuda no Fogar

Por resolución de Alcaldía foron aprobadas as bases e a convocatoria para a constitución dunha nova bolsa de emprego para cubrir as prazas de auxiliar de Axuda no Fogar en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, ante a perda de vixencia da bolsa de emprego anteriormente constituída no ano 2018, e actualmente prorrogada tras o estado de alarma decretado pola pandemia do COVID-19.

Lete Lasa visita o Pavillón de Deportes de Arbo para comprobar o resultado das obras realizadas

O Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, deron o visto e prace a conclusión dos traballos de reforma do tellado do Pavillón de Deportes de Arbo, unha obra que contou cun investimento de 46.933,12 € e que foi realizada por unha empresa local dentro da iniciativa de dinamizar a economía do municipio.

O Concello de Arbo, executa melloras en viais municipais por diversos puntos do municipio

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica.