Mércores, 7 Maio de 2025

A Cañiza

Luis Piña visita o pavillón para ver o resultado das obras de mellora da cuberta

Luis Piña, alcalde da Cañiza, visitou onte pola mañá a instalación municipal na que se executaron as obras de reparación e mellora da cuberta, cun investimento de 48.296,98 €, financiado a través dun convenio de colaboración entre a vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello, asinado o pasado 22 de novembro de 2021.

O luns comezaron as obras de construcción dun novo pozo de barrena no Rañadoiro, na Cañiza

As obras de perforación comezaron este luns nos terreos que o Concello da Cañiza ten dispoñibles na zona do Rañadoiro. Este pozo, xunto co de Portoaugavella, súmarase aos 7 existentes que foman parte da infraestrutura de aporte de auga á rede municipal.

A Cañiza e o centro “EFA A Cancela” das Neves continúan colaborando

O Concello da Cañiza continúa colaborando co centro "EFA A Cancela" das Neves, coa sinatura de novos convenios específicos de formación.

Aberto o prazo para participar no III Concurso Artístico do Condado Paradanta

O GDR Condado Paradanta vén de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico.

A Cañiza reforza a limpeza de viais municipais coa adquisición dun novo brazo desbrozador

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou onte pola mañá que o parque móvil municipal dispón xa dun cuarto brazo desbrozador para o mantemento dos viais e camiños públicos.

O establecemento turístico da Cañiza ‘Finca Briaví’ galardoado co distintivo SICTED de calidade turística

O GDR Condado Paradanta organizou este pasado luns a 'II Gala de Calidade Turística' en Mondariz Balneario, nun acto no que se entregaron 20 novos distintivos SICTED e no que participaron os dez alcaldes e alcaldesas das comarcas do Condado e Paradanta e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A Cañiza conmemora o 8M cunha viñeta do ilustrados Luis Davila

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a tarde de onte o alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado das concelleiras do equipo de goberno e da educadora familiar dos Servizos Sociais municipais, presentaron unha das accións que integran o proxecto municipal de Igualdade para este 2022.

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

O Concello da Cañiza pon en marcha a actividade “Xénero versos”

Os alumnos de 3º da ESO do Centro Escolar da Cañiza, un ano máis, fan uso da música para concienciar e sensibilizar sobre a igualdade de xénero.

O alcalde da Cañiza acompaña a Diego de Giraldez na inauguración da súa exposición de pintura en Ávila

"Ávila es una gran escultura arquitectónica con la que te puedes intercomunicar y donde puedes viajar con ella a siglos pasados”. Con estas palabras inaugurou onte Diego de Giráldez a súa exposición promovida polo Concello de Ávila.

A Cañiza remata as obras de mellora do alumeado público en Achas

O Concello da Cañiza anuncia o remate das obras de sustitución e mellora das luminarias de todo o alumeado público de Achas, cun investimento total de 277.845,05 €.