Luns, 15 Setembro de 2025

A Cañiza

A Cañiza presenta o seu calendario 2023

Como en anos anteriores, o novo calendario ten a intención de amosar os lugares máis emblemáticos e senlleiros do municipio.

Zona Franca busca chan empresarial na Cañiza

O nivel de ocupación do chan empresarial-industrial do Consorcio da Zona Franca de Vigo é moi elevado, chegando ao 100% na maioría. Esta situación levou á institución “á procura de oportunidades e estase traballando no desenvolvemento de posibles parques industriais como o da Ran en Cuntis, cunhas 64 hectáreas, e na Cañiza, con preto de 96 hectáreas”, segundo informou o delegado do Estado, David Regades, ao pleno do Consorcio na súa última sesión do ano.

A Cañiza mellora os camiños de Xunqueiras, Coto do Muíño e Santa Baia na parroquia do Couto

O alcalde da Cañíza, Luis Piña, deu conta dos traballos de mellora que se están a desenvolver en tres viais municipais da parroquia do Couto, un deles xa iniciado como é o do camiño de Santa Baia e outros dous –Coto do Muíño e Xunqueiras– que se acometerán pasadas a festividade de Reis con previsión de que estean rematadas a finais de xaneiro. Os traballos supoñen un investimento total de 106.483,27 euros e contan cunha subvención de 87.899,00 euros do AGADER.

A Cañiza recupera a “Citania Castrexa das Grades”

Para o alcalde da Cañiza, Luis Piña, a «Recuperación dos Castros da Cidade de Achas e A Cerquiña é unha das actuacións máis importantes deste mandato. Un compromiso adquirido cando tomei posesión como alcalde, que agora, despois de case 10 meses de tramitación, dá os seus frutos: poder expropiar os terreos, seguindo o procedemento adecuado e co consenso e favor de case todos os propietarios».

A Cañiza poderá instalar miradoiros no Alto do Montouto grazas á Comunidade de Montes Veciñais da Lamosa

A Comunidade de Montes Veciñais da Lamosa cede gratuitamente ao Concello da Cañiza, por tempo indefinido, dúas hectáreas de terreno no alto do Montouto para a instalación de miradoiros interpretativos e un observatorio nocturno.

Novo aparcamento na Cañiza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou a aprobación do proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arbolada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro na subida que conduce hacia a Casa de Cultura.

A Cañiza dá a benvida ao Nadal

Na tarde noite de mañá sábado 3 de decembro, o Concello acenderá as luces deste Nadal 2022. Igual que estes tres anos pasados, o encargado de iluminar as rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez.

O Servizo de Atención Temperá da Cañiza prorrogarase dous anos máis

Na sesión ordinaria do pleno celebrado o pasado 25 de novembro, acordouse por unanimidade de toda a Corporación, a prórroga do Servizo de Atención Temperá prestado polos Concellos da Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e Melón.

Luis Piña visita o parlamento europeo

Nunha viaxe xunto a outros compañeiros alcaldes e portavoces de tres días para coñecer en primeira persoa cómo afectan as medidas de Europa á vida e desenvolvemento da Cañiza e tamén para lograr máis fondos europeos para o noso Municipio.

A Cañiza aproba o Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O pasado 25 de novembro o Pleno do Concello, en sesión ordinaria, aprobou o documento definitivo do PMUS do Concello da Cañiza, elaborado pola empresa Azteca Consulting de Ingeniería S.L. e adxudicado o pasado 16 de febreiro de 2021 por un importe de 6.125,94 euros.

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.

O deporte cañicense volve estar de noraboa

A Cañiza celebra o éxito dos deportistas na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica, celebrada o pasado 19 de novembro, na que participaron máis de 522 deportistas de 34 clubes galegos. Entre eles 10 competidores da Cañiza.