Sábado, 12 Xullo de 2025

Concello e Sanidade asinan o protocolo para a ampliación do centro de saúde do Rosal

0

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron este xoves o protocolo de colaboración para a execución das obras de reforma e ampliación do centro de saúde rosaleiro, un edificio construído no ano 1992 que na actualidade presta asistencia a 4.658 tarxetas de identificación sanitaria e que é preciso modificar para a incorporación de novos profesionais e servizos.

O Concello do Rosal xa presentou á Consellería de Sanidade un informe realizado polo equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre a situación urbanística da contorna do centro de saúde, importante a ter en conta para establecer as posibles intervencións. Ademais, tamén solicitou xa á Xunta o anteproxecto, o proxecto ou a documentación na que se recollan as necesidades marcadas por Sanidade nesta reforma e a delimitación exacta dos terreos necesarios para dar os pasos precisos a nivel urbanístico ou incluso, en caso de precisalo, “estudar a posibilidade dun novo emprazamento para a construción dun centro de saúde novo”.

Durante o encontro, Fernández Callís amosou a preocupación do Goberno municipal pola situación sanitaria no Rosal, xa que o centro de saúde conta na actualidade cun cadro de persoal minguado, no que seguen sen cubrirse todas as prazas de persoal sanitario, e o consultorio de San Miguel de Tabagón permanece pechado. Neste intre ao Rosal correspóndelle catro médicos ou médicas de familia e en ningún momento se cubre a totalidade. Por outra banda, o centro de saúde non dispón de todos os servizos necesarios para atender á poboación. A alcaldesa urxiu á Xunta de Galicia a que invista en atención primaria e cubra as prazas pendentes e tendeu a man “a colaborar en todo o que poidamos na mellora das infraestruturas, ben sexa ampliando o centro actual ou coa construción dun novo”.

A rexedora acudiu ao encontro acompañada dos concelleiros Carlos Villanueva e Ramón Fernández Leal, dunha das médicas da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e un integrante do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Durante a reunión, Fernández Callís trasladou tamén ao conselleiro as necesidades detectadas tras unha reunión mantida co propio persoal sanitario do Rosal e que non están recollidas no plan de infraestruturas.

Do 26 ao 28 de abril Arbo acolle unha nova edición da Arbomostra ao abeiro da Festa da Lamprea 2023

0

A última fin de semana de abril (28, 29 e 30 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia, que atrae a visitantes de todas partes e que este ano se estrea co titulo de Festa de Interese Turístico Internacional. Trátase da ‘Festa dá Lamprea’, que en este ano 2023 cumpre 63 anos. Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á  arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea, contará coa presenza de stand de artesanía, produtos  da comarca,  degustación de lamprea e dos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

En  Arbomostra, os visitantes desta feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a  lamprea ao estilo ‘arbense’ e a  lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa. Quizá sexan as  viñas, ou os  arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a  lamprea volva unha e outra vez ás súas augas…

O alcalde do  Concello de Arbo, Horacio Gil, lembra que “ARBOMOSTRA”, naceu no ano 1992, baixo unha carpa de 400 metros cuadrados ubicada o carón da biblioteca Municipal, donde posteriormente se construíu o Centro Multiusos, co obxetivo de promocionar e ensalzar os produtos gastronómicos e vitivinícolas deste Municipio. Coa construcción do novo edificio socio-cultural, Arbomostra desprazase as zonas deportivas do Colexio Público Antonio Carpintero ampliándose a carpa a 3000 m2 e o ano pasado trasladouse a Praza do Mercado. O rexedor prosigue resaltando que a “Arbomostra, atópase plenamente consolidada, despois de que, desde os inicios, empezásese a perfilar como unha das citas feirais máis importantes da Comunidade Autónoma”

Arbomostra, que no ano 2022 alcanzou a súa 26º edición, con un novo estilo máis moderno, acolledor e adaptado. En Arbomostra tamén recuperamos os oficios tradicionais galegos , e no recinto podemos ver ao zoqueiro, redeiro, cesteiro, costureiro ou telleiro creando coas súas mans pezas únicas e orixinais, e gozamos coa exposición das pezas únicas creadas por artesanos de Arbo, como é o caso de Vicente ou os bonsais de Marcial. A afuencia de visitantes a Arbomostra durante os tres días de Festa o ano pasado superou as 35.000 persoas.

Salvaterra de Miño acolle do 28 ao 31 de marzo a VIII Semana da Ciencia

O Concello de Salvaterra de Miño colabora na celebración da oitava edición da ‘Semana da Ciencia’ que se celebrará desde o martes 28 ao venres 31 de marzo no instituto da localidade. O fío condutor das xornadas é a ciencia relacionada coa Saúde Mental.

Deste xeito, a actividade estrutúrase en charlas para as que se contará con especialistas en distintas áreas da desta materia e do coidado psicolóxico, obradoiros creados polos distintos grupos, xogos de carácter científico e proxectos elaborados polo propio alumnado e que irán expoñendo aos seus compañeiros ao longo dos distintos días.

Así o instituto de Salvaterra contará, entre outras, con charlas sobre produtos tecnolóxicos creados para persoas con discapacidade funcional, saúde mental e alimentación ou unha charla para as familias sobre o a atracción das pantallas dos dispositivos e que nos poden levar a sufrir unha adición na adolescencia.

En canto aos xogos, ademais dos clásicos da Semana da Ciencia, haberá outros específicos ao redor da saúde mental e do funcionamento do cerebro humano, así están organizando un de neurociencia, ou un trivial sobre ciencia e saúde mental, neste caso creado polo profesorado. Tamén haberá un concurso dirixido aos máis de 600 alumnos e alumnas do centro e no que colabora o Concello de Salvaterra de Miño.

Polos distintos espazos do centro tamén haberá exposicións e postos nos que o alumando mostrará os seus experimentos e aprendizaxes ao tempo que outros mostran as súas investigacións a modo de vídeo ou de podcast monográficos sobre o coidado da saúde mental presentando o proxecto “Naturalmente” tanto na radio nos recreos como nalgunhas clases.

As actividades poderán ir consultándose a través da páxina web do centro, desde a que se poderá acceder a unha ligazón específica desta VIII Semana da Ciencia de Salvaterra de Miño.

A Deputación leva o modelo de mobilidade amable e sostible á estrada de acceso a Donas en Gondomar

0

A Deputación de Pontevedra levará o modelo de mobilidade sostible, amable e segura á EP-2108 de acceso a Donas, en Gondomar. O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, mailo alcalde, Paco Ferreira, visitaron esta mañá o lugar de Donas onde se realizarán os traballos, valorados en 572.000 euros e que serán financiados a través dun convenio entre a Deputación, que achegará o 80 % dos recursos, e o Concello, que se fará cargo do 20 % restante.

As actuacións consistirán principalmente na dotación de itinerarios peonís seguros no total do trazado desta vía, de 876 metros entre a Avenida de Portugal, limítrofe co Concello de Nigrán, e o entronque coa EP-2304 Donas-Mañufe.

Principalmente construirase unha senda peonil de 2,5 metros de ancho, para a que se empregará formigón coloreado e que estará separada da calzada mediante unha canle de formigón, e executaranse cunetas transitables de formigón na marxe esquerda, aproveitando os sobreanchos existentes. Na calzada, renovarase a capa de rodaxe mediante unha mestura bituminosa en quente. Contará ao igual que na actualidade con dous carrís para o tráfico rodado, de 3 metros cada un, e beiravías de ancho variable.

No marco destes traballos, cuxo anteproxecto está sendo redactado ao igual que o convenio, tamén se executarán os muros de sostemento necesario, renovarase toda a sinalización vertical e horizontal, instalarase o balizamento preciso e executaranse redes soterradas de recollida de augas pluviais e de alumeado público, que contará cunhas renovadas luminarias LED, proporcionando polo tanto un menor consumo enerxético e un maior respecto ao medio ambiente.

O centro de saúde de Covelo ofrece unha charla gratuíta e aberta a toda a cidadanía sobre a saúde da muller

0

O Centro de Saúde de Covelo aposta pola formación e concienciación como método para atallar no proceso de cura de enfermidades e como ferramenta para a detección e prevención. Comprometido coa saúde da veciñanza de Covelo, este luns día 27 de marzo ofrecerán unha charla sobre a saúde da muller ao longo dos anos.

A matrona do centro de saúde de Ponteareas, Marta Valcárcel, e o enfermeiro do centro de saúde local, Daniel Domínguez, farán especial fincapé na participación nos cribados para a detección precoz de enfermidades e ensinarán ás persoas participantes a interpretar os signos e síntomas que se poidan manifestar.

A sesión está aberta a toda a cidadanía dos concellos veciños que desexen informarse e mellorar o seu día a día. Dende o centro de saúde de Covelo adiantan que seguirán ofrecendo formación e información ao longo de todo o ano procurando sempre a implicación da cidadanía no coñecemento do seu corpo e no fomento de bos hábitos de vida.

A Xunta financiará a mellora das dúas escolas infantís e o Centro de Día do Porriño

A Xunta de Galicia financiará obras de mellora nas dúas escolas infantís e no centro de día públicos autonómicos que ten en funcionamento no Porriño e que no seu conxunto suman 55.000 euros. Anunciouno hoxe o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, durante unha visita a estes equipamentos na que estivo acompañado do alcalde, Manuel Alejandro Lorenzo.

As intervencións programadas nas escolas infantís teñen como finalidade mellorar a funcionalidade e eficiencia enerxética dos inmobles, e desenvolveranse durante o verán para non afectar á actividade nos centros. Así, na escola infantil de Torneiros renovaranse as portas de saída exteriores e a carpintería interior, actuarase nos acabados interiores deteriorados, revisarase a cuberta, limparanse os canlóns e baixantes, pintarase o edificio e colocaranse colgadoiros de roupa nas distintas estancias do centro. As obras tamén afectarán á cociña e comedor do centro, onde se colocará unha nova ventá; así como á sala de reunións, na que se substituirá o pavimento; e aos baños, coa reparación do falso teito e o pintado dos mesmos.

[su_image_carousel source=”media: 69660,69658″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Pola súa banda, os traballos na escola Doantes de Sangue centraranse, fundamentalmente, na renovación dos aseos e zonas de cambiador das aulas, na instalación de mobles de almacenaxe e en melloras tanto nos sistemas de aire acondicionado como nos pavimentados da zona de xogo exterior.

Centro de día

No que atinxe á intervención prevista no centro de día de maiores, esta consistirá en traballos de renovación das fachadas e cubertas. En concreto, limparase o tellado e arranxaranse os elementos deteriorados do mesmo; e tamén se acometerá o pintado e limpeza da fachada de pedra.

Perfecto Rodríguez destacou a importancia que ten a colaboración cos concellos para poñer a disposición dos máis pequenos e dos maiores as mellores instalacións para o coidado e a atención aos mesmos. Así mesmo, recordou que está aberto ata o vindeiro día 5 de abril o período de solicitude de praza nas escolas infantís para o vindeiro curso 2023-2024, no que a atención educativa será de novo gratuíta para todo o alumnado.

A execución dos traballos nas escolas e no centro de día correrán a cargo do Concello. O Consorcio financiará o 100% destas melloras mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar ao Concello por estes servizos públicos.

Redondela acolle do 22 ao 29 de abril unha nova edición de «ArteLixo» dedicada ao cambio climático

0

O ArteLixo2023 chega un ano máis a Redondela cunha proposta clara: reflexionar sobre o Cambio Climático dende unha mirada ecoloxista. Unha mirada que tamén propón outro xeito de facer, de estar, xa que para que o ArteLixo2023 poida celebrarse é necesaria a colaboración de moitas persoas, voluntarias, activistas, comerciantes, cidadáns do pobo de Redondela, profesorado, alumnado… Mais, sobre todo, das artistas que expoñen as súas obras.

O noso desexo das e dos organizadores é que “todas as persoas que colaboran e expoñen se sintan cómodas e que o seu paso polo ArteLixo2023 sexa agradable e gozoso. Porque as cousas tamén se poden facer así; entre moitas, onde cada unha achega o que saiba e poida e sen máis interese que participar nunha convocatoria de arte aberta, ecoloxista e colectiva”.

Como inscribirse no ArteLixo 2023

  • As obras terán que estar elaboradas, obrigatoriamente, con materiais de refugallo.
  • As e os interesados debrerán cubrir o formulario de inscrición antes do 11 de Abril de 2023. Se, por calquera circunstancia, a obra se inscribe con data posterior, a organización non pode garantir unha localización de exposición nin que a obra sexa catalogada, nin que apareza no rueiro da exposición.
  • O formulario pódese cubrir nesta ligazón https://forms.gle/vJP8gB1hWpCQJyoy8 dispoñible nas redes sociais de ArteLixo.
  • Unha vez rematado o prazo de inscrición a organización porase en contacto coas autoras/es das obras para concretar os detalles de localización e calquera outro que poida xurdir.
  • As/os artistas colocaran e retiraran as obras do sitio elixido xa que se considera que é bo que sexa a propia persoa que concibiu a obra quen a coloque ao seu xeito e a presente correctamente. Á hora da retirada, a experiencia de todos estes anos pasados evidencia que se as obras non son recollidas a tempo, quedan na rúa ou escaparate infravalorándose así a propia obra e o propio certame.
  • A organización facilitará as/os artistas unha cartela para a correcta identificación da obra que poderán colocar xunto a obra no momento da súa montaxe.
  • Para calquera dúbida, dificultade, cuestión ou suxestión as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa organización de ArteLixo a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 604 039 213 (Fran).

Emerxencia climática: un reto socio-ambiental

A emerxencia climática é o reto socio-ambiental ao que temos que enfrontarnos. Unha crise de dimensións planetarias con consecuencias claramente observables no presente. Dende ArteLixo queremos achegarnos ao Cambio Climático como un problema complexo e global con conexións individuais e colectivas.

Que se pode facer dende a cotiandade? Como podemos procurar un cambio de paradigma nas nosas relacións co medio ambiente?

O fracaso dos cumios e medidas tomadas polos gobernos para frear o Cambio Climático é substancial ao sistema que sufrimos, un sistema capitalista que para a súa perpetuación necesita do aumento do consumo, baseado na lei da oferta e a demanda que reduce cada vez máis os prezos, baixo a lei da competencia, para vender máis cantidade de bens a mercadorías e así obter o exponencial aumento de beneficio que permite manter a flote a industria e o traballo fronte a outros competidores. Así, esa substancialidade do capitalismo, a acumulación de diñeiro, consume cada vez máis recursos e máis enerxía que, debido a aquelas outras leis universais da física, da química, da entropía, da natureza, transfórmase en lixo, en quentamento, en emerxencia climática.

O recente estudo do grupo intergoberbamental sobre o cambio climático, IPCC, dependente da Nacións Unidas, publicado o pasado domingo 19 de marzo énchenos de desesperanza. Estes expertos avisan que é posible que esta sexa a derradeira advertencia do IPCC para limitar o grado de quentamento a 1,5º. Por encima deste quentamento as consecuencias son extremadamente catastróficas, dando por feito a chegada a ese límite, xa que se continúan as actuais pautas de consumo alcanzaríamos ao longo deste século un quentamento de 3,2º e de conseguir levarse a cabo as actuais medidas aprobadas polos gobernos do mundo alcanzaríanse os 2,8º, un aumento insostible. Pese a que os expertos cuestionan a actual gobernanza mundial, énchennos de desesperanza ao recoñecer que o freo a este quentamento global está en mans de políticos e industria.

A «Rede Ágora» reúne aos seus concellos para “facer contas” dos metros cadrados de espazo público gañados para a cidadanía

A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Mobilidade, reunirá o vindeiro martes aos concellos da ‘Rede Ágora’ para “facer contas” dos metros cadrados de espazo público gañados para as persoas nos seus tres primeiros anos de vida. Será nun acto no que tamén se presentará o libro que reúne os relatorios de todas as figuras internacionais que participaron na Facultade Ágora e no que tamén se entregarán ‘Distincións Ágora’ aos municipios polo traballo realizado.

Segundo explica o deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxio Benítez, “a recuperación do espazo público xúntanos á Deputación e aos concellos nun lugar común: sabemos que gañar metros cadrados de vilas e cidades para o uso das persoas e fomentar as mobilidades activas é unha onda imparable. A provincia de Pontevedra ten un antes e un despois da creación da Rede Ágora”.

Para o nacionalista, a provincia é xa un referente internacional, e para celebralo quere realizar un acto no que se dará conta do traballo e resultados obtidos e se reivindicará a aposta conxunta por un futuro con máis espazo público. Na cerimonia entregaranse a todos os concellos adheridos unha ‘Distinción Ágora’ deseñada especialmente para o evento, coa pretensión de que sexa considerada como un premio ás boas prácticas.

Tamén se presentará o libro que recolle os artigos baseados nas intervencións do profesorado da primeira edición da Facultade Ágora, para o que están presentes dúas das persoas máis salientables e de experiencia no tratamento do espazo público, a doutora e integrante do CSIC María Ángeles Durán, e o catedrático en Arquitectura Francisco Tojo Fariña.

Hai que lembrar que no vindeiro mes de maio a Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público cumprirá tres anos de vida cun obxectivo moi claro: apostar pola recuperación do espazo público para as persoas e levar a cabo iniciativas que permitan que o noso desexo se converta en realidade. Segundo subliña o deputado Benítez, dende un primeiro momento quíxose que o labor de Ágora tivese rendemento práctico, querendo saber con números cantos metros cadrados se recuperaron para as persoas racionalizando e reducindo o espazo antes destinado aos vehículos motorizados.

Hoxe en día a rede conta con 57 concellos adheridos e dende a Deputación puxéronse en marcha diversas liñas de traballo que abordaron a formación e asesoramento, a divulgación, e o apoio económico para desenvolver obras e proxectos.

Aí están a Facultade Ágora, lembra Benítez, que no seu primeiro exercicio contou con máis de 200 persoas participantes e 125 tituladas tras asistir e aproveitar os relatorios de persoeiros especialistas de talla internacional. En 2022, a Facultade tornouse máis práctica, e celebráronse catro obradoiros nos que se analizaron traballos executados nas nosas cidades e vilas e se debateron solucións e propostas técnicas.

Por outra banda, durante os tres anos de vida tamén se puxo a Rede Ágora no mapa, levando a filosofía da Deputación provincial como exemplo a outras localidades tanto do país, do estado como do estranxeiro. Incluso se celebrou un premio de fotografía que recolleu imaxes de como a xente sinte seu o espazo público logo de ser recuperado.

Finalmente, no ámbito económico, Ágora inxectou de maneira directa preto de seis millóns de euros en subvencións aos concellos da provincia adheridos, principalmente para a redacción de proxectos de mellora urbana, que poden ser executados grazas a fondos propios, fondos provinciais doutras liñas de axuda como o ReacPON, o Plan Concellos, ou outras administracións.

Por orde de adhesión, os concellos que forman parte da Rede Ágora son: Nigrán, As Neves, Catoira, Ribadumia, Oia, Vila De Cruces, Arbo, Tui, O Rosal, Silleda, Vilagarcia de Arousa, A Guarda, Gondomar, Meis, Bueu, Moraña, Forcarei, Salvaterra, Meaño, Mos, Ponteareas, Caldas de Reis, Barro, Crecente, Fornelos de Montes, Moaña, O Porriño, Tomiño, Vilaboa, A Estrada, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Illa de Arousa, Covelo, Poio, Salceda de Caselas, Marín, Portas, Soutomaior, Pazos de Borbén, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Cambados, Mondariz, Baiona, A Cañiza, Lalín, Ponte Caldelas, Valga, Cuntis (todos eles no 2020); Mondariz-Balneario, Pontecesures, Cangas (no 2021), Campo Lameiro, Redondela (no 2022); e Agolada (neste ano).

A Deputación avanza na seguridade viaria de Baiona con actuacións de preto de 900.000 euros

0

No marco do seu modelo de mobilidade sostible, amable e segura, a Deputación vén de financiar varias actuacións en Baiona que ascenden a preto de 900.000 € para seguir garantindo a seguridade viaria e a transformación da vila. Trátanse das obras de emerxencia e unha nova cuneta tendida que se están a executar na EP-2204 Sabarís-Belesar, que acaban de visitar a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde Carlos Gómez, e que se unen ás anteriores obras de mellora executadas para transformar este importante viario provincial, de máis de seis quilómetros, que une estas parroquias de Baiona. Amais desta actuación, a presidenta e o alcalde tamén comprobaron a mellora xa executada no pavimento e seguridade no Camiño de Serralleira, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, que foi financiada cunha achega do Plan Concellos.

Na EP-2204 Sabarís-Belesar a Deputación leva investidos máis de 730.000 euros en diversas intervencións. As últimas son as obras de emerxencia que tiñan como obxectivo a reparación dun muro de contención que presentaba unha situación de inestabilidade tralas choivas, a fin de garantir a seguridade e evitar riscos de danos maiores antes de que se vise afectada a calzada e o tráfico rodado.

Así mesmo, estanse a executar novas cunetas tendida para garantir o tránsito peonil nun punto onde non era posible a habilitación dunha senda peonil. Obras nas que se están a investir en conxunto 115.000 euros e que, como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, “son necesarias para que a xente poida circular”. “Imos seguir traballando da man do Concello –apuntou–. As persoas teñen que ter boas infraestruturas de acceso ao lugar onde viven e esta é unha estrada provincial moi importante en Baiona”.

Carmela Silva: “As persoas teñen que ter boas infraestruturas de acceso ao lugar onde viven”

O citado viario provincial xa foi obxecto no 2021 dunha ambiciosa actuación de reposición de firme por medio millón de euros, na que se acometeron traballos de aglomerado do viario e de renovación da capa de rodadura nunha área de 34.500 metros cadrados. Con anterioridade, tamén se acometeron obras de mellora de seguridade por preto de 92.000€. A elas hai que unir as actuacións do Plan Móvese, coa instalación de dez redutores de velocidade e un paso peonil sobreelevado, nas que se investiron 96.000 euros.

Amais de percorrer a EP-2204, a presidenta provincial e o alcalde visitaron as obras realizadas no Camiño de Serralleira, tamén en Sabarís, que foron financiadas cunha achega do Plan Concellos de 133.191€. Os traballos permitiron mellorar a pavimentación e a seguridade deste viario, co fin de facilitar o acceso á veciñanza da zona. Executouse unha nova capa de rodadura, tomando como base o pavimento actual, ao longo dos 877 metros do camiño e tamén se levou a cabo o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño. A actuación complementouse coas canalizacións de drenaxe de pluviais.

Carmela Silva destacou as melloras acadadas con estas actuacións e a aposta realizada polo Goberno local para seguir avanzando na “gran transformación do municipio, non soamente investindo no centro urbano, senón tamén nas parroquias e nos viarios municipais, garantindo servizos e dereitos para as persoas, vivan onde vivan”. “Estas tres actuacións –sinalou- súmanse a todo o traballo desenvolvido ao longo destes anos froito da colaboración entre o Concello e a Deputación, nunha relación marcada pola complicidade, o diálogo e por unha forte aposta por traballar xuntas e xuntos e seguir facendo que Baiona teña as mellores infraestruturas, dotacións e equipamentos”.

Carlos Gómez: “É importante que a veciñanza valore o investimento deste Goberno nas parroquias que realmente estaban esquecidas polos gobernos anteriores”

Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez, agradeceu o apoio da Deputación para executar obras “que realmente transforman a nosa vila”. Neste senso, recordou que as achegas do Plan Concellos a Baiona desde o 2019 sumaron 2 millóns de €, “algo importante de resaltar para que a veciñanza valore o investimento deste goberno nas parroquias, que realmente estaban esquecidas polos gobernos anteriores”. E engadiu que amais da estrada provincial EP-2204, os recursos da institución provincial permitiron outros arranxos en camiños de Belesar, Baredo ou Sabarís, “con fondos todos os anos que se reparten de maneira clara, obxectiva; ogallá todas as administracións o fixeran desta maneira”.

A marca de calidade «Rosquillas de Ponteareas» renova a súa patente

As ‘Rosquillas de Ponteareas’ son o sabor da tradición… e marca rexistrada. O Concello vén de renovar a titularidade na Oficina Española de Patentes e Marcas deste doce tradicional. Este é un novo paso no traballo que fai o Goberno municipal “por poñer en valor e visibilizar esta sobremesa que ten recoñecemento e sona en toda Galicia”, como salienta a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil.

“Esta marca rexistrada permite protexer ás nosas rosquillas e garantir a calidade dun produto que xera unha importante actividade económica na nosa vila a través as tres confeitarías adscritas a ela: Ancla, Dinguilindín e Regino”, explica a Gil. Cada ano elabóranse máis de medio millón de paquetes de rosquillas entre as distintas variedades acollidas pola marca de calidade: a foliado, a máis popular, xunto coa rosquilla de festa ou de ovo e os melindres.

[su_image_carousel source=”media: 69654,69652″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Concello de Ponteareas leva a cabo un intenso traballo para seguir dando a coñecer este doce tradicional con diferentes accións ao longo de todo o ano. Así, por exemplo, deseñouse un folleto no que se recolle que é a marca e a historia das rosquillas da vila, unha publicación coa que achegar ese doce tradicional a todas as persoas de fóra de Ponteareas. Ademais, mantense unha continua promoción nos diferentes actos deportivos e culturais que se organizan na vila, entregando en moitas ocasións unha mostra como agasallo ás persoas participantes.

E se algo son as ‘Rosquillas de Ponteareas’ é historia: as tres confeitarías acollidas á marca de calidade derivan da mesma rama familiar da Tía Luisa, unha muller que se asentou na vila procedente de Ribadavia alá polo ano 1865 e que comezou unha tradición e sabedoría rosquilleira que perdurou ata a actualidade.

A Melhor Recriação Histórica da Vida de Cristo Chega a Valença

A Fortaleza de Valença recebe uma fantástica recriação histórica, com 17 encenações teatrais de passagens da bíblia, relacionadas com os principais capítulos da Vida de Jesus Cristo, no fim de semana de 1 e 2 de abril. A ‘Via Crúcis – Vida de Cristo’ é uma recriação histórica que reflete uma das tradições mais antigas e com maior significado para o povo cristão. Associada à Quaresma, representa a reprodução do caminho de Jesus até ao Calvário.

Mais do que um caminho físico, é uma caminhada espiritual, um percurso simbólico, de comunhão com Cristo, no seu sofrimento, e na gratidão pelo seu ato de profundo amor. Momentos que, pelo realismo e rigor das representações, encantaram e emocionaram todos os presentes.

A vida e vivências da época e o Mercado Nazareno, com área gastronómica, venda de produtos tradicionais e artesanato, bem como espaços de jogos, ofícios e diversão infantil completam a oferta.

No sábado, 1 de abril, serão recriados o batismo, o milagre do pão, a chegada a Jerusalém, a prova do pão ázimo, a Última Ceia, a captura de Jesus, a vigília romana, o julgamento, o jantar na taberna, a Via Sacra e terminará com a Crucificação.

No domingo, 2 de abril, de manhã será possível acompanhar os treinos no acampamento romano, seguido da Imagem da Pietà (quadro vivo), o velório, a prova do pão ázimo, a ressurreição, a apresentação de lutas no acampamento romano e terminará com a aparição.

Via Crúcis contará com os seguintes espaços temáticos:

  • Mercado Nazareno, localizado no parque de estacionamento da Coroada, contará com a presença de artesãos, mercadores de produtos tradicionais, bem como uma área gastronómica com tabernas;
  • Zona de Jogos e Diversões infantis, localizada no Largo do Bom Jesus, na Coroada, contará com com jogos de equilíbrio e destreza, dois carrosséis para a diversão da pequenada, um baloiço de barco e um carrossel circular;
  • Acampamento romano, localizado no Baluarte do Faro, constará de 2 tendas romanas onde se podem ver armamentos, combates entre soldados, uma biga romana (carro de combate) e vivências da época. Este local servirá de palco ao Julgamento e à flagelação;
  • Calvário, localizado no Baluarte do Faro, contará com as 3 cruzes e será o palco da Crucificação;
  • Túmulo, localizado no Baluarte de São João, será o palco da maior parte das encenações de domingo;
  • Aldeia dos Ofícios, localizada no Largo do Bom Jesus, na Coroada, contará com uma área de recriação de ofícios e vivências da época. Numa tenda teremos a demonstração de ofícios como a moagem manual de cereais, o curtimento da pele e a lavagem da lã. Uma fogueira com o pote de ferro, cercas de madeira com animais domésticos (galinhas, patos e uma cabrinha) e a cerca do burrinho completarão o quadro.

Programa

Sábado | 1 de abril

  • 11h00 | O Batismo (Fonte na Rua Apolinário da Fonseca)
  • 12h00 | O Milagre do Pão (Largo do Governo Militar)
  • 14h30 | A Chegada a Jerusalém (Portas do Sol)
  • 16h00 | Prova do pão ázimo (Mercado Nazareno – Parque de estacionamento da
  • Coroada)
  • 16h30 | A Última Ceia (Praça da República)
  • 17h00 | A Captura de Jesus (Mercado Nazareno – Parque de estacionamento da
  • Coroada)
  • 17h30 | Vigília romana (Baluarte do Faro – Parque Estacionamento da Coroada)
  • 18h30 | O Julgamento (Baluarte do Faro)
  • 19h30 | Jantar na taberna (Baluarte do Faro)
  • 22h00 | Via Sacra (Baluarte do Faro)

Domingo | 2 de abril

  • 11h00 | Treinos no Acampamento Romano (Baluarte do Faro)
  • 14h00 | Imagem da Pietà (Baluarte do Faro)
  • 15h30 | O Velório (Baluarte S. João)
  • 16h00 | Prova do pão ázimo (Mercado Nazareno – Parque de estacionamento da Coroada)
  • 16h45 | A Ressurreição (Baluarte S.João)
  • 18h00 | Apresentação de lutas no acampamento romano (Baluarte do Faro)
  • 18h30 | A Aparição (Baluarte S. João)

Redondela avanza a bo ritmo nas obras do aparcadoiro disuasorio da Praza de Ponteareas

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Urbanismo, María Castro, visitou a obra de demolición da nave que dará paso ao aparcamento disuasorio da Praza de Ponteareas. Peza clave no proxecto que pretende transformar Redondela e “ofrecer unha entrada á vila en condicións, e como se merecen os veciños e veciñas de Redondela”.

Digna Rivas lembra que no pleno de febreiro de 2022, “o PP tratou de bloquear a iniciativa do Goberno, votando en contra do aparcadoiro disuasorio na contorna da Praza de Ponteareas. Hoxe é unha realidade grazas ao esforzo e persistencia do goberno actual, que non parou ata conseguir facer realidade un proxecto que transforma por completo Redondela”.

A creación desta zona de estacionamento, fora unha petición da veciñanza da contorna da Praza de Ponteareas, como solución non só para as e os residentes da zona senón tamén para as persoas que, chegando das parroquias, puideran deixar os seus vehículos nun lugar céntrico. Isto solucionará tamén os problemas para aparcar durante datas sinaladas, como as festas do municipio ou os días de feria. “Todo o dito vai ser moi positivo para o comercio local e o turismo, xa que vir a comprar e facer vida en Redondela será moito máis doado”, explica Rivas.

Compre lembrar que, para levar adiante este proxecto, o Concello viña de adquirir para o patrimonio municipal, a parcela situada a carón do convento de Vilavella por un importe de 449 350 euros dos que 416 226 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019. Trátase dun solar de preto de 4000 metros cadrados no que ata fai unha semana había unha nave de uso industrial que agora mesmo atópase totalmente derrubada, “unha imaxe que é impactante pois a entrada a Redondela é completamente distinta, non só por ser máis estética senón que terá tamén un uso práctico moi demandado”, engade Rivas.

Rivas amosouse firme ao asegurar que o aparcadoiro disuasorio “era unha petición das veciñas e veciños e iso, para min, está por enriba de calquera outra consideración polo que este estacionamento, acabou sendo unha realidade”.

“Fronte a outros, nós non temos máis compromiso que coas nosas veciñas e veciños que outorgáronnos a responsabilidade de Goberno para darlle solución aos seus problemas e ante a inacción de oito anos de Gobernos conservadores”, conclúe a rexedora.

Co renovado Centro Cívico da Devesa o ReacPon da Deputación dota a Salceda dun novo lugar de encontro veciñal

O edificio A Devesa, datado de 1962, loce desde esta tarde o seu renovado aspecto convertido no novo Centro Cívico do Concello de Salceda de Caselas, co impulso e os recursos da Deputación de Pontevedra. As obras supuxeron un investimento de 674.000 euros da institución provincial, a través dos programas ReacPon (539.000 euros) e Plan Concellos (135.000 euros para sufragar o financiamento municipal). A presidenta provincial Carmela Silva e a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, veñen de inaugurar o novo equipamento cultural do que se beneficiarán as arredor de 50 asociacións culturais, deportivas e sociais que existen na vila.

Carmela Silva: “Este equipamento é unha mostra de como se transforman as vilas e cidades cando existen un modelo e un proxecto detrás. Estamos a mellorar a vida das persoas”

A presidenta Carmela Silva asegurou que o novo Centro Cívico da Devesa será “un novo lugar de encontro da veciñanza de Salceda, especialmente da súa xente maior, que se reunirá tanto neste edificio como na praza da Devesa”, para “compartir momentos, experiencias e recordos coas súas veciñas e veciños”. “Salceda é un lugar cada vez máis atractivo no que vivir”, afirmou Carmela Silva, ao tempo que sinalou que esta actuación “é unha mostra de como se transforman as vilas e cidades cando existen un modelo e un proxecto detrás”, en alusión á localización do edificio, no antigo campo da feira da Devesa que foi remodelado a través do plan provincial DepoRemse e que é, ademais, a porta de entrada á vila. “Os espazos públicos e os equipamentos teñen unha función, que é dar servizo ás persoas, e polo tanto teñen que ser pensados por e para a xente”, asegurou a presidenta provincial, “para mellorar a súa calidade de vida”.

A presidenta deu os parabéns ao equipo de goberno de Salceda, “e moi especialmente á súa alcaldesa, xa que me consta que estivo especialmente implicada neste proxecto”, e puxo en valor “que teña a mirada posta nas esixencias da sociedade do século XXI”. Deste xeito, “non se trata só de que Salceda gañase un novo e fermoso edificio para as persoas, senón que ademais faino con todas as garantías de sostibilidade, co uso de enerxías renovables e respectuosas co medio ambiente e un menor consumo enerxético, e tamén de salubridade e accesibilidade para que todas e todos poidan gozar destas instalacións”.

Pola súa banda a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, asegurou que “coa recuperación do Centro Cívico A Devesa pasamos a ter un inmoble polivalente para a cultura e a cohesión social do século XXI”. A rexedora tamén lembrou que a través destas obras “completamos a transformación dun espazo clave na entrada da vila, continuando na liña dun urbanismo fermoso pensando no servizo á veciñanza”.

A reforma integral do edificio da Devesa –unicamente se mantiveron os muros maila estrutura– foi unha intervención ambiciosa que converte o inmoble nun equipamento cultural moderno e un verdadeiro polo de atracción de dinámicas culturais e sociais. O edificio cumpre a normativa de accesibilidade, salubridade, sostibilidade e eficiencia enerxética para satisfacer as necesidades sociais do concello e para contribuír a incrementar a cohesión social. A adecuación do centro ás necesidades dos colectivos veciñais supuxo realizar obras no interior como unha nova distribución dos andares e da comunicación entre eles, con itinerarios accesibles en todas as dependencias e un ascensor, e renovación das instalacións térmicas. A distribución queda do seguinte xeito: no andar baixo, un hall, un almacén, unha sala de xuntas, unha cafetaría, aseos, un auditorio e unha zona de exposición exterior; e, no primeiro andar, unha sala de xuntas, salas para o uso das asociacións e aseos. No exterior, cambiouse a cuberta, reformáronse os canalóns e as baixantes, cambiouse a envolvente térmica, adecuouse o edificio para evitar o paso do radon (cunha barreira de protección e unha soleira ventilada que evita que o gas ascenda), a instalación dun sistema de paneis fotovoltaicos e expositores luminosos na fachada principal.

A Policía Local e a Garda Civil identifican ao autor dos estragos en varias árbores nas obras do camiño escolar en Ponteareas

A Policía Local de Ponteareas e a Garda Civil identificaron na tarde de onte a un individuo como presunto autor de estragos en tres árbores plantadas nas obras do camiño escolar seguro na rúa Trobador Xoán García de Guillade.

A media tarde varias persoas alertaron á Policía Local e ao lugar acudiron unha patrulla da propia Policía Local e da Garda Civil que comprobaron os danos causados, tres árbores recentemente plantadas partidas pola metade, e identificaron á persoa que presuntamente ocasionou os danos segundo testemuñas presenciais que tamén achegaron gravacións do acontecido.

Nesta semana a Policía Local tamén identificou e denunciou por un delito contra o patrimonio a dúas persoas autoras de pintadas en edificios públicos, algúns deles catalogados por Patrimonio.

Concello de Cañiza e Via Mariana de Peregrinación Luso-Galaica, que une Braga con Muxía, asinan un convenio de colaboración

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, asinou onte un convenio de colaboración coa ‘Vía Mariana de Peregrinación Luso-Galaica’ ruta que une as localidades de Braga e Muxía. O acto de sinatura tivo lugar na Casa Cultural de Parada –antes da reunión que o alcalde mantivo cos veciños da parroquia– e nel estiveron presentes a presidenta da Asociación Vía Mariana, María José Silva; o presidente da Asociación de veciños de Parada-A Paradanta, Manuel Augusto Meiriño e o presidente da Comunidade de Montes de Parada de Achas, José Luis Gómez Antón.

A sinatura do convenio é para o alcalde da Cañiza “un compromiso mutuo de colaboración para impulsar o desenvolvemento deste importante proxecto turístico, cultural, relixioso, económico e social e para captar fondos de todas as administracións públicas para a construcción dun Albergue de Peregrinos e un moderno Centro de Interpretación da Vía Mariana no lugar do Feirón en Parada”. Para Luis Piña, estas dúas obras “serán definitivas” para converter Parada, e polo tanto A Cañiza, nun lugar de referencia para os peregrinos.

Dende o Concello, o convenio permitirá buscar axudas que irán destinadas á construcción dun Albergue de Peregrinos na antigua casa da carnicería e adaptación da Casa Cultural de Parada en Centro de Interpretación da Vía Mariana.

Ámbalas dúas edificacións están situadas no Feirón, no antigo mercado da parroquia de Parada, que se converterá no centro neurálxico desta Vía que comeza no Santuario do Sameiro en Braga (Portugal) e ao longo de 382 quilómetros chega ata Muxía, na Coruña, pasando polos santuarios marianos máis importantes, entre eles o da Franqueira.

Trátase dunha ruta cun fermoso entorno natural e con abundante patrimonio cultural e espiritual, apoiado por 29 institucións cun obxectivo común: crear sinerxias para loitar contra as zonas rurais máis desfavorecidas, mellorar a calidade de vida dos homes e mulleres destas zonas e ponderar a nosa riqueza paisaxística, patrimonial e relixiosa, como un revulsivo para proxectar as zonas rurais luso galaicas máis deprimidas coñecidas como o “deserto verde”. Esta vía tamén está concebida como un punto de encontro espiritual.

Segundo manifestou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, “esta vía é un proxecto altruista e ambicioso feito coa suma de talentos e vontades con moitos obxectivos á vista pero principalmente para atraer inversións e desenvolvemento para A Cañiza”.

“Por iso –engade o rexedor local– o Concello da Cañiza asume o compromiso de buscar e obter a financiación necesaria para este proxecto, en calquera das administracións públicas (axudas da Unión Europea, ministeriais, autonómicas ou provinciais)”.

“Tamén se compromete a desenvolver todas aquelas accións que teñan como obxectivo principal o asentamento de bases para a creación de riqueza, neste caso co turismo como cun gran potencial para loitar contra a despoboación do rural e para dinamizar e promover accións económicas revitalizadoras”, remata Luis Piña.

As persoas interesadas poden atopar máis información nesta ligazón.

O poder das mulleres nas distintas esferas de liderado, no III Encontro Nacional de Políticas Públicas da «Escola María Vinyals»

Quince potentes referentes femininas como Inés Alberdi, Marina Subirats, Teresa Peramato, Beatriz Gimeno ou Nuria Varela e Ana Pardo de Vera entre outras, e nove horas de debate sobre “como as mulleres están exercendo o poder en distintos ámbitos de liderado”. Este é o ambicioso programa do III Encontro Nacional de Políticas Públicas organizado pola Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación e coordinado como cada ano pola doutora e referente feminista Rosa Cobo. A cita será de novo no Castelo de Soutomaior os días 29 e 30,mércores e xoves da próxima semana. Na presentación desta nova iniciativa da única Escola de Igualdade en Galicia a presidenta provincial, Carmela Silva, destacou que “vai ser unha potente xornada, con recoñecidas expertas a nivel galego e estatal, na que faremos un repaso de onde estamos e onde queremos estar en todo o que ten que ver co poder nos distintos sectores da sociedade”.

Esta terceira edición do simposio, coordinada –en palabras da presidenta- por “unha das grandes sabias do feminismo”, a profesora da Universidade da Coruña Rosa Cobo, analizará, “cal é a verdadeira situación que estamos a ocupar as mulleres nos centros de decisión política e de comunicación do noso país”. Deste xeito abordarase de xeito pormenorizado en varias mesas e conferencias este papel no ámbito autonómico, nas deputacións, nos concellos, no Parlamento, nos medios de comunicación e no poder xudicial. “Queremos ver os avances logrados e tamén de forma particular os retos de futuro, que temos moitos –subliñou Carmela Silva-. Imos testar amais como se están materializando as decisións políticas da man de mulleres que están a participar no poder estatal, autonómico e local, amais de expertas xuristas especializadas en igualdade, mulleres dos medios e voceiras do movemento feminista”. A presidenta incidiu nas traxectorias de todas as participantes e subliñou que o congreso vai dar voz a todas as ideoloxías: “Son mulleres que representan aos diversos grupos porque temos que escoitar todas as voces; non podemos facer sectarismo en cuestións de igualdade”. O congreso será presencial e retransmitirase tamén por streaming, e as persoas interesadas poden inscribirse xa no formulario que atoparán na páxina web da Deputación (www.depo.gal).

Programa

O Encontro arrancará o mércores 29 de marzo coa apertura e a conferencia inaugural a cargo de Inés Alberdi (10.15h), socióloga e catedrática de universidade e a última directora executiva do Fondo das Nacións Unidas para as Mulleres (UNIFEM) antes da súa fusión en ONU Mulleres.

Seguiralle a primeira mesa, moderada pola veterana xornalista da Cadena SER en Galicia, Aida Pena, sobre Poder executivo autonómico. Deputacións, con Nuria Varela, actual directora xeral de Igualdade do Principado de Asturias e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra.

A continuación, o Poder executivo nos Concellos centrará a segunda das mesas, “con tres mulleres pioneiras, concelleiras e cunha longa traxectoria no movemento feminista”, como destacou a presidenta. Elas son Rosa Gómez Limia, que foi a primeira deputada de esquerdas no Parlamento galego; Encarna Otero, historiadora e política nacionalista galega e feminista, e Marta Lois, doutora en Ciencia Política e ex concelleira de Igualdade e Promoción Económica en Santiago. A mesa estará moderada por Carolina Sertal, periodista do Faro de Vigo.

Pola tarde, ás 16.30h será a quenda da conferencia de Marina Subirats, recoñecida experta en temas de educación e xénero, catedrática emérita da Universidade Autónoma de Barcelona e ex directora do Instituto da Muller, quen será presentada por María Díaz, de Radio Vigo. Ás 17.30h arrancará a mesa Poder executivo. Parlamento, moderada pola xornalista de Diario de Pontevedra Alba Moledo, coa participación de Laura Berja, psicóloga e deputada do PSOE no Congreso, no que é voceira en Igualdade, Marta González, coordinadora da área social no Grupo Parlamentario Popular no Congreso; e Beatriz Gimeno, licenciada en Filoloxía Semítica, ex directora do Instituto das Mulleres e deputada na Asemblea de Madrid por Unidas Podemos.

A segunda xornada, o xoves 30 de marzo, comezará ás 10 horas coa mesa, moderada por Guada Guerra de Podcast Cíes, sobre Medios de Comunicación, na que intervirán Ana Pardo de Vera, directora corporativa e de Relacións Institucionais de Público, e Isabel Valdés, xornalista especializada en feminismo e correspondente de xénero do xornal El País. O Poder Xudicial centrará ás 11.15h a última, moderada por Irene Bascoy subdirectora de Faro de Vigo, e na que participarán Teresa Peramato, Fiscal de Sala contra a Violencia sobre a Muller e Cira García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 de Albacete, único Xulgado con competencias exclusivas na materia na Comunidade de Castela A Mancha. O Encontro pecharase cun diálogo entre Marina Subirats e a coordinadora Rosa Cobo, coa lectura das conclusións.

O prograrma «Revitaliza» fará un seguimento a máis de 5.300 composteiros individuais na provincia

O Revitaliza ten en marcha unha campaña de seguimento dos composteiros individuais (COIN) na provincia que chegará a máis de 5.300 familias. Persoal da empresa SM, encargada dos traballos, comprobará –de maneira paralela á actividade das mestras e mestres compostadores municipais- que o proceso de compostar se realiza correctamente en todos os recipientes entregados e controlados pola plataforma Revitaliza, unha aplicación informática que garante a trazabilidade e seguridade de todo o modelo de compostaxe provincial.

Os concellos e o número de COIN que visitados son os que xa están na coñecida como Fase 2 do Revitaliza, na que a maior parte dos biorresiduos se xestionan mendiante compostaxe, e outros interesados no proceso: Tomiño (2.207); Illa de Arousa (204); Valga (1.005); Poio (332); Tui (515); Moaña (252); Cangas (146); Bueu (214); Sanxenxo (135); Gondomar (100); e A Guarda (230) colocados en sendos territorios. Dende inicios deste ano 2022 estanse a facer as revisións. Nos concellos máis avanzados xa practicamente finalizaron e os demais foron comezando os servicios en febreiro e marzo e continuarán a andar en abril, prolongándose aínda durante varias semanas.

As funcións de mantemento, a parte da entrega dos COIN se os concellos non o fixeron, son as mínimas de seguimento que se deben realizar e rexistrar: nivel de enchido do material; toma de temperatura; comprobación (semicuantitativa) da humidade do material en proceso; fotografía do COIN no lugar instalado coa súa data; comprobación visual de ausencia de roedores no interior do COIN, de exceso de insectos, presencia de cheiros ou calquera outra molestia observada; e, no caso de presenza dalgún problema, solución “in situ”, ou cando menos informe para unha posterior solución. Todos estes datos súbense a APP do Revitaliza de maneira inmediata.

Este seguimento persoal únese ao realizado con anterioridade por vía telefónica e tamén a través das mestras e mestres compostadores e entidades colaboradoras (Adega, AdT ou FRUGA) para subir na plataforma de control. Durante o contacto as familias usuarias teñen unha atención e directa e poden reforzar tamén a súa formación sobre a compostaxe en xeral e resolver as dúbidas.

O programa «Cultura24» do Concello de Ponteareas achega a música coral a Arcos

O Concello de Ponteareas achega a música coral ás parroquias ao abeiro do programa Cultura24. Este domingo 26 de marzo o Centro Cultural de Arcos acollerá o concerto de Ars Cantorum, unha coral creada no ano 2005 dirixida polo mestre Javier Alonso e formada por trinta voces mixtas cun amplo repertorio que inclúe polifonía de diferentes tipoloxías, dende a sacra ata a popular. A actuación comezará ás 12.30 horas con entrada de balde ata completar aforo.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca o carácter integrador do Cultura24, “un programa posto en marcha polo Goberno municipal para levar unha ampla actividade cultural ás nosas 24 parroquias, dinamizándoas e dando visibilidade ás nosas agrupacións teatrais, culturais e musicais, promocionando todo tipo e estilo de arte”.

Groba convida a veciñanza a participar neste concerto, co que se fomenta o canto coral, “de longa tradición no municipio e na comarca”.

A alcaldesa de Salvaterra recibe no Concello ao CPA Condado, campión galego de patinaxe artístico de grupos grandes e pequenos

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, recibiu na mañá de onte no Salón de Actos do Concello, a unha pequena representación do CPA Condado de Salvaterra de Miño, clube Campión Galego de patinaxe artístico na modalidade de grupos grandes, grupos pequenos, e subcampeón en grupos junior.

Tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes subliñaron que “o talento é importante, pero máis o é o traballo inesgotable das patinadoras” que teñen que compaxinar os adestramentos cos estudos, e que fan que o seu tempo de ocio sexa moi escaso, xa que ocupan gran parte das fines de semana a adestrar.

Diso sabe moito, dixo Marta Valcárcel, “o seu adestrador Edu Caride, quen dedica moitas horas da súa vida á formación de estas campioas”, quen recoñeceu, entre sorrisos, que “precisa dunhas vacacións”.

Onte a noite desprazáronse a Barcelona para participar no Campionato de España cos grupos grandes e pequenos, e na vindeira semana viaxarán a Alacante co grupo junior.

Dende o Concello desexáronlle a mellor das sortes na súa participación para por o broche de ouro, máis se cabe, a súa brillantísima tempada.

Escolares da Louriña celebran o Día Mundial da Auga

Co obxectivo de xerar conciencia sobre a importancia de coidar os recursos da auga no planeta, un elemento vital para a vida de todas as especies da Terra, celébrase cada 22 de marzo o Día Mundial da Auga. Con tal motivo, o Consorcio de Augas do Louro organiza unha serie de actividades para a poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

Pensando nos máis pequenos da casa celebráronse, esta semana, unhas xornadas de xogos lúdicos co alumnado de Educación Primaria de diversos centros escolares. O luns foi en Mos, no colexio Mestre Martínez Alonso; o martes no CEIP Altamira de Salceda de Caselas e o propio mércores 22 no pavillón municipal do Porriño. Os estudantes participaron dunha serie de actividades relacionadas co tratamento da auga, a súa potabilización e o proceso de depuración na EDAR. Souberon por que e para que é importante a auga, o compromiso que hai que ter con este recurso e fixeron a proba do cloro.

Escolares do Porriño

Acompañados da “cuadrilla sostible” e baixo lema “Unha extraordinaria viaxe para coidar da auga e do planeta”, nestes encontros aproveitouse para presentar o concurso de debuxo infantil, que este ano chega xa á súa sexta edición coa misión encomendada aos escolares de 3º e 4º de Primaria de apuntarse “á nova aquaventura de Aqual e ODS6 para coidar da auga e protexer o medio”. Precisamente, o prazo para a presentación de traballos abriuse o Día Mundial da Auga, prolongándose ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

Os nenos mosenses tamén participaron nos actos do Día Mundial da Auga

Por outra banda, nas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, celebrarase o vindeiro sábado, día 25 de marzo, unhas xornadas de portas abertas con visitas guiadas. “Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medio ambiente”, explica o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo.

Están programadas tres visitas, unha ás 10.00 e outra ás 16.00 horas ao laboratorio e proceso de depuración, para maiores de 12 anos, e outra ao mediodía para menores de 12 anos, acompañados, con visita tamén ao laboratorio e proxección dun vídeo no que se amosa o proceso de depuración. As persoas interesadas en participar poden enviar a súa solicitude indicando nome, DNI, concello de residencia, idade e hora de visita preferente ao enderezo de correo [email protected]

O Porriño dá o primeiro paso para a creación dun gran espazo verde no centro urbano

O Concello do Porriño dá os primeiros pasos para a creación dun novo espazo verde público no centro urbano, que uniría as rúas Pío XII e Antonio Palacios, coa adquisición dunha parcela de 742,19 metros cadrados no centro da vila. Trátase dunha parcela ubicada xunto á Casa Consistorial que linda coas rúas Pío XII, Antonio Palacios e o Centro da Terceira Idade, e forma parte da contorna onde se executará o proxecto.

O terreo, calificado urbanísticamente como Zona Verde e Sistema Xeral 2, foi adquirido polo Concello do Porriño por 80.000 euros e xa se está a proceder ao seu acondicionamento.

A parcela dispón de todos os servizos urbanísticos básicos e necesarios como son a rede de alcantarillado, rede de subministro de agua potable, rede de subministro eléctrico e de telefonía dispostas para conectar co ámbito da futura zona verde espacio libre a executar.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, agradeceu “a boa disposición dos propietarios para facilitar ao Concello a adquisición deste terreo e avanzar na remodelación do centro urbano”.

Unha vila con calidade de vida

O proxecto no que traballa o Concello do Porriño remodelará toda a zona do parque infantil de Pío XII conectándoa, ao mesmo nivel, coa área que actualmente se emprega de aparcadoiro de vehículos, preto da casa do Concello.

“A obra consisitirá na posta en valor deste espazo xerando novas oportunidades de uso para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “De feito, inclúe a plantación de novas especies vexetais para dotar a contorna de máis espazos de sombra, así como a instalación de novo mobiliario”.

A maiores, mellorarase a comunicación peonil co cento urbano da localidade, pois ambas as dúas rúas conectan con outras dúas arterias da vila como son a peonil Ramón González e a Avda. Domingo Bueno (N-550); renovarase o parque infantil existente e crearase unha zona con gradas co obxectivo de poder celebrar eventos ao aire libre como concertos, conferencias e espectáculos infantís entre outros.

A Deputación enxalza “as grandes referentes” e os éxitos dos clubs de elite femininos da provincia

Como “mulleres únicas e extraordinarias”. Así definiu Carmela Silva ás deportistas dos clubs de elite feminino da provincia que compiten na máis alta categoría de balonmán, ciclismo e fútbol sala e que neste 2023 recibirán preto de 200.000 € da Deputación de Pontevedra. Son o Atlético Guardés, o Balonmán Porriño, o Poio Pescamar, o Marín Futsal e o Club Ciclista Farto que, representados por Pilar Jiménez (ciclista do Club Ciclista Farto), Daniella Sousa (xogadora do Poio Fútbol Sala), Aitana Santomé Santos (capitana do Balonmán Porriño), Marisol Carratú (capitana do Atlético Guardés), e Silvia Aguete (xogadora do Marín Futsal), veñen de participar na recepción no Pazo provincial na que Carmela Silva remarcou que “somos a provincia do deporte feminino” e enxalzou o seu papel como “grandes referentes que están a levar o seu nome de por todo o Estado e incluso Europa”.

Carmela Silva: “Somos a provincia do deporte feminino e contamos con mulleres únicas e extraordinarias que están a levar o seu nome por todo o Estado e incluso Europa”

No acto, ao que tamén asistiron outras xogadoras dos clubs, adestradores/as e integrantes das directivas dos equipos, a presidenta da Deputación quixo agradecer “a todos os equipos que apostan polo deporte feminino” polo seu traballo “que é complicado, pero está dando resultados”. “Poucas provincias poden presumir de ter tantos equipos na elite do deporte feminino, de ocupar os primeiros lugares nas ligas e de ser grandes referencias, e eu síntome especialmente orgullosa diso”, asegurou ao tempo que agradeceu ás deportistas “que ademais de ser unhas ‘cracks’ nas súas disciplinas deportivas, son mulleres que rachan cos estereotipos e son exemplos para as que veñen por diante”. Ademais, referiuse aos trunfos das deportistas da provincia, felicitando moi especialmente a Ale de Paz, Silvia Aguete e Luci Gómez, xogadoras do Poio Pescamar e do Martín Futsal que a pasada fin de semana gañaron o Europeo de fútbol sala coa selección española, e desexoulles a todos os clubs éxitos en próximos desafíos, como o que vivirá o Atlético Guardés esta fin de semana, cando pode clasificarse para a final da Copa Europea, o que as levaría a disputar a primeira final continental da historia do balonmán galego.

[su_image_carousel source=”media: 69584,69585″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Pola súa banda as deportistas non quixeron perder a oportunidade de agradecer á Deputación todo o seu compromiso co deporte feminino. Pilar Jiménez, recalcou que “somos moitas as mulleres que precisamos apoio, pois o deporte feminino está crecendo, e este respaldo danos visibilidade”, e lembrou que o seu club estará na Volta a España “e será un orgullo ir co nome da Deputación”. Daniella Sousa, reclamou máis eventos “para promover o deporte feminino local” e destacou que o apoio da institución provincial “fai que podamos representar a Pontevedra incluso fóra de España”. Pola súa banda, Aitana Santomé, subliñou que “é fundamental e necesario impulsar o deporte feminino e, sobre todo igualalo ao masculino, o que nos dá visibilidade e axuda a que se poida profesionalizar”. Ademais, Marisol Carratú destacou o “papel importante” das deportistas que aportan “un gran de area que no futuro se verá, cando observemos ás nosas fillas e netas brillando a nivel deportivo”. Na mesma liña se expresou Silvia Aguete, que sinalou que “imos intentar manter o listón o máis alto posible para poder ser referentes para as nenas que veñen por detrás de nós” e, para iso, enxalzou “o respaldo das institucións, porque nos axuda a competir nas mellores condicións”.

Precisamente por iso, Carmela Silva puxo o broche á recepción aos clubs de elite femininos da provincia incidindo na necesidade de seguir apoiándoos “aínda máis. Temos que apostar máis polo deporte feminino”. Recordou que “cando chegamos ao Goberno os clubs recibían menos recursos que os masculinos e agora o apoio e idéntico pero terían que recibir máis, porque o teñen máis difícil”. E concluíu co desexo de que o deporte feminino teña a mesma presencia que o masculino nos medios de comunicación. “Nós, desde logo, imos seguir impulsando para que poida ser así”.

Covelo mellorará a contorna da igrexa de Santiago en Prado da Canda

0

O goberno de Covelo avanza na súa aposta por unha vila máis amable para as persoas e mellorará a contorna da igrexa de Santiago en Prado da Canda. Froito da boa xestión económica e transparencia da contabilidade municipal, o Concello pode permitirse esta actuación que ten un custo de 197.302 € que serán financiados con fondos propios a través do Plan Concellos 22/23 da Deputación de Pontevedra.

O alcalde, Pablo Castillo, informa que as obras abordarán o saneamento en dous ramais da Aldea de Abaixo, a canalización das recollidas de auga pluviais e a renovación do pavimento na contorna da igrexa que pasará do actual asfalto á pedra nun exercizo de embelecemento da zona.

Prado da Canda, Covelo

“Traballamos para que o día a día da nosa veciñanza sexa máis doado e agradable por iso a nosa prioridadde é a mellora dos espazos e servizos públicos indispensables para desenvolvernos, para relacionarnos e mesmo para recibir ás persoas que nos visitan”.

O Concello realizará unha intervención integral con traballos no subsolo e tamén en superficie transformando o espazo público para un maior desfrute da cidadanía.

Para a execución das mesmas deberán realizarse traballos de demolición; preparación do terreo, colocación de drenaxe, tubaxes e colectores; preparación de cunetas con adoquín en granito silvestre, retiradas previamente as existentes de formigón, e apertura de cunetas onde exista arcén de terra. Ademais, instalaranse canaletas e rellas de fundición e renovarase o pavimento en todo o trazado tanto na Aldea de Abaixo como no ramal con tramos de formigón e espazos e accesos peonís con solados de granito silvestre ao igual que na contorna da igrexa de Santiago.

As obras complétanse coa instalación de novas barandas, pasamáns e rodapés. Tamén se contempla a colocación de bancos de granito silvestre e sinalización de limitación de velocidade a 30 km/h.

O Camiño Portugués bateu rexistros no mes de febreiro con 779 peregrinos e peregrinas

0

Ao longo do pasado mes de febreiro a Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela entregou un total de 779 ‘Compostelas’ a peregrinos e peregrinas que realizaron o Camiño Portugués. Estes datos baten os rexistros de peregrinos de calquera outro ano, cun incremento do 36 % respecto aos 571 peregrinos do pasado ano 2022 ou do 60 % en relación aos 478 peregrinos do Camiño Portugués en febreiro de 2019.

Este notable incremento tamén se experimenta no Camiño Portugués da Costa, que no seu trazado oficial en Portugal chega a Valença e Tui, e tamén no Camiño Francés aínda que neste caso cunhas porcentaxes de incremento de camiñantes moito máis moderadas.

No que atinxe aos lugares de saída dos peregrinos e peregrinas a cidade de Tui con 185 peregrinos ocupa o terceiro lugar elixido polos peregrinos de calquera Camiño no pasado mes de febreiro tras as localidades de Sarria (847), no Camiño Francés, e de Porto (281) no propio Camiño Portugués. Cabe sinalar que sumando os 162 peregrinos que comezaron a súa peregrinación en Valença, na Eurocidade Tui – Valença comezaron o Camiño Portugués o 44,50% dos peregrinos, en concreto 347 camiñantes.

Para o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, a consolidación do incremento nos datos de peregrinos polo Camiño Portugués, xa apuntada no pasado mes de xaneiro, é unha excelente noticia para a nosa cidade que ten no Camiño Portugués unha das súa referencias culturais e turísticas. Como apuntan tamén os datos estatísticos da Oficina Municipal de Turismo, a gran maioría dos peregrinos neste mes son de procedencia estranxeira cunha notable presencia de visitantes alemáns.

O rexedor tudense reitera a necesidade de ser conscientes do reto que supón para os axentes implicados na xestión do Camiño Portugués estes datos e as expectativas que suscita para este ano 2023, e iso reclama de todos un esforzo para mellorar as condicións da acollida aos peregrinos que se achegan ata Tui dinamizando á vida social e económica da nosa cidade, porta histórica dos Camiños Portugueses a Santiago.

O voluntariado municipal de Ponteareas retira máis de 575 kg de lixo na limpeza ambiental xuvenil na Ponte das Partidas

Gran labor dos rapaces e rapazas do voluntariado ambiental xuvenil, que recolleron máis de 575 kg de lixo durante a súa última saída, na que percorreron un tramo do río Tea ao seu paso pola zona da Ponte das Partidas, na parroquia de Moreira.

Unha tarde de traballo na que retiraron unha morea de residuos da máis variada tipoloxía, pero entre os que destacaron con diferencia as toalliñas húmidas, das que recolleron case 2.600, as pezas de plástico de ata 50 centímetros (1.180), compresas e salvaslips (137), pezas de vidro (98), tapóns e chapas de latas de bebida (87), botellas e tarros de vidro (56) ou bolsas da compra, de comida ou de conxelados (55).

Co seu traballo, voluntarias e voluntarios retiraron da beira do río e da súa contorna 30 quilos de vidro, case 60 de envases que deberían estar no colector amarelo, uns 188 kg da fracción resto e ata 300 quilos de elementos que deberían depositarse no punto limpo.

O concelleiro de Voluntariado, Miguel Bouzó, quixo resaltar a importancia da retirada de todo o lixo recollido durante a xornada e agradecer o traballo de todas e todos os participantes no programa de voluntariado ambiental xuvenil, “a través do que realizamos accións coas que contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixo nun espazo natural, pero tamén concienciamos á nosa mocidade sobre a importancia de conservar a nosa contorna natural”.

A xeira de saídas do programa de voluntariado ambiental xuvenil continuarán este domingo 26 de marzo cunha limpeza pola Senda do Tea. A actividade comezará ás 17.00 horas e, como en ocasións anteriores, recoméndase a todas as persoas voluntarias acudir con roupa e calzado cómodo, así como con luvas e auga.

Todas as persoas interesadas en participar poderán solicitar información ou inscribirse chamando ou enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 687 764 516 ou enviando un correo ao enderezo electrónico [email protected].

Escolares de Educación Primaria de Covelo celebraron o Día da auga no Balneario de Mondariz

Balneario de Mondariz estreou, con motivo do Día Mundial da auga, un proxecto educativo para dar a coñecer a tradición e o futuro termal galego aos escolares do ciclo de Educación Primaria. Enfocado como unha xornada lúdica e interactiva na que os coñeceron as propiedades das augas mineromedicinales galegas, achegou aos alumnos do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo á importancia da auga e os seus diferentes usos.

A visita, realizada en colaboración co Concello de Covelo, englóbase dentro dun programa divulgativo para colexios de toda Galicia que se desenvolverá durante todo o ano, coincidindo co 150 aniversario da declaración de utilidade pública das augas de Balneario de Mondariz.

Desde o Balneario de Mondariz buscan transmitir aos máis pequenos a importancia que a vila termal tivo e ten. O programa da visita comezou cunha explicación histórica adaptada á idade dos nenos, continúo cunha cata de auga na Fonte de Gándara para finalizar cunha inmersión na realidade do Palacio da auga, gozando así da adaptación do termalismo tradicional á sociedade do século XXI.

Unha idea que naceu da idea de que unha das actividades que máis gusta aos escolares é escapar da rutina, saír do colexio e penetrarse en novas aventuras. Ademais de ser divertido para eles, é enriquecedor e os centros educativos deben ser un espazo de formación global e aberta que lles facilite unha aprendizaxe completa.

A Deputación moviliza 3,8 millóns de euros para turismo, dotacións públicas e eficiencia enerxética en 25 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de mobilizar preto de 3,8 millóns para 25 concellos da provincia: 2,5 millóns do Plan Concellos e 1,3 millóns procedentes de fondos europeos para seguir impulsando a transformación dixital do turismo a través do programa “Tourist Inside II” e para a eficiencia enerxética dos servizos de abastecemento de augas residuais.

A presidenta da Deputación Carmela Silva informou que serán os concellos de Baiona, Barro, Caldas, A Cañiza, Gondomar, O Grove, Marín, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vilagarcía os que se beneficien destas achegas do Plan Concellos e de fondos europeos, Next Generation para o proxecto “Tourist Inside II” e FEDER a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía).

Con estes recursos, a Deputación transformará 7 oficinas turísticas da rede Info Rías Baixas e os concellos impulsarán novas dotacións e mellorarán outras xa existentes, recuperarán espazos públicos, afrontarán gastos correntes e prestarán servizos públicos máis sostibles.

No marco do Plan Concellos son 13 as achegas que se aproban esta semana para 12 concellos da provincia por valor de 2,5 millóns. Na liña 1 de investimentos benefícianse Caldas (336.000 € para a rede de saneamento no Ameal e Valsordo), Baiona (300.000 € para o 2º tramo de restauración da senda peonil de Baredo), Ribadumia (248.000 € para a ampliación e mellora do punto limpo -176.000 €- e a mellora de camiños nas Quintáns -72.000 €-), Salvaterra (229.000 € para a mellora das instalacións de abastecemento no bombeo da captación, depósito, ETAP e rede de distribución), O Porriño (229.000 € para a mellora dos parques infantís), Marín (220.000 € para a humanización de vías en Pedreiras), Vilagarcía (174.000 € para a mellora da accesibilidade ao centro de formación de Matosinhos), Moraña (172.000 € para a mellora de camiños no rural), Gondomar (75.000 € para o acondicionamento do camiño de Torno, en Galisteo), Mos (75.000 € para a mellora de pavimentación de camiños municipais) e Mondariz (70.000 € para a ampliación do saneamento no barrio do Cruceiro, en Vilasobroso). Pola outra banda, na liña 2 de gastos correntes Tomiño obtivo máis de 380.000 € para sufragar gastos de alumeado público.

A Deputación acada fondos Next Generation para pór en marcha o “Tourist Inside II”

Ademais dos recursos que se van mobilizar a través do Plan Concellos, a presidenta Carmela Silva tamén deu conta “dun investimento de 519.000 euros para poñer en marcha o proxecto Tourist Inside II”. Carmela Silva lembrou que “xa investimos a través do primeiro Tourist Inside 2 millóns de euros que nos permitiron modernizar o turismo dixital na provincia”, transformando 12 das 33 oficinas da rede Info Rías Baixas e o Palacete das Mendoza e co proxecto piloto de praia intelixente en Nigrán. E, con estes novos recursos, “imos modernizar outras sete –As Neves, Tui, Redondela, Salvaterra de Miño, O Rosal, Mondariz-Balneario e Ponteareas– e tamén implantar novas ferramentas na web de Turismo Rías Baixas, formar o persoal de atención, elaborar diagnoses de ciberseguridade e implantar unha ferramenta de mellora de fluxos nas oficinas e no Castelo de Soutomaior”.

“Imos ter –asegurou a presidenta– datos moi relevantes cos que tomar decisións para que non se produzan situacións incómodas, nin para as persoas turistas nin as residentes, e poidamos ter un turismo dixitalizado e sostible”. Ademais, puxo en valor que “só 35 entidades locais e deputacións recibiron axudas nesta convocatoria”, o cal quere dicir que “somos unha administración moi valorada polo Goberno de España”. E detallou as 12 accións que inclúe “Tourist Inside II” entre as que se atopan: a creación de contido semántico sobre novos produtos turísticos aliñados co Plan Estratéxico 2021-2023; o deseño de asistentes conversacionais e chatbots para a web de turismo; a dixitalización das 7 oficinas; sinaléctica dixital; chatbots en destino e integrados na app e tótems; accións de gamificación; mellora da explotación do Date Lake de datos turísticos e integración de fontes do Internet das Cousas (IoT); unha ferramenta dixital para mellorar a xestión de fluxos, control da capacidade e distanciamento social nas oficinas e no Castelo de Soutomaior; a posta en marcha de mapas dixitais en tempo real coa información meteorolóxica de estacións de medición e monitorización dos niveles de contaminación e calidade do aire; un sistema de alertas asociados a mapas de ruído; formación e capacitación no emprego de novas tecnoloxías e ferramentas dixitais; e unha diagnose e boas prácticas de ciberseguridade.

Oito concellos aforrarán un 30 % de enerxía no abastecemento de augas residuais

A Deputación tamén aproba esta semana destinar máis de 709.000 € para que oito concellos da provincia poidan desenvolver actuacións de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de abastecemento de augas residuais. Os proxectos están financiados nun 80% polo IDAE no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 e permitirán un aforro enerxético do 30%. Os concellos beneficiados son Nigrán (141.000 €), A Cañiza (106.000 €), Meis (87.000 €), O Grove (85.000 €), Ponteareas (81.000 €), Pontecesures (80.000 €), Barro (72.000 €) e Marín (58.000 €). As obras de modernización das instalacións de auga permitirán a substitución de equipamentos como bombas, cadros de mando ou sistemas de arranque, e a incorporación de novos dispositivos de sensorización, caudalímetros, rototamices, sondas de osíxeno ou variadores de frecuencia nas instalacións de abastecemento e depuración de augas residuais. “Seguimos avanzando nunha cuestión fundamental: ter instrumentos que nos permitan o control de auga, un recurso que é escaso e no que cada vez temos que investir máis”, asegurou Carmela Silva.

A CHMS mellorará o saneamento e a EDAR da Cañiza cun investimento que superará os 1.4 millóns de euros

0

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Luís Piña, alcalde da Cañiza, rubricaron hoxe o Convenio que determina as condicións que rexerán o financiamento do Estudo de alternativas e o proxecto para a mellora o saneamento e a EDAR do seu centro urbano e aglomeracións limítrofes; así como a posta ao dispor dos terreos, execución e posterior entrega para o seu mantemento e conservación das obras definidas neste último proxecto.

SITUACION ACTUAL
Os principais problemas no saneamento e depuración neste municipio son o exceso de caudal de chegada á EDAR urbana e a súa posterior vertedura ao río Deva, así como a baixa carga da EDAR industrial e os seus problemas coa vertedura de metais ao río Ribadil, ademais de problemas de desbordamento na entrada das depuradoras de aireación prolongada en Valeixe e Achas.

Doutra banda, non hai que esquecer que a natureza principalmente rural do concello e a orografía, fai que pequenos sistemas de saneamento finalicen en fosas sépticas de funcionamento deficiente.

PROXECTO
Os traballos para executar consisten na recompilación de información, toma de datos, análises, modelización da rede, estudo de alternativas, etc., que sirvan para definir adecuadamente as distintas fases de actuación que son necesarias para lograr a mellora integral do saneamento e depuración da Cañiza, así como a redacción do proxecto construtivo e execución das obras da primeira destas fases que incluirá as obras máis urxentes ou que permitan alcanzar unha mellor relación investimento-resultados.

O proxecto resultante será a primeira fase dun plan integral de saneamento para a Cañiza que precisará dun investimento próximo aos 8.000.000 €. O investimento necesario estímase en 1.450.000, cofinanciada en porcentaxe 80% por CHMS e o 20% restante que asumirá o Concello.

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a calidade das augas dos nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan” explicou o presidente.

“As actuacións proxectadas permitirán corrixir os problemas de depuración, saneamento e colectores que vén arrastrando a Cañiza desde hai case 20 anos, indicou o alcalde do municipio. Por iso estamos #ante un gran avance ambiental, grazas ao forte apoio e compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España”, concluíu.

Baiona deseña un plan de tráfico con motivo da «XXII Gran Bahía Vig-Bay»

0

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da XXII edición do Medio Maratón ‘Gran Bahía Vig-Bay’, que se celebra este domingo 26 de marzo. O plan entrará en funcionamento ese mesmo día ás 06:00 h para a montaxe de infraestructura, cando se procederá a restrinxir a circulación nos viais de acceso ao centro de Baiona e terminará ao redor das 14:00 h.

Por iso, faise necesario tomar unhas medidas de seguridade para o bo transcurso da carreira, polo que a Policía Local desenvolveu o seguinte dispositivo en materia de tráfico e mobilidade:

Itinerarios alternativos

A PO-552 que transcorre pola localidade, quedará cortada desde a Glorieta de acceso á autoestrada, situada na Avenida de Sabarís, ata a glorieta de entrada sur á Vila, rotonda do Villa Rosa.

Ante os cortes de circulación que se realizarán ao paso da popular carreira atlética medio Maratón ‘Gran Bahía Vig-Bay’, recoméndase que os accesos ao centro urbano efectúense da seguinte maneira: utilización da circunvalación, que conecta directamente a zona de Sabarís con Baredo ou a rotonda do Villa Rosa.

Transporte público

A chegada á Vila da tradicional carreira tamén afectará o transporte público, xa que durante a súa celebración quedarán eliminadas as paradas situadas en Avd. Monterreal, O Burgo, e a Avenida Urbana de Sabarís. A parada de taxis situada na zona do porto pesqueiro que se trasladará a rúa Brasil (Zona dos “Tendales”).

Prohibicións de estacionamento

Por outra banda, ese día quedará prohibido estacionar na zona do porto pesqueiro na rúa Elduayen (punto de meta da carreira), na rúa Alferez Barreiro e na rúa Ramón e Cajal.

O alcalde, Carlos Gómez prado, sinala que “Desde o Concello de Baiona pedimos prudencia á hora de circular pola zona e pedimos desculpas ás persoas afectadas polas molestias que este evento poida ocasionar que atraerá ata o municipio a un gran número de participantes e persoas ata Baiona”.

A Semana Santa de Valença arranca este domingo

As celebrações da Semana Santa, em Valença, começam este domingo, 26 de março, com a Procissão dos Passos e prolongam-se até 10 de abril, com o Lanço da Cruz. A Procissão dos Passos é a primeira grande cerimónia da Semana Santa de Valença e percorrerá as várias Capelas dos Passos, da Fortaleza. Esta procissão reconstitui os passos de Jesus Cristo desde o Pretório até ao Calvário, com saída programada para as 16h00.

Na Coroada, em frente a capela do Senhor do Encontro, decorrerá um dos pontos altos da celebração, o emblemático “Sermão do Encontro”. Esta manifestação religiosa é organizada pela Santa Casa da Misericórdia e Paróquia de Santa Maria dos Anjos de Valença.

No fim de semana de 1 e 2 de abril o destaque vai para a recriação histórica dos vários capítulos, da vida de Cristo com o “Via Crucis” e Mercado Nazareno, na Fortaleza, numa iniciativa da Câmara Municipal.

Também no dia 2 de abril, Domingo de Ramos, decorre a bênção dos ramos na Capela do Bom Jesus, na Coroada, seguida de procissão para a Igreja de Santo Estêvão.

Entre 6 e 8 de abril destacam-se, na programação, a Eucaristia com o “Lava Pés”, a Oração de Noa, a Narração da Paixão e Adoração da Cruz, a Procissão do Enterro do Senhor, a Exposição do Senhor do Túmulo e a Vigília Pascal.

Domingo, 9 de abril, é dia do Compasso Pascal percorrer as casas dos valencianos mantendo uma tradição secular de anunciar a boa nova da ressurreição de Cristo.
Uma manifestação que se prolongará, na segunda-feira de Páscoa, 10 de abril.

As celebrações da Semana Santa de Valença encerram com o emblemático “Lanço da Cruz”, segunda-feira de Páscoa, em Cristelo Covo, por volta das 17h00.

Para o Presidente da Câmara, José Manuel Carpinteira, “Valença prepara-se para viver esta época tão simbólica, tradicional e com elevado sentido de família e comunidade. Aos valencianos e quem nos visitar a Câmara Municipal de Valença deseja Boa Páscoa”.

Noite de humor por todo o alto con Cándido Pazó ao abeiro do programa ‘Cultura24’ do Concello de Ponteareas

Ponteareas gozará dunha noite de risas a esgalla esta fin de semana da man do xenio do humor galego Cándido Pazó. O autor, director de escena, narrador oral e actor chega este sábado 25 de marzo á vila ao abeiro do Cultura24, “un programa posto en marcha polo Concello co que dende hai anos tratamos de achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de vida e lecer todas as parroquias”, destaca o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Pazó subirase ao escenario do Centro Cultural de Xinzo cun espectáculo cómico, un monólogo co que conquistará ao público cunha representación fronteiriza entre a narración oral e o teatral na que se adaptará de forma case camaleónica a cada tipo de espectador e espectadora.

Cándido Pazó comezou a súa actividade como actor en 1975 vinculándose ao nacente movemento teatral de Vigo e de Galicia, sendo un dos benxamíns das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Teatro de Ribadavia. Na súa formación non regulada destaca o seu paso pola École Philippe Gaulier de París, onde comeza o seu interese por un xogo teatral que se reflicte no seu traballo de escritura e dirección.

O espectáculo será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar aforo. Groba convida a toda a veciñanza a non perderse esta noite de humor por todo o alto.

As Gándaras de Budiño, xacemento con presenza humana máis antigo de Galicia con máis de 300.000 anos de antigüidade

O Porriño, 22 de marzo de 2023.- Os primeiros poboadores de Galicia viviron no Porriño hai máis de 300.000 anos. Así o confirman os resultados das datacións do xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño que hoxe fixeron públicos Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo da Universidade de Vigo, e o alcalde, Alejandro Lorenzo.

O xacemento de As Gándaras de Budiño foi o primeiro enclave da época paleolítica en ser identificado e escavado en Galicia. Inicialmente por Emiliano Aguirre en 1963, mundialmente coñecido por ser o impulsor do proxecto Atapuerca e recentemente falecido, Budiño pasou a converterse nun xacemento de referencia a nivel nacional e internacional, pero altamente problemático, xa que as primeira datacións indicaban unha cronoloxía duns 25.000-15.000 anos de antigüidade, cando este tipo de lugares tiñan que ter unha idade superior aos 100.000 anos. “Isto levou á idea de que no noroeste da Península Ibérica existía un Paleolítico atípico e anacrónico con respecto ao que acontecía no resto do suroeste de Europa”, explicou Méndez Quintas, “Isto supuña un argumento para defender a idea do atraso secular de Galicia, o cal xa arrincaba no Paleolítico”.

De aí a relevancia da investigación desenvolta no xacemento das Gándaras polo equipo de investigadores liderados por Eduardo Méndez Quintas e o investigador Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) que resolven estes erros na cronoloxía e desminten esta falsa crenza.

“Os resultados deste estudo son de vital importancia a nivel nacional e internacional, xa que non só cambian o coñecemento que temos sobre a historia do Porriño senón que reescriben a Prehistoria de Galicia”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Proxecto de investigación

Os traballos desenvoltos na última campaña consistiron na realización dunha escavación en área de 30 m2, que complementaban a campaña de sondaxes arqueolóxicas desenvoltas durante o ano 2018. Estes permitiron obter valiosa información sobre as condicións de formación dos depósitos xeolóxicos e, sobre todo, das densas acumulacións de ferramentas líticas que se atopan no lugar. “Sinalar que na pequena superficie intervida recuperáronse máis de 1000 artefactos líticos, entre os que destacan abundantes exemplos de bifaces e outras pezas características das industrias de tipo achelense”, explicou Eduardo Méndez.

Os niveis antigos do xacemento teñen uns 310.000 anos de antigüidade

O obxecto principal destes estudos era, polo tanto, resolver a cronoloxía. Para isto, entre outras medidas, obtivéronse mostras xeolóxicas para a realización por datacións de luminescencia opticamente estimulada (OSL) sobre os sedimentos. O procedemento de datación realizouse nas instalacións do Environment Institute, and Institute for Photonics and Advanced Sensing (IPAS) da Universidade de Adelaide (Australia).

Os resultados veñen a confirmar o que os arqueólogos sospeitaban: os niveis antigos do xacemento teñen máis de 310.000 anos de antigüidade, e idades máis recentes, de entre 25.000 e 55.000 anos, para os niveis superiores. “Podemos dicir que as Gándaras de Budiño ten o xacemento con presenza humana máis antigo de Galicia”, afirmou Méndez, “A cronoloxía do xacemento e as características das ferramentas líticas acrecenta a importancia do sitio no contexto do desenvolvemento cultural e humano do final do Plistoceno Medio europeo. Sitios coma As Gándaras xustifican a coexistencia nesta época de varias tecnoloxías diferentes (Achelense e Paleolítico Medio Antigo), producidas á súa vez por especies humanas diferentes e con orixes xeográficas diferentes (unha especia africana indeterminada e os neandertais)”.

Os resultados das datacións, así como os xerados nesta nova fase de investigación, vanse publicar proximamente nunha revista científica, cun artigo no que xa se está traballando.

Traballos futuros

En vista dos resultados acadados, os traballos no xacemento retomaranse este ano, previsiblemente no mes de xullo. “Tentarase esgotar o depósito con restos arqueolóxicos ata chegar ás capas datadas en máis de 300.000 anos, para coñecelas con maior precisión. Ocuparán unhas tres semanas de traballo de campo coa participación dunha quincena de persoas, incluídos estudantes da Universidade de Vigo, doutras universidades galegas e centros universitarios de Europa. Os traballos serán soportados coa achega económica da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello do Porriño. “Eduardo e o seu equipo contan co total respaldo do Concello do Porriño para continuar avanzando na súa folla de ruta e posta en valor das Gándaras de Budiño”, concluíu o alcalde.

Daniela Rial Estévez, alumna do CPI de Cova Terreña de Baiona, gaña o «I Certame de Poesía Respira!» para estudantes

0

Daniela Rial Estévez, alumna do CPI Cova Terreña de Baiona vén de proclamarse gañadora do I Certame de Poesía Respira! para estudantes, organizado polo Concello de Santiago –co apoio da Secretaria Xeral de Política Lungüística da Xunta de Galicia– co gallo da celebración do Día da Poesía.

O CPI DE Cova Terreña celebrou o Día da Poesía co seu alumnado de 5º de Primaria, un acto de recoñecemento a esta alumna gañadora do concurso. O acto oficial do certame tivo lugar pola tarde en Santiago de Compostela. A galardonada acudiu acompañada polos seus pais, pola Directora do Centro, Isabel Martínez Cabaleiro, pola Xefa de Estudos do Centro, pola súa tutora…

[su_image_carousel source=”media: 69529,69530,69532″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O acto no salón de actos do centro educativo contou coa presenza da Concelleira de Cultura do Concello de Baiona, Miriam Costas, quen destacou na súa intervención “a labor que se fai dende o colexio e todo o claustro do profesorado, impulsando proxectos participativos que axudan ao alumnado a crecer”.

Así mesmo, a concelleira trasmitiu os parabéns de parte do Concello de Baiona e, os seus propios, a alumna e os pais de Daniela, presentes no acto, por apoiar á súa filla nestes proxectos, así coma a todo o alumnado que participou no certame. Durante o acto, Daniela Rial Estévez, deu letura do seu poema gañador.

Maís información do concurso nesta ligazón.

A Asociación de veciños e veciñas de Maceira, Covelo, organiza o seu Entroido o domingo 26 de marzo

0

A asociación de veciños e veciñas San Salvador de Maceira organiza o seu desfile de entroido este domingo día 26. En colaboración co Concello de Covelo haberá música, animación e o desfile de comparsas a partir das 17 horas na praza de Maceira.

Ademais da entrega de premios, haberá unha feira de artesanía na que poder mercar todo tipo de enseres. A asociación San Salvador de Maceira convida a toda a cidadanía da contorna a gozar dunha tarde de festa na súa praza do centro da parroquia.

Cooperación, solidariedade e reciclaxe este sábado con ‘Traperos de Emaús’ no Rosal

0

O compromiso ambiental e social son as bases de Traperos de Emaús, unha asociación pioneira en Europa no campo da reutilización e aproveitamento de residuos e que este sábado 25 de marzo falará no Rosal da súa filosofía colectiva e do traballo que están a desenvolver.

Será nunha charla no salón de plenos do Concello a partir das 17.00 horas na que durante a primeira parte do encontro se explicará en que consiste a actividade desta asociación, que “loita por un mundo máis xusto e solidario, facilitando a incorporación laboral a través do traballo de recollida, reutilización e reciclaxe de obxectos que pon á venda nos seus propios rastros”.

Xa a partir das 17.30 horas o público poderá falar por videoconferencia con José Mari García Bresó, fundador deste colectivo no ano 1972 cun fin social e ambiental que prioriza a acollida de persoas con dificultades e que na actualidade conta con máis de 290 compañeiros e compañeiras.

As persoas que non poidan asistir de forma presencial poderán facelo de xeito telemático. O Concello informará da vía de conexión á videoconferencia a xornada previa.

A conferencia está aberta a todos os públicos e será de balde con entrada libre ata completar aforo.

Baiona celebra este sábado a Gala do Deporte que recupera a normalidade trala pandemia

0

A Gala do Deporte de Baiona deste ano volve á normalidade tras os anos marcados pola pandemia e vén cunha imaxe renovada. En palabras da Concelleira de Deportes, Andrea Pérez González será “unha gala inclusiva onde se contará con intérprete de linguaxe de signos, diversa (unha sección das mencións especiais é o recoñecemento a aqueles e aquelas deportistas, entidades ou proxectos que se involucran e participan activamente co deporte adaptado e inclusivo), pero sobre todo onde os protagonistas serán as e os nosos deportistas e as súas familias”.

A cita será o vindeiro sábado, 25 de marzo, ás 19:30 h, as portas abriranse media hora antes, no Auditorio Municipal V Centenario. A Concellería de Deportes dende o Concello de Baiona deseñou unha velada para premiar aos seus deportistas máis destacados, pero tamén a patrocinadores e entidades que participan activamente no mundo deportivo. Este ano a cita estará guiada pola xornalista Alba López e polo xornalista baionés Bernardo Montaña.

O xurado técnico da gala composto por membros dos clubes locais, reuniuse para elixir as sete persoas nomeadas nas súas correspondentes categorías, as cales se coñecerán e recibirán o galardón o sábado durante a gala. Ademais, dentro do apartado de mencións especiais homenaxearase como mención especial individual a: Antonio Liébanas Blanco ,a Antón Iglesias Leyenda e a Jose Miguel Pérez Vázquez.

Farase unha mención especial a todos os clubs de bolos de Baiona: Baredo Birlos Club, Club de bolos de A Rega, Club de bolos Estivada, Club de bolos Medialdea, Club de bolos Portameán e Club de bolos Belesar–Urgal.

“Por seguir apostando polo deporte tradicional como é o bolo Celta pero tamén polos múltiples logros conseguidos a nivel autonómico e nacional dos seus deportistas, facendo que Baiona convértase nunha das vilas con maior número de clubs de bolos celta de Galicia”.

Tamén mención especial a aquelas persoas deportistas, entidades ou eventos deportivos que poñen en valor, fomentan e participan no deporte adaptado e inclusivo na nosa vila conseguindo así dar unha maior visibilidade e coñecemento. Neste sentido, na categoría individual a mención vai para Mila López e Julio Vilas. Mentres que a mención para as actividades ou proxectos que leven a cabo este labor son: o Torneo Integra organizado polo Erizana Club de Fútbol; a Xornada de Convivencia cos mozos do Centro Juan María (Día internacional das Persoas con Discapacidade); a participación con Down Vigo polo día do libro e outras moitas actividades realizadas ao longo da tempada polo Bahiña Fútbol Sala; a Vela adaptada do Monte Real Club de Iates, o Discapaciquad da ATV Distrito XVIII e o Programa Vincúlate levado a cabo pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, indica que “esta edición será a Gran Festa do Deporte na que se vai a recoñecer o traballo, esforzo e implicaciónde todas as persoas que forman e formaron parte dos clubes e entidades deportivas, que conseguiron co seu esforzo e traballo sacar adiante ao longo do paso dos anos as asociaciones deportivas baionesas. Tamén aos deportistas individuais. Queremos que o deporte baionés viva e desfrute dun gran evento para visibilizar o enorme traballo realizado, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva. Seguir promocionando o deporte aporta múltiples beneficios á sociedade baionesa”.

O rexedor invita a toda veciñanza de Baiona a este evento “no que se recoñecerán os logros e méritos deportivos alcanzados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas de Baiona, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local”.

A renovada piscina municipal da Cañiza énchese de reivindicación feminina e cor con Amadia Arrazola e ‘ViolenciaZero’

0

A imaxe das mulleres de tres xeracións xa empeza a deixarse ver na fachada principal da rehabilitada piscina municipal da Cañiza. Son as que conforman o mural que a artista catalá Amaia Arrazola está pintando estes días como nova acción artística do programa da Deputación “Mulleres en Acción, Violencia Zero”. A presidenta provincial, Carmela Silva, xunto ao alcalde, Luis Gómez Piña, mantiveron onte un encontro coa artista para coñecer de primeira man o proceso creativo da obra que reflexa unha mirada cara dentro.

No mural, que estará rematado este próximo sábado, Amaia Arrazola presenta os rostros da súa propia filla, de ela e da súa nai, como mostra das tres idades, coas súas problemáticas plasmadas en cada unha das figuras. Desde a inocencia, o xogo, os estímulos visuais da súa filla Ane; ao seu retrato, tratando temas de sexualidade, a perda da liberdade, a maternidade, etc. E, por último, a súa nai, unha imaxe na que fala de madurez, da xuventude perdida e da protección total da familia.

[su_image_carousel source=”media: 69510,69511″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Amaia Arrazola é unha ilustradora, publicista e escritora asentada en Barcelona que ten colaborado e participado en festivais de arte urbana, pintado murais e impartido charlas e conferencias. Tamén ten publicados varios libros para persoas adultas e a cativada, como “Wabi Sabi”, no que conta a súa experiencia cunha bolsa artística en Matsudo (Xapón); “El meteorito”, no que narra o que supuxo a maternidade na súa vida; ou “Simón”, a súa estrea como autora de álbum infantil abordando o tema da identidade para as crianzas.

Co lema é “Artistas Aliadas. Mulleres Aliadas” a Deputación desenvolve este ano o programa en Pontevedra, Vigo, Barro, As Neves, O Grove e Nigrán, onde xa se celebraron as accións, e continuará ao longo do ano nos concellos de Arbo, Gondomar, Mos, Oia, Baiona, O Rosal, Cambados, Marín, Tui, Poio, A Lama, Silleda, Vilagarcía, Caldas, Forcarei e Ribadumia. Nos últimos 7 anos e a través do programa impulsáronse máis de 160 accións artísticas. Nesta oitava edición 35 artistas realizarán outras 25 iniciativas colaborativas e reivindicativas a través das modalidades de performance, danza, música, teatro, muralismo, poesía e audiovisual.

A exposición de fotografía e poesía ‘Lebres coma Gacelas’ homenaxea a Xela Arias en Ponteareas

Palabra e imaxe dialogan en perfecta simbiose en ‘Lebres coma Gacelas’, unha exposición de fotografía e poesía que chega ao Museo Municipal de Ponteareas para render homenaxe á escritora galega Xela Arias. Organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello, a mostra aglutina 21 poemas asociados a 21 imaxes fotográficas, inspirándose así no libro de Arias ‘Tigres coma cabalos’ no que a autora confrontaba cada unha das súas poesías con imaxes do fotógrafo Xulio Gil.

A exposición inaugurarase este venres 24 de marzo ás 19.00 horas e no acto contarase cun recital a cargo de dúas voces da poética feminina, Olga Novo e Miriam Ferradáns, e coa actuación musical do dúo formado por Serghei Maximov ao piano e Zeus Alfaya ao violín.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba anima á toda a veciñanza a visitar o Museo Municipal de Ponteareas e deixarse inspirar por esta exposición “con poemas de autoras referentes na escritura galega que crearon un diálogo directo coa fotografía contemporánea de artistas con diferentes estilos que retratan o corpo e a contorna cunha ollada poética fixa na realidade máis inmediata”.

A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 24 de abril.

O concello de Tui amosa o seu agradecemento aos servizos de emerxencia e corpos de seguridade

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, en nome da corporación municipal, trasladou o agradecemento da institución municipal aos equipos de emerxencia así coma aos corpos e forzas de seguridade pola súa actuación nos feitos acontecidos na madruga do luns no conxunto histórico de Tui.

Así por unha banda destacase o labor realizado polos membros da Policía Local e da Garda Civil. Especialmente cómpre destacar a rapidez e eficiencia demostrada pola Garda Civil na resolución destes feitos que levaron á detención na presunta autora dos feitos en tan so unhas horas.

Salientar o labor dos servizos de emerxencia amosando o agradecemento aos membros da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, así coma das asociacións de Tomiño, Salceda de Caselas, e membros do GES de Mos, e polos efectivos dos Bombeiros do Porriño e dos Bombeiros Voluntarios de Valença. Grazas ao labor de todos eles púidose controlar a situación, que nalgúns momentos da madruga revestiu gran perigo.

Por outra parte o rexedor tudense salienta o traballo realizado polos técnicos municipal, de forma especial polo persoal do departamento de Servizos Sociais en atención ás persoas afectadas.

Finalmente amósase unha vez máis orgullo da veciñanza tudense que “diante duns feitos extremadamente graves tivo un comportamento exemplar”.

A Guarda súmase este sábado á «Hora do Planeta» apagando a luz na Praza do Reló

0

O Concello da Guarda súmase este sábado 25 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente. Deste xeito, o Goberno local apagará as luces na Praza do Reló, convidando tamén á cidadanía a facelo nas súas vivendas e propiedades.

Milleiros de cidades, institucións e persoas de todo o mundo amosarán o apoio global á acción conxunta contra o cambio climático, neste ano atendendo ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias e á Rede Española de Cidades polo Clima.

A “Hora do Planeta” serve para demostrar que a todas e todos impórtanos o planeta e de que xuntos somos parte da solución ao cambio climático e á loita pola conservación da natureza. O obxectivo é actuar agora para que non se poña en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións vindeiras.

Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Medio Ambiente, todas as iniciativas que axuden a paliar os efectos do cambio climático terán sempre o apoio do equipo de goberno, tal e como queda de manifesto nas diferentes iniciativas postas en marcha dende o consistorio local en materia de eficiencia enerxética, compostaxe, xestión do lixo ou no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía(PACES), entre outros.