22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasEscolares da Louriña celebran o Día Mundial da Auga

    Escolares da Louriña celebran o Día Mundial da Auga

    O sábado, 25 de marzo, celébranse unhas xornadas de portas abertas con visitas guiadas ás instalacións da EDAR de Guillarei, en Tui

    Co obxectivo de xerar conciencia sobre a importancia de coidar os recursos da auga no planeta, un elemento vital para a vida de todas as especies da Terra, celébrase cada 22 de marzo o Día Mundial da Auga. Con tal motivo, o Consorcio de Augas do Louro organiza unha serie de actividades para a poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

    Pensando nos máis pequenos da casa celebráronse, esta semana, unhas xornadas de xogos lúdicos co alumnado de Educación Primaria de diversos centros escolares. O luns foi en Mos, no colexio Mestre Martínez Alonso; o martes no CEIP Altamira de Salceda de Caselas e o propio mércores 22 no pavillón municipal do Porriño. Os estudantes participaron dunha serie de actividades relacionadas co tratamento da auga, a súa potabilización e o proceso de depuración na EDAR. Souberon por que e para que é importante a auga, o compromiso que hai que ter con este recurso e fixeron a proba do cloro.

    Escolares do Porriño

    Acompañados da “cuadrilla sostible” e baixo lema “Unha extraordinaria viaxe para coidar da auga e do planeta”, nestes encontros aproveitouse para presentar o concurso de debuxo infantil, que este ano chega xa á súa sexta edición coa misión encomendada aos escolares de 3º e 4º de Primaria de apuntarse “á nova aquaventura de Aqual e ODS6 para coidar da auga e protexer o medio”. Precisamente, o prazo para a presentación de traballos abriuse o Día Mundial da Auga, prolongándose ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

    Os nenos mosenses tamén participaron nos actos do Día Mundial da Auga

    Por outra banda, nas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, celebrarase o vindeiro sábado, día 25 de marzo, unhas xornadas de portas abertas con visitas guiadas. “Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medio ambiente”, explica o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo.

    Están programadas tres visitas, unha ás 10.00 e outra ás 16.00 horas ao laboratorio e proceso de depuración, para maiores de 12 anos, e outra ao mediodía para menores de 12 anos, acompañados, con visita tamén ao laboratorio e proxección dun vídeo no que se amosa o proceso de depuración. As persoas interesadas en participar poden enviar a súa solicitude indicando nome, DNI, concello de residencia, idade e hora de visita preferente ao enderezo de correo contactoconsorcio@fcc.es

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS