Venres, 14 Novembro de 2025

O PP do Porriño solicita a comparecencia da alcaldesa e da voceira de EU Son ante os “graves feitos” dos últimos días

O Partido Popular do Porriño solicitará a comparecencia da Alcaldesa, Eva García, e da portavoz de EU SON Porriño-Son en Común, Patricia Sío, ante a “gravidade das declaracións feitas por ambos os grupos” nos últimos días sobre os termos de negación para a aprobación dun Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por importe de 3 millóns de euros.

A alcaldesa e a edil –asegura o portavoz popular Alejandro Lorenzo– “deberán dar conta diante da corporación e da cidadanía sobre o contido duns pactos entre forzas políticas que, tal e como se expuxo publicamente, perseguían unha nova repartición de cadeiras na corporación co voto a favor a unha modificación orzamentaria como moeda de cambio”.

Indignación dos populares

“A voceira de EU SON relatou en sesión plenaria, sen ningún tipo de pudor, que o seu grupo ía emitir un voto que incurriría nunha ilegalidade se a alcaldesa cumplira a súa parte do trato”, manifesta o portavoz, Alejandro Lorenzo. E é que a edil, defendeu que non podería votar a favor dun acordo que xa estaba aprobado en pleno “porque sería ilegal” para, dous minutos despois, asegurar que o seu grupo tiña condicionado ese voto a favor a que a Alcaldesa anunciara a súa dimisión.

“Estamos a falar de comprar votos, e hai que dicilo con total claridade. Se o que afirma a portavoz de EU SON é así, están a cometer un delito e deberán dar conta onde corresponde”, continúa Lorenzo. Cabe destacar que, en resposta, a rexedora limitouse a emitir un comunicado no que en ningún momento nega que se mantiveran as negociacións nestes termos.

Lembran os populares que a facturación pendente de pago que está servindo a estes grupos como base de negociación, está a ser investigados penalmente na causa que instrúe o Xulgado de Instrucción Nº 2 do Porriño na que están imputados varios corporativos polos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e falsidade documental. Falamos de máis de 5 millóns de euros en facturas totalmente irregulares non contan con ningún tipo de contrato e onde se detectaron cuestións de tal gravidade como a facturación a nome de varias empresas por parte do mesmo administrador ou facturas por traballos non realizados. “O recoñecemento que EU SON pretendía aprobar se a alcaldesa cumprise a súa parte do acordo xa fora levado a pleno e acordouse, a petición do noso grupo, a revisión de oficio de esa facturación. O acordo estaba tomado, tal e como recoñeceu Sío”, explica o voceiro, “Estaban dispostos a evitar que se revisara esa facturación e incumplir o acordo plenario por puro interés partidista”.

“Esta dantesca situación volve comprometer a todos os grupos que manteñen a este goberno corrupto”, sentenza o edil, “PSOE, BNG, EU SON e Manuel Carrera investiron a esta alcaldesa. Para soster esta situación durante cinco anos o voto da rexedora non é suficiente, precísanse nove. Son cómplices e así está a demostrarse”.

O portavoz dos populares conclúe advertindo que o Partido Popular seguirá ata o final para resolver a trama económica e política que está a desleixar o Concello do Porriño. “A diferencia de todos eles nós non temos nin perseguimos máis pacto que cos veciños e veciñas do Porriño. Actuamos en todo momento movidos pola defensa do interés público ante o desfalco do que está a ser vítima a veciñanza e así seguiremos, facendo unha oposición tan dura como sensata basada únicamente na defensa dos intereses dos noso concello e dos nosos veciños. Chegaremos ata o final.”.

A Guarda apoia aos colectivos e asociacións do municipio con axudas por importe de 142.069 €

0

O Concello da Guarda ven de aprobar en sesión plenaria as subvencións nominais concedidas aos colectivos, asociacións e entidades de Fins Sociais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2020, por un importe total de 142.069 €. As axudas distribuiránse entre asociacións guardesas de carácter deportivo (83.209 €), culturais (39.200 €) e sociais (19.660 €).

O obxectivo desta liña de axudas, sinala o Concello que preside Antonio Lomba, é “contribuír ao correcto desenvolvemento das entidades de acordo coas actividades levadas a cabo por cada unha delas, apoiando o traballo e o esforzo que realizan en favor da nosa comunidade”.

De entre o total das asociacións beneficiarias, oito delas desenvolven labores de carácter social, permitindo mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e crear estruturas que permitan a inclusión social e laboral das persoas. O concello colabora estreitamente coas diferentes asociacións para a promoción e difusión da cultura, posibilitando a recuperación e posta en valor de iniciativas culturais de toda índole, potenciando os grupos de música e bandas locais. Tamén se traballa na promoción de actividades e eventos xunto coas entidades deportivas e no mantemento das infraestruturas deportivas municipais, para seguir apostando polos hábitos e un estilo de vida saudable.

“O Concello da Guarda é un dos gobernos locais da comarca que máis subvencións destina ás asociacións deportivas, culturais e de carácter social do seu municipio, dada a variedade e calidade das organizacións que desenvolven unha importante labor diaria en beneficio dos guardeses e guardesas”, asegura o executivo local.

O Concello salienta tamén o apio que se da a estes colectivos ao longo do ano “aportando materiais, infraestruturas e operarios municipais para colaborar nos distintos eventos que se realizan, así coma a cesión de espazos públicos, petición de permisos, entre outras xestións”.

A Deputación supervisará o estado de todas as pontes e pasos elevados na rede de estradas provinciais

O goberno da Deputación vén de aprobar o expediente para a contratación dun servizo de inventario, inspección e avaliación de pontes e obras de paso das estradas provinciais. “Todas e todos –asegurou Carmela Silva– recordamos situacións como a que aconteceu en Italia, coa caída dunha ponte que levantou todas as alarmas. Queremos revisar e avaliar todas as pontes da nosa rede de estradas e ter información veraz para poder actuar”. Neste eido, a Deputación investirá 283.588,31 para un proxecto que se desenvolverá durante os anos 2021 e 2022.

A través desta actuación vaise obter un coñecemento detallado das características actuais dos pasos e pontes, detectando problemáticas e anomalías existentes para planificar actuacións a desenvolver. Máis polo miúdo, e tal e como explicou a presidenta, vanse “recompilar todos os datos e revisar a información sobre as obras de paso existentes na rede da Deputación pero tamén daqueles que, pertencendo a outras administracións, supoñan restricións ou condicionantes para as estradas provinciais”. Para elo, a empresa que resulte contratada deberá seguir as instrucións marcadas polo Ministerio de Fomento na súa “Guía para a realización do inventario de obras de paso”.

En liñas xerais, a través desta actuación vaise crear unha ficha de inventario por cada obra de paso existente na rede de estradas provinciais ou relacionada coa mesma. Para poder cumprimentar cada ficha realizarase unha toma “in situ” de datos e inspeccións principais, tanto visuais como detalladas. Os traballos analizarán as xuntas, varandas, o estado do firme e/ou pavimento así como todos aqueles elementos que sexan susceptibles dalgún tipo de mantemento por parte da Deputación o afecten á circulación. Tamén determinarán o grao de deterioro, a súa localización, gravidade e incidencias que poidan afectar á estrutura. Finalmente, vaise crear unha aplicación informática para o sistema de xestión de obras de paso que incluirá toda a información, recollida durante o proceso anterior, xeorreferenciada.

Gonzalo Caballero asegura que o PSdeG porá “toda a capacidade para facer as mellores políticas na que ten que ser a lexislatura da protección das persoas”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe unha xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega na que comprometeu que o partido porá “toda a capacidade para facer as mellores políticas na que ten que ser a lexislatura da protección das persoas”. “Vivimos nunha crise sanitaria, económica e social de gran envergadura e todos estamos traballando dende as nosas responsabilidades para protexer á xente”, recalcou o líder do PSdeG en declaracións aos medios ao termo da xuntanza.

“Non poden quedar milleiros de persoas en situación de vulnerabilidade, afectadas polo debilitamento dos servizos públicos ou polas políticas de gobernos que abandonan á xente”, profundou Gonzalo Caballero, para quen “a política ten que ser un paraugas que non deixe a ninguén baixo a chuvia”.

Precisamente por iso, para garantir “unha mellor coordinación” entre as distintas cámaras, o secretario xeral propuxo invitar ás xuntanzas da executiva a Guillermo Meijón, a quen nomeou coordinador dos deputados do PSdeG no Congreso, e ao eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares.

Ademais, Gonzalo Caballero designou ao voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, como secretario do ramo na executiva; mentres que a alcaldesa de Trabada, Mayra García, asumirá a secretaría de Medio Rural.

“Estamos poñendo todos os vimbios para que esta lexislatura teña a un PSdeG que defenda á xente. Estamos preparados e preparadas para facer fronte aos retos do futuro e ímolo facer con responsabilidade”, concluíu o máximo dirixente do PSdeG.

Moción de censura en Ourense

Ademais, a executiva galega do PSdeG abordou a crise que vive o Concello de Ourense e acordou abrir a porta á presentación dunha moción de censura que poña fin á etapa de “caos municipal” na terceira cidade de Galicia. Os socialistas galegos recordan que a candidatura encabezada por Rafael Rodríguez Villarino foi a máis votada nas últimas eleccións municipais na cidade de Ourense, e que o PSdeG é a alternativa de goberno lexítima para Ourense.

A Comisión Executiva Nacional Galega delegou na súa Comisión Permanente e na Secretaría de Organización para que traballen cos órganos do partido na provincia de Ourense e exploren as vías posibles para acadar unha solución no concello.

Neste contexto, a dirección do PSdeG instou a todas forzas políticas de Ourense a que colaboren no desbloqueo da situación actual e poñan os intereses xerais da cidade por riba dos intereses partidistas.

Ponteareas da novos pasos para ser unha ‘Cidade Amiga da Infancia’

A Concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández Davila, mantivo onte unha xornada de traballo coa mesa de coordinación interna de políticas da infancia para concretar as bases do futuro Plan Municipal de Infancia e Adolescencia. Esta mesa de coordinación formada por técnicos municipais das áreas implicadas e polos técnicos responsables do proxecto estudou o informe DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) para deseñar as solucións que aproveiten ao máximo os nosos puntos fortes e recursos.

Desta reunión sairá o primeiro Plan Municipal da Infancia e Adolescencia de Ponteareas, un plan que parte do principio do máximo respecto a cada neno/a e a cada adolescente con medidas específicas que loiten contra a discriminación e persigan unha sociedade en inclusión e igualdade. O Plan esixirá que a voz da infancia e da adolescencia se teña en conta nas decisións políticas, no deseño do futuro do concello e mesmo nos orzamentos municipais fomentando a participación real e significativa.

Ademais, o Plan da Infancia e Adolescencia de Ponteareas está caracterizado por medidas “de protección, de fomento da autonomía e dun deseño de cidade que promova hábitos saudábeis e sustentábeis” e garantirá espazos para que gocen do xogo, do lecer e da vida en sociedade sempre adaptado ás normativas, en cada momento, de seguridade sanitaria.

Os retos que pretende conseguir baseánse nunha educación en valores de respecto, de igualdade, de solidariedade e de non violencia. A inclusión social dos máis desfavorecidos, a participación estable, unha oferta cultural, deportiva e lúdica variada e deseñada por e para eles e acadar unha vila sostíbel completan a listaxe de retos nos que o goberno local leva traballando nos últimos anos e agora comeza a implantar.

Cristina F. Davila suliñou a importancia de que lideren o Plan a propia infancia e adolescencia “cos que xa traballamos dándolles as rendas do seu futuro, anotando as súas suxestións e tomando nota das súas preocupacións e necesidades coa colaboración do Consello da Infancia e Adolescencia sempre co obxectivo de que na súa cidade atopen cubertas as principais demandas formativas e de lecer”.

Tui acollerá neste mes de outubro tres obradoiros do programa ‘Cultivando a Igualdade’

0

Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”. Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF.

O programa Cultivando Igualdade ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.

Nos tres Obradoiro traballarase con mulleres na prevención da violencia de xénero, identificando que é, como se manifesta, como actuar ante ela e fomentando o empoderamento.

Os obradoiros terá lugar os mércores 14, 21 e 28 de outubro ás 18h a 19.30 h na Área Panorámica de Tui. Celebrarase con grupos reducidos cumprindo todos os protocolos de seguridade establecidos debido á COVID19.

As mulleres interesadas poden inscribirse até o dia 12 de outubro no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 986 60 39 49.

Gondomar incrementa nun 500 % as partidas destinadas a Benestar Social

0

O Servizo de Axuda ao Fogar de Gondomar, integrado por un persoal de 26 traballadores e traballadoras, prestará un total de 2.500 horas ao mes a máis de medio centenar de usuarios, cun custo de 17.06 euros a hora. Isto suporá un incremento na partida anual do concello de 221.000 euros, que se suma aos xa asumidos noutros servizos como o banco de alimentos, comedores, alugueres ou igualdade, convertendo a Gondomar no concello que máis inviste en materia social de todo o país.

A tenente de alcalde e concelleira responsable de Benestar Social, Nuria Lameiro, subliña que estas cifras “son unha proba clara da nosa firme aposta polas políticas sociais e centradas na defensa e atención dos colectivos máis vulnerables e necesitados, como son os maiores, persoas en situación de risco ou de exclusión social, ou que simplemente atravesan un momento difícil nestes tempos de crise”.

Unha idea que ratifica o alcalde, Paco Ferreira, quen lembra que “unha vez máis o peso da política social déixase en mans dos concellos, das administracións locais, que nos vemos obrigadas a asumir competencias impropias ante o abandono delas por parte de Alberto Núñez Feijóo”. Lamenta que o presidente autonómico “utilice aos concellos como un instrumento para cubrir a súa falta de xestión e abandono en materia social, de dependencia ou igualdade, entre moitas outras”.

O rexedor insta á Xunta de Galicia a atender estas cuestións nos próximos orzamentos “nos que esperamos incremente as partidas en materia social, pero tamén en igualdade, aplicación dos protocolos ante o covid, educación… cuestiones que están a deixar en mans dos concellos aos que cada vez afogan máis económicamente abocándoos en moitos casos á quebra”.

Máis incomprensible para Paco Ferreira é a postura de abstención dos grupos municipais de Manifesto Miñor e BNG na aprobación do SAF: “Non entra na cabeza de ninguén que dous partidos que se consideran progresistas e defensores das políticas sociais, puxéronse de perfil e non apoiasen a aprobación desta adxudicación, resolta por unha mesa de contratación”, concluíu o rexedor.

A Xunta aproba recomendacións organizativas para os centros no referido aos recreos

O Comité Educativo aprobou onte unhas recomendacións organizativas para os centros de ensino no referido aos recreos para cuxa elaboración se contou co criterio dos membros do Comité relacionados directamente co ámbito sanitario. Nelas establécese a posibilidade de que, de forma puntual e vencellada á pandemia, determinado alumnado maior de 16 anos poida saír do centro educativo nos recreos. O permiso estará limitado ás persoas que cursen ensinanzas non obrigatorias (Bacharelato, FP de grao medio e superior e ensinanzas de réxime especial), previa a pertinente autorización.

Para que se poida autorizar esta saída será requisito imprescindible a solicitude expresa, por escrito, por parte da dirección do centro á Xefatura Territorial correspondente, logo da aprobación da proposta por parte do Consello Escolar, que deberá ser informada pola Inspección Educativa. Ademais, antes da posta en marcha da medida, o centro deberá informar ao Concello para contar co apoio das Forzas e Corpos de seguridade no control nas inmediacións do centro.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quixo reiterar, en todo caso, que esta opción terá un carácter absolutamente extraordinario e vencellado á pandemia. O seu obxectivo é facilitar o mantemento da distancia de seguridade nos recreos en centros que, polas súas especiais características (por exemplo centros históricos) ou pola súa localización (en lugares céntricos das cidades) non dispoñen de espazos amplos abertos exteriores nos que gozar do tempo de recreo.

Así mesmo, tense en conta a recomendación sanitaria de favorecer a actividade en espazos abertos e exteriores sempre que se cumpran as medidas de uso axeitado da máscara, distanciamento interpersoal, evitar aglomeracións e hixiene de mans.

Garantía de seguridade sanitaria

Por outra banda, no Comité Educativo deuse conta do traballo en marcha para preparar dous novos protocolos específicos para a adaptación á covid-19, en concreto arredor das actividades extraescolares nos centros educativos e dos centros que imparten ensinanzas de réxime especial.

Román Rodríguez considerou moi positivo contar con documentos específicos para estes casos que sexan avalados polo Comité Clínico, como o foron os xa publicados para os comedores escolares e para o alumnado con necesidades educativas especiais. Neste sentido, reiterou que o máis importante e a razón de ser destes protocolos é manter en todas estas actividades as máximas garantías de seguridade sanitaria.

O Comité Educativo tamén abordou a posibilidade de redactar un documento que regule a realización das prácticas, tanto dentro como fóra do centro educativo, na Formación Profesional, tendo en conta tamén as particularidades da FP Dual.

A ocupación hoteleira da provincia situouse en setembro no 30 %, entre cinco e dez puntos superior ao estimado

Os datos do Observatorio de Turismo da Deputación de Pontevedra situaron á ocupación hoteleira da provincia en setembro nunha porcentaxe do 30 %, o que supón, tal e como informou Carmela Silva esta mañá, entre dez e cinco puntos superiores ao estimado. “Certamente os datos –asegurou a presidenta da Deputación– foron inferiores ao ano pasado, algo obvio porque vivimos nunha pandemia, pero os resultados, volveron a ser os mellores de Galicia para este mes de setembro, e sitúan á provincia de Pontevedra entre os destinos máis atractivos do Estado”.

A presidenta provincial explicou que a comarca do Salnés tivo unha ocupación en establecementos hoteleiros do 28,2%, cun 28% en localidades como O Grove e do 31,4% en Sanxenxo; no caso da comarca de Pontevedra a porcentaxe situouse no 32%, ascendendo ao 34% na cidade; a comarca do Morrazo tivo unha ocupación do 36%; a de Vigo chegou ao 37,3%, acadando o 40% na cidade de Vigo e o 32,4% en Baiona; a comarca de O Baixo Miño estivo no 32%; as comarcas do Condado e da Paradanta acadaron o 22% e as de Deza e Terra de Montes chegaron ao 24,4%.

No que respecta ao turismo rural, a media provincial en setembro foi do 31%, neste caso, tal e como explicou a presidenta, un punto superior ao esperado. Nestes establecementos, O Salnés acadou unha ocupación do 34,5%, con porcentaxes do 48,3% en vilas como Sanxenxo; a comarca de Pontevedra chegou ao 23%; O Morrazo rexistrou un 48,3%; a comarca de Caldas chegou ao 43%; a comarca de Vigo un 20%; O Baixo Miño tivo unha ocupación do 30%; as comarcas do Condado e da Paradanta o 31,5% e as de Deza e Terra de Montes un 15%.

Pola súa banda os cámpings tiveron unha ocupación media provincial do 30%. Neste eido a comarca do Salnés rexistrou unha porcentaxe do 30,3%, ascendendo ao 43% en vilas como Sanxenxo e chegando ao 24% en O Grove. A comarca do Morrazo superou o 56% e a de Vigo o 24%, con porcentaxes do 25% en vilas como Baiona e do 23,3% na cidade de Vigo. No que respecta á comarca do Baixo Miño a ocupación nos cámpings en setembro foi do 12% e no Condado e A Paradanta do 30%.

Xa no que atinxe aos albergues, Carmela Silva informou que a media provincial en setembro foi do 9,2%, chegando ao 50% en concellos como Baiona e ao 25% en Pontevedra.

Punto e aparte merece a ocupación das vivendas turísticas que conseguiron no mes de setembro unha ocupación similar ao mes de xullo cunha porcentaxe do 68%, chegando ao 80% durante a primeira semana do mes, ao 74% na primeira quincena e ao 63% na segunda.

Finalmente, Carmela Silva tamén fixo balance das visitas aos Castelos de Sobroso e Soutomaior, onde se contabilizaron 3.058 persoas durante o mes de setembro. Neste eido a presidenta da Deputación recordou que no cómputo do mes non se inclúen ás persoas que asistiron a actos culturais. “Estamos a recoller os froitos da nosa aposta cultural e patrimonial en ambos os dous castelos”.

Adiada a xornada de portas abertas do Centro Comunitario de Trasmañó, Redondela, ante as malas previsións meteorolóxicas do sábado

0

O Goberno local de Redondela anunciou hoxe o adiamento da xornada de portas abertas que tiña previsto desenvolverse mañá sábado, 3 de outubro, no Centro Comunitario de Trasmañó (na antiga escola da parroquia), debido ás malas previsións meteorolóxicas que impedirían a normal celebración das actividades programadas entre as que se incluían as actuacións de Gaiteiros Tirapuxa e Airiños do Mar de Teis.

A xornada de portas abertas, da que se anunciará con antelación a nova data, permitirá que veciñas e veciños de Trasmañó poidan coñecer con detalle as instalacións, tanto exteriores como interiores, do novo Centro Comunitario Municipal .

A intención do Concello é que, ao longo dunha xornada participativa, a veciñanza poida coñecer as instalacións do antigo colexio de Trasmañó que, logo de anos de esquecemento, volverá a recuperar a súa utilidade como Centro Comunitario.

Trátase de que estas instalacións, as grandes esquecidas dos anteriores gobernos, transfórmense nun centro dinámico e vivo onde asociacións e colectivos –con preferencia os da propia parroquia– poidan desenvolver todo tipo de actividades.

O Mercado de Tomiño acolleu hoxe a presentación de ‘Parte de ti’ campaña de apoio ao rural

0

O Mercado de Tomiño acolleu, na mañá de hoxe, a presentación de ‘Parte de Ti’, uha campaña de sensiblización para poñer en valor o produto local. O acto foi presentado pola alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR, Sandra González.

O Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar máis os propios concellos e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio. 

Esta campaña parte do obxectivo do grupo de crear unha marca kilómetro cero para poñer en valor o produto local. Coa aparición do COVID e as súas consecuencias, percatáronse de que tiñan sectores que estaban sufrindo moito e iso levounos a preparar unha campaña de sensibilización que non se centre tanto no feito de mercar no comercio local, xa que este tema xa está a recibir un grande apoio polos concellos, senón que o apoio se dirixe aos produtores e produtoras transformadoras e comercializadoras do rural.

Desta forma nace “Parte de ti” unha campaña que trata de sensibilizar, concienciar e informar basándose nas historias das produtoras e produtores. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador. Poderanse visualizar estes vídeos na web http://partedeti.eurural.org e nas redes sociais de Eurural (@eurural_gdr14) . Estas vías servirán tamén para lanzar unha convocatoria aos comerciantes que vendan produto do rural e queiran formar parte do GDR – que poderán lucir o distintivo “Parte de ti” na súa porta o u a través dun banner na súa plataforma de venda online – e aos produtores do rural que queiran unirse.

[su_image_carousel source=”media: 22356,22355,22357,22358″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A campaña Parte de ti é froito do traballo e a implicación de moitas desas persoas anónimas que temos no rural. Persoas emprendedoras, idealistas, comprometidas, soñadoras, loitadoras… ás que lle queremos por nome, coñecelas e escoitar as súas historias” afirmou Sandra González.

Ademáis, a través das redes sociais de Eurural, realizarase varios sorteos de experiencias no noso territorio, para que as persoas gañadoras poidan sentir o rural de primeira man, descubrir os nosos produtos e coñecer aos nosos protagonistas.

Durante a rolda proxectouse o vídeo de presentación da campaña e unha das historias dun dos produtores, José Manuel Fernández, de O Forno de Mosende, que ademáis interviu ofrecendo as súas verbas para poñerlle voz aos produtores e falar da situación do pan do Porriño.

“ Nós traballamos no rural e na cidade. Ás veces escoitas a clientes da cidade dicir como nos lembra este pan ao pan que comiamos no pobo, o que se facía con leña. Que tranquilidade e que vida tiñamos. Moitos deles vivirían no rural se tivesen oportunidade” en palabras de Jose Manuel Fernández

Asistiron á presentación Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura do Concello de Redondela; David Alonso Bargiela, concelleiro do Porriño; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa de O Rosal; Antonio Lomba, alcalde da Guarda, Cristina Correa, Alcaldesa de Oia; Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona; Paco Ferreira, alcalde de Gondomar e Juan González, alcalde de Nigrán.

O radar ‘informativo’ da Policía Local de Ponteareas difunde os novos límites de velocidade

Durante os últimos dez días, e no marco da Semana Europea de Mobilidade, a Policía Local de Ponteareas realizou numerosos controis de radar en diferentes rúas e avenidas da localidade coma a Avenida de Galicia, o Paseo Matutino ou a Avenida de Castelao. A particularidade dos controis realizados radicou en que estaban precedidos dunha lona informativa que advertía da presenza do radar así como da limitación específica de velocidade na rúa, 20 kilómetros por hora en toda a vila agás na Avenida de Castelao, con limitación de 30 km/h.

O carácter informativo da acción tivo os seus efectos pois na ducia de controis realizados non se detectou nin unha soa infracción, xa que os vehículos adaptaron a súa velocidade á limitación establecida. Con esta iniciativa a concellaría de Mobilidade que dirixe Roberto Mera pretende “informar e concienciar ás persoas condutoras da necesidade de respectar as limitacións de velocidade establecidas. Cumprir con elas supón mellorar a seguridade vial, reducir o risco e a gravidade de accidentes e atropelos e facilitar o uso da bicicleta nas calzadas sen perigo e sen temores, ademais de reducir a contaminación”.

A concellaría de Mobilidade explica que “hai varios meses se instalaron as sinalizacións de límite de velocidade en todos os accesos ao centro urbano, pero moitas persoas por rutina non tomaron coñecemento dos cambios”. Por ese motivo a campaña de control de velocidade con radar pretende “nesta primeira fase lograr que toda a veciñanza sexa conscente da existencia destas limitacións e da necesidade de respectalas”.

Porén, a previsión é que, unha vez concluida durante as vindeiras semanas a fase informativa, o radar se continue empregando xa sen lona informativa. “O que queremos é que se respecten os límites de velocidade sempre e non só cando se sabe que hai un radar próximo e para iso as persoas condutoras deben saber que, como en calquera outra vía de circulación, no centro urbano de Ponteareas se poden realizar controis de velocidade en calquera intre e que polo tanto superar os límites pode conlevar unha infracción”. Coa nova limitación de velocidade a 20 km/h circular por enriba dos 40 km/h suporá a perda de dous puntos e por enriba dos 50 km/h catro puntos.

Tui rexistra un total de 21 casos activos por COVID-19 descendendo en 10 o número de persoas afectadas dende o pasado luns

0

O número de casos activos por COVID-19 en Tui ascende nesta xornada a 21 persoas. Está é a cifra dada a coñecer no día de hoxe ao alcalde de Tui. Experimentouse un descenso no número de persoas afectadas de coronavirus dos 31 que se rexistraron o luns aos 21 da xornada de hoxe.

Dende o concello de Tui, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente este descenso rexistrado no número de persoas con coronavirus, pero fai un chamamento á poboación a non baixar a garda e seguir respectando as normas establecidas para facer fronte á COVID-19.

Música, arquitectura e ecoloxía centran as actividades da Deputación para esta fin de semana

A oferta de actividades sostibles da Deputación non decae neste inicio de outubro. Así, música, arquitectura e coidado do medio ambiente centran a programación provincial nos concellos de Cangas, Vigo, Nigrán e Baiona.

Ás dez da mañá deste sábado comezará a segunda das xornadas da campaña do Proxecto Libera “1m2 por praias e mares”, na praia de Nerga, no concello de Cangas. Nesta actividade esgotáronse as dez prazas de voluntariado para participar na retirada de “basuraleza” no areal, co obxectivo posterior de tipificar e caracterizar o tipo de residuos que atopen. Os resultados serán incorporados ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e servirán deste xeito para buscar estratexias máis eficientes para acabar con este grave problema ambiental. Hai que lembrar que esta iniciativa do Proxecto Libera á que se adheriu a Deputación está promovida pola asociación SEO/Birdlife en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (Femp).

Doutra banda, tamén o sábado e á mesma hora desenvolverase un novo Roteiro de Arquitectura, guiado pola doutora en Historia da Arte Paula Pita. Nesta ocasión, as e os participantes percorrerán diversos espazos e monumentos dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona. Máis polo miúdo, as visitas se realizarán ao Pazo de Castrelos, ao Templo Votivo do Mar en Panxón, á Igrexa de Santa Liberata e á ponte da Ramallosa

Na mesma xornada, celebrarase en Baiona un dos concertos do programa ‘Musigal’ a cargo da banda Dakidarría. Será a partir das 20.30 horas na Carpa da Praza do Concello.

A nova delegada territorial da Xunta en Vigo realiza unha visita institucional a Mos

0

Hoxe a nova delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias reuniuse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e membros do equipo de goberno onde tivo a oportunidade de analizar temas que son prioritarios para o goberno local en materia de educación, saneamento, humanizacións, e sanidade entre outros.

Durante a xuntanza as representantes autonómica e local fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades para Mos, e que dependen da Xunta de Galicia; entre os que se atopan o proxecto da Residencia de Maiores no Rebullón, a contratación de un pediatra a maiores para o centro de saúde ou a acometida de diversas humanizacións tales como a de Pereiras – Atín ou a de San Rafael que contribuirán a una gran mellora nas contornas do municipio.

Ademais a alcaldesa, Nidia Arévalo, trasladoulle a Marta Fernández outras necesidades de gran importancia para Mos como son; a intermediación con Fomento para acometer un acceso directo ao Polígono da Veigadaña dende a A-55 por Amieirolongo, a mellora en diferentes instalación deportivas e pavillóns, obras nos diferentes centros educativos tales como: novas fiestras no CEIP de Atin, arranxo da pista deportiva no CEIP de Petelos, instalación de toldos no CEIP Mestre Martinez Alonso, instalación de novas marquesinas nas paradas de autobús, etc…

Conversaron sobre a importancia de seguir traballando polo fomento do emprego para poder continuar a reducir cada ano a taxa do paro en Mos; e por suposto en materia de turismo seguir a potenciar o Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.

Nesta mesma xuntanza, a delegada achegouse a visitar as dependencias da Asociación de Veciños de Cela, unha das Asociacións con subvención concedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza, a través do Plan específico de acción comunitaria. Son varias as Asociacións que contan con esta línea de subvención, e soamente no que vai de 2020 foron un total de 110.000 € repartidos entre varios colectivos de Mos e que están a ser invertidos en obras tales como; acondicionamento de instalacións, reforma de fiestras, obras de acondicionamento da accesibilidade, melloras eléctricas, compra de mobiliario, etc…

Dende o ano 2016 foron moitas as entidades sociáis que poideron beneficiarse deste tipo de subvencións, entre outras; a Asociación de veciños San Rafael, a Asociación de Veciños Chan do Bosque, a Asociación de vecinos San Mamede de Torroso e Asociación Veciños Santa Baia, Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, Asociación de Veciños de Dornelas, AA.VV. Nosa terra de Pereiras, etc…

A delegada destacou o labor desinteresado das diferentes directivas dos devanditos colectivos, que co seu traballo diario enriquecen o valor cultural dos concellos.

Nidia Árevalo reafirmou as palabras da delegada, añadindo o orgullosa que está do esforzo destes colectivos e agrupacións que traballan por manter vivas as diferentes tradicións culturais e actividades.

Son varias as Asociacións que contan con esta línea de subvencións e que está a ser invertida en obras tales como; acondicionamento de instalacións, reforma de fiestras, obras de acondicionamento da accesibilidade, melloras eléctricas, compra de mobiliario, etc…

Por último, a delegada territorial rematou a sua visita nas instalacións de AEMOS, no Polígono Industrial de Veigadaña, onde xunta directiva e alcaldesa puxérona ao corrente dos proxectos empresarais mais relevantes.

Leyenda urbana

En estos días, lo más fácil sería hablar del coranavirus y alguno, al leer el título, podría pensar que queríamos hablar del mismo y entrar en la dinámica de las teorías conspiranoicas en las que, algunos nombres conocidos de nuestro país de la cultura y otros ámbitos, han querido fomentar, sin que se sepa muy bien el motivo. Hay que ver el daño que tanto unas cosas como las otras están causando a lo largo y ancho de éste planeta y que tan duramente ha golpeado en nuestro país, porque solo hay que ver las cifras para darse cuenta de ello. Pero, de momento, dejaremos ése tema.

Según la wikipedia, una leyenda urbana es un relato perteneciente al folclore contemporánea, se trata de un tipo de leyenda o creencia popular, a veces emparentable con un tipo de superstición, que pese, a contener elementos sobrenaturales o inverosímiles, es presentado como hechos reales sucedidos en la actualidad. Algunas parten de hechos reales pero exagerados y distorsionados con datos ficitios. Ciculan a través del boca a boca, correo electrónico o medios de comunicación como prensa, radio, televisión o internet. Suelen tener como transfondo una moraleja.

Vamos ahora con el asunto. Desde hace muchos años, he escuchado el dicho, la leyenda, de que sobre nuestros pueblos, de vez en cuando sobrevolaban helicópteros o avionetas, muchas veces amparandose en la oscuridad o en días nublados, que descargan ciertas pestes o plagas sobre nuestros campos (cómo si ya tuviéramos poco con las pestes que nos vienen encima de forma natural).

La cuestón que que hace unos días, estando en el campo, una tarde no demasiado soleada y eso que estábamos en agosto, escucho el ruido de una avioneta y cuando levanto la vista hacia el cielo, veo debajo de la misma salía una estela, y lo primero que se me pasó por la mente, fue pensar en algún incendio cercano y que sería un hidroavión soltando agua, pero la verdad, que no se mira humo ni olía a quemado, así que mi vista siguió durante unos segundos más a dicho aparato y pude ver cómo poco a poco la estela se difuminaba hasta dejar de ser apreciable. Todo esto quedaría en una simple anécdota de no ser que poco después, comenzó a hacer un poco de viento y a “llover” del cielo pequeñas partículas, cómo cuando estamos en primavera y vemos el polen que tanto le gusta a los “alérgicos” y claro, uno dice, ¿polen a finales del mes de agosto? ¿trocitos de hojas cuando no estamos en otoño? Así que me preguntó, ¿cambio climático o la leyenda se convierte en realidad? Pues la verdad, no sé que pensar, pero después de lo visto, con que en unos días veamos nacer ciertas hierbas poco habituales en nuestros campos, pues…


Lo que si os puedo asegurar que no es ninguna leyenda urbana, es que nos encanta recomendar buena música y después de unas semanas que las dedicamos a los especiales, pues en esta voltamos a la normalidad proponiendo la escucha de por un lado, el proyecto “DeeperNet” tras el que se encuentra Andrew Miles, un trabajo recomendable par los amantes de la música electrónica potente, de lo mejor en ese estilo que he escuchado en los últimos años, y por otro lado, una fantástica banda sonora a cargo del japonés Kenji Kawai, la de “Ghost In The Shell”, imprescindible. Espero que los disfrutéis.

DeeperNet

The Network

2016

Cuando hablamos del sello americano Spotted Peccary Music lo estamos haciendo de uno de las mejores discográficas en la actualidad de música electrónica y ambient, y cada uno de los trabajos que publican, dentro de los diversos estilos que tratan, así lo demuestra.

‘The Network’ es un disco publicado en el año 2016 por el proyecto DeeperNet, tras el que se encuentra el norteamericano Andrew Miles.

Dividido en ocho cortes, estamos ante uno de los trabajos más potentes y enérgicos que he escuchado últimamente, desde el primer tema, ‘Cracking The Code’ te atrapa en sus sonidos hipnóticos, electrónicos, en ocasiones oscuros, por supuesto techno, pero también ambientales. Los demás temas no se quedan a la zaga y no podemos menospreciar a ninguno, aunque vamos a mencionar también el fantástico ‘Satori’ que lo podríamos encontrar en cualquier pista de baile, ‘The Network’ que le da título al trabajo o ‘Fabrics of the Subconscious’ con el que se cierra.

Si eres un amate de la música electrónica contemporánea, de los ritmos más hipnotizantes que esta te puede aportar o si simplemente te gusta disfrutar de la buena música electrónica, éste trabajo no te va a defraudar.


Kenji Kawai

Ghost In The Shell

1995

Ya hemos hablado en otras ocasiones de este singuar y espectacular compositor japonés llamado Kenji Kawai, y sin lugar a dudas, ‘Ghost In The Shell’ es uno de sus trabajos más conocidos en occidente, porque puso música a una de las mejores películas anime que hemos podido ver por estos lares.

La película, que en algunos aspectos, aunque con sus grandes diferencias, puede recordar al mundo oscuro de Blade Runner, es una película dirigida por Masamune Shirow y que nos surmege en un mundo tecnológico donde la protagonista, la mayor Motoko Kusanagi dirige la Sección 9, especializada en crímenes tecnológicos, siendo ella misma una cyborg.

La banda sonora, está formada por 10 temas más un extra, que es un tema pop japonés. En cada uno de los cortes del disco, nos encontramos con un sonido oscuro e inquietante, unas voces corales que nos surmegen a la perfección en la angustia que a veces nos transmite el directos, en esos momentos de lucha entre el bien y el mal, aunque en ocasiones no se sabe donde empieza uno y donde termina el otro.

Sin lugar a dudas, una de las grandes obras del compositor y que no debe de faltar en una buena colección.

‘Flipa cos contos’ da o pistoletazo de saída á programación de outono do Rosal

0

Os contacontos serán os protagonistas da primeira cita coa programación cultural de outono do Rosal. Este sábado 3 de outubro a compañía Bandullo Azul estará no salón de exposicións con ‘Filipa cos contos’, unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor… e moita participación do público.

Será unha sesión de narración oral a dúas mans, xa que o actor e contador Fran subirá ao escenario acompañado dunha amiga moi especial, un monicreque chamado Filipa. Música, cancións, contos cantados… que se mesturan para ir captando a atención do público familiar e animalos a participar.

O contacontos, pensado para nenos e nenas a partir dos 4 anos, comezará ás 11.00 horas. Para gañar espazo e poder manter as distancias de seguridade entre as persoas asistentes o contacontos muda da biblioteca ao salón de exposición.

‘Filipa cos contos’ é a primeira das actividades de lecer para todos os públicos programadas para este outono no Rosal, unha vintena de propostas moi diversas para os meses de outubro e novembro entre as que hai música, circo, exposición, charlas ou visitas guiadas. Lémbrase por exemplo que xa está aberta a reserva de prazas para o concerto de Ses o vindeiro sábado 10 de outubro (21.00 h) a través desta ligazón da páxina web do Concello ou vía telefónica chamando ao 986 62 50 00 ext. 4 para aquelas persoas que teñan dificultades para acceder de xeito electrónico.

Eva García desminte que vaia dimitir e acusa a EU Son de “alimentar o rumor”

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, desmentiu “rotundamente” que vaia a dimitir como alcaldesa do Porriño e asegura que o rumor é “alimentado de xeito interesado” apuntando directamente ao grupo municipal de EU Son. García de la Torre afirma que “nin o 6 de outubro nin noutra data inminente teño pensado dimitir” ao que engade que rematar o mandato “é idea e o meu compromiso”.

Por outra banda, a alcaldesa criticou “a irresponsabilidade” do grupo municipal EU SON que “chega ao colmo pretendendo votar a favor do pago das facturas a provedores do Concello se eu admitía que dimitiría aínda que dilatase a decisión”.

Para a rexedora local porriñesa estes feitos ñoñen de manifesto “a absoluta irresponsabilidade dese grupo e a despreocupación sobre se as empresas cobran ou as persoas saen prexudicadas”, manifestou.

Eva García advertiu a Eu Son que “se esquezan de pretender cobrarse a dimisión da alcaldesa como se fose unha peza de caza; non vai ocorrer”, rematou.

A Guarda pon en marcha unha ampla e variada programación cultural para o outono

0

O Concello da Guarda vén de presentar unha ampla e variada programación de actividades culturais de cara a este outono e no que o teatro e os eventos deportivos, compartirán cartel con obradoiros, samaín, cantacontos, exposicións ou charlas, entre outras moitas iniciativas.

O programa inclúe ata un total de cinco representacións teatrais que xa se iniciaban, o pasado 26 de setembro con A nena que quería navegar, e a que seguirán Invisibles, O mel non caduca, Rosa Caramelo e Running, representacións que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.

A primeira cita, polo tanto, será mañá 3 de outubro con Invisibles ás 20:00 h no Centro Cultural. Trátase dunha adaptación do libro homónimo da xornalista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

O venres día 16 de outubro continúa a programación de teatro coa obra O mel non caduca ás 21:00 h no Centro Cultural, é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

O sábado 24 de outubro ás 18:00 h é a quenda da obra Rosa Caramelo ás 18:00 h, un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Xa para pechar este ciclo de teatro de outono, o venres 11 de decembro ás 21:00 h o Centro Cultural será o escenario para a representación teatral de Running, onde os 2 actores asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 personaxes entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica ‘sempre Running’ o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

Para todas as representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a [email protected] ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

Día da biblioteca na Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda, pola súa banda, prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

  • Cantacontos’, con Migallas Teatro
    • Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural
    • En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
    • Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.
  • Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez
    • Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.
    • Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.
    • Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade
  • Trémola Teatro. Que animaliño é?
    • Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural
    • Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 “que animaliño é?”, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.
    • Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.

Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Exposición ‘Río Miño-Memorias transfronteirizas’

Na exposición Río Miño-memorias transfronteirizas os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa DEPO, chega á Guarda, entre o 9 e o 20 de outubro na Casa dos Alonso.

Trail do Trega

O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.

Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.

Actividades para festexar o Samaín

A concellería de Cultura programa entre o 20 e o 28 de outubro diversas actividades online para festexar o Samaín con Facemos un trato.

O día 31 terá lugar o espectáculo Contos para caghar patatillas do elenco de Brais das Hortas e dirixido ao público infantil e familiar, no Centro Cultural ás 18:00h.

É preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a [email protected] ou acudindo ata o propio Centro Cultural o luns previo á actividade, en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h de luns a venres. O aforo é limitado.

Máis actividades

  • Charlas de igualdade organizadas pola ANPA CEIP A SANGRIÑA (Cada martes dende o 20 de outubro ata o 17 de novembro) no Centro Cultural.
  • Presentación do libro de Denis Maza “La mística de un grano de arena” (22 e 23 de outubro)

Os casos activos por coronavirus en Galicia descenden respecto a onte e sitúanse en 4.203

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203, deles 904 son da área da Coruña, 526 da de Lugo, 850 da de Ourense, 765 da de Pontevedra, 491 da área de Vigo, 539 da de Santiago, e 128 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 3.960 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.389 persoas curadas, rexistrándose 749 falecementos. O número de PCR realizadas é de 492.648.

Na xornada de onte rexistráronse dous falecementos en centros residenciais: unha persoa usuaria do fogar residencial El Pinar de Culleredo (muller, 90 anos e con patoloxías previas) e unha persoa usuaria da residencia de maiores Nosa Señora do Viso de Lobeira (home, 72 anos e con patoloxías previas).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Colexios oficiais, asociacións de consultorías e empresas únense á Deputación para recuperar o espazo público na provincia

A Deputación de Pontevedra presentou onte aos colexios oficiais e organizacións de consultorías e empresas de enxeñería de Galiza o proxecto Ágora, unha rede de colaboración institucional cos concellos da provincia cuxo obxectivo é a recuperación do espazo público para as persoas fronte ao vehículo privado. O deputado de Mobilidade e Espazos Públicos Uxío Benítez, quixo dar a coñecer a iniciativa de primeira man ao persoal técnico, xa que é e será parte fundamental á hora de deseñar os espazos públicos nas obras executadas polos concellos.

No encontro estiveron presentes, ademais do persoal do departamento provincial de Mobilidade, o decano Enrique Urcola e o secretario Francisco Rosado Corral, do Colexio Oficial de Enxeñeirxs de Camiños; o presidente do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Pontevedra, Pelayo Celso Eyo Valladares, xunto co vogal Ricardo Sobral Casalderrey; Marta Gallego e Javier Sopelana, da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO), e tamén Eva González, do grupo ICEACSA en representación de ACIGA (Asociación de Consultorías e Enxeñerías de Galicia). Por problemas de última hora escusaron a súa ausencia os representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

As e os representantes dos colexios e das asociacións manifestaron a súa intención de total colaboración na iniciativa, que cualificaron como “brillante”, “oportuna” ou “ambiciosa”, tendendo a man para toda actuación en conxunto xa ben no ámbito da formación, do asesoramento ou da redacción de proxectos. Así mesmo, achegaron aportacións sobre as liñas de subvencións que a Deputación dará aos concellos para a redacción de proxectos de obras recuperación do espazo público.

En canto á formación, o deputado Benítez destacou a ausencia que agora mesmo existe na materia, polo que anunciou a creación para o primeiro semestre de 2021 dunha ‘Facultade Ágora’ que permitirá achegar coñecementos sobre o tratamento que debe ter o espazo público e a súa recuperación para as persoas, e que estará destinado tanto a persoal técnico municipal como a políticos locais, “que en moitas ocasións toman decisións nos proxectos que afectan moito no resultado final”.

Benítez lembrou que Ágora nace coa finalidade de recuperar o espazo público nos concellos da provincia de forma notable. Subliñou que o obxectivo é que en 2023 haxa un incremento sostido do espazo destinado aos peóns fronte aos coches. Neste momento, dixo o nacionalista, Ágora ten adheridos 44 concellos, o 75% dos da provincia, habendo gobernos locais que fóra de prazo están solicitando incorporarse. “Hai unha grande aceptación do proxecto Ágora na provincia. Compartimos a sensación de que agora é o momento do proxecto Ágora”, dixo.

Fondos europeos

Benítez aproveitou para destacar que a día de hoxe está sobre a mesa o debate sobre como se van xestionar os 140.000 millóns que o Estado español vai recibir da Unión Europea con motivo da crise da COVID-19, estando xa anunciado que un dos catro eixos sobre os que vai facerse obxectivo de gasto vai ser a economía baixa en carbono e o fomento de políticas de redución do uso do vehículo privado.

“Cremos que hai unha oportunidade aí e temos que estar atentos para que diante da crise da pandemia actual poidamos sacar cousas positivas. Xa hai unha maior sensibilización cara a recuperación do espazo público para as persoas con motivo da COVID-19, e se alén diso sacamos financiamento para facer realidade esa recuperación, pois estamos no camiño, estamos no momento. Temos que estar preparados e tamén os concellos deben ter proxectos preparados, ter unha visión estratéxica do que queren facer no seu concello e as cousas claras”, insistiu o nacionalista.

Pola súa banda, o decano do Colexio de Enxeñeirxs, Enrique Urcola tamén quixo indicar que a nivel técnico cambiaron as prioridades dos usuarios sobre o espazo público: “Antes era prioritario o coche, agora xa é prioritario o peón, que é o dono do espazo público. O uso da estrada está limitado a unha parte das necesidades de mobilidade da poboación, pero o propietario é o peón, e iso témolo agora claro todos os técnicos, que hai que recuperar o espazo público para o peón”.

Urcola, de feito, felicitou á Deputación por poñer en marcha o proxecto Ágora, que definiu como moi interesante, subliñando que “é oportuno e necesario, xa que este é o momento no que hai que realizalo”, instando a outras deputacións a aplicar un modelo semellante.

Novas tecnoloxías, paneis informativos e mellora da sinalización para difundir o patrimonio cultural do rural ponteareán

O Concello de Ponteareas continúa desenvolvendo actuacións encamiñadas a potenciar os bens de interese cultural polos seus valores e como recursos turísticos. Neste sentido veñen de realizarse actuacións de mellora e sinalización interpretativa de seis importantes elementos do patrimonio cutural. Esta iniciativa contou co apoio da Deputación de Pontevedra a través das axudas para rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural e tivo un custe total de 13.833 €.

Co obxectivo de difundir a nosa riqueza e de achegar á veciñanza e aos visitantes información que contribúa a un maior coñecemento do noso patrimonio, o Concello executou este proxecto de dinamización informativa en lingua galega con opción de dispor tamén da mesma en castelán e en inglés a través dunha ferramenta informática innovadora que permite xeolocalizar e contextualizar os bens culturais máis sobranceiros do concello.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, destaca que con esta intervención refórzase a información turística que se achega aos visitantes e explica que “unha aplicación móbil a través dun código Bidi trasládanos á igrexa parroquial de Santa María de Areas ou á de Santa Mariña de Pías, Santo Estevo de Cumiar, San Pedro de Angoares ou Ponte de San Roque e Ponte Vella dos Remedios, ademais de coñecer a orixe da Ponte das Partidas”.

Con esta iniciativa o goberno ponteareán quere reforzar a súa aposta pola dinamización do medio rural “que ofrece novos atractivos á vez que se potencia unha maior sensibilización hacia o coidado e preservación dos recursos e do medio natural e cultural. Ademais, a recuperación do patrimonio cultural e turístico é un dos sectores que se promoven fornecendo este tipo de oportunidade labora” engade Eva Gil.

Salvaterra de Miño adhírese ao Proxecto Horeca de divulgación, formación e fomento da recollida selectiva municipal

O Concello de Salvaterra de Miño vén de asinar a súa adhesión ao denominado ‘Proxecto Horeca’ unha ferramenta de divulgación, formación e fomento da recollida selectiva. A actividade realizase con fondos compartidos entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, e nos que xa participan máis de 100 concellos en Galicia e máis de 2.500 bares e restaurantes, que están potenciando un crecemento importante no contenedor amarelo.

Nestes días, en Salvaterra de Miño, estanse realizando visitas aos establecementos para informar acerca do proxecto e promover a súa incorporación é dicir, captar establecementos que queiran sumarse a iniciativa de Ecoembes e incentivar a reciclaxe.

Ademais, durante as visitas faise un recoñecemento do local coa finalidade de definir os medios que necesitan para a reciclaxe (cubo, papeleira, etc.) e entrégase información en materia de recollida selectiva a través de dípticos e guías de barras.

“Cómpre lembrar que os sectores da hostelería e da restauración xogan un papel importante para seguir incrementando a reciclaxe de envases lixeiros no noso municipio”, lembra a alcaldesa Marta Valcárcel. Precisamente por iso, engade, “a súa colaboración e participación é fundamental á hora de realizar unha correcta separación de envases lixeiros (envases de plástico, briks e envases de aceiro e aluminio)”.

A implicación do sector nesta iniciativa “é primordial para que entre todos sigamos contribuíndo no incremento da reciclaxe de envases lixeiros no municipio e na mellora e conservación do medio ambiente”, conclúe a alcaldesa de Salvaterra de Miño.

Gondomar crea un roteiro botánico para dar a coñecer o seu rico patrimonio vexetal

0

Potenciar a riqueza natural do municipio como un elemento máis de interese de Gondomar e de diversificación dos seus atractivos turísticos é un dos obxectivos desta nova iniciativa coa que se quere dar a coñecer á veciñanza e visitantes o patrimonio vexetal dos parques urbanos da localidade.

A iniciativa servirá para destacar as especies de interese que se atopan no centro urbano do municipio, un percorrido onde se conxugarán o valor de elementos arquitectónicos de Gondomar coas especies arbóreas ou vexetais que se atopan na súa contorna.

O novo roteiro botánico partirá da actual Oficina de Turismo onde un panel inicial marcará o percorrido total que discorre polas principais zonas verdes de Gondomar como poden ser o Parque das Rosas, o Parque das Ánimas ou a Alameda de San Benito, pasando pola Praza Paradela, o parque da Coelleira para finalizar no Antigo Matadoiro.

Ao longo do percorrido estarán sinalados os lugares máis emblemáticos cunhas pequenas placas cun código QR que permitirán coñecer diversos detalles como o seu lugar de orixe das especies elexidas, o seu nome científico, ou as súas principais características.

O novo roteiro botánico de Gondomar é un paso máis na recuperación das zonas verdes e lugares de lecer para os cidadáns, un dos obxectivos que desde un primeiro momento marcouse o goberno de Paco Ferreira apostando pola peonalización no caso urbano seguindo o camiño aberto coa remodelación acometida na Praza Paradela, e a creación de zoas de lecer para o uso e disfrute da veciñanza.

Búscase poñer ao alcance de toda a veciñanza e visitantes espazos, ás veces descoñecidos, achegándolles a correcta integración que se logrou nos últimos anos entre elementos arquitectónicos que definen a identidade do municipio coa variedade vexetal e paisaxística, singulares, en moitas ocasións.
Gondomar, concello adscrito a Vilas en Flor, ostenta xa un galardón desta asociación que recoñece a aqueles pobos e cidades que destacan por “unha actuación real, consciente e a longo prazo en materia de axardinamento, medioambiente e mellora da calidade de vida dos seus habitantes”.

Recepción en Mos a unha promesa da hípica

0

Onte á tarde celebrouse no Pazo de Mos a recepción ao deportista Hugo Vila Malvido de 10 anos, en recoñecemento polo título acadado na copa galega 2020 de salto con poni na categoría de ponis A, onde acadou a medalla de ouro.

A proba foi celebrada os días 10,11 e 12 de setembro no Clube Hípico Cemar de Mondariz, Hugo acudiu acompañado por Jacobo Campos, seu adestrador do clube  hípico JC de Torroso, e os seus pais vecinos da Herville, na parroquia de Cela.

No acto homenaxe  estiveron presentes; Camilo Augusto, tenente alcalde de Mos; Begoña Toucedo, Concelleira de Deportes; membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.

O seu adestrador, Jacobo Campos, define a Hugo como “un neno moi responsable e disciplinado” e está convencido de que “seguirá cultivando títulos”.

Hugo, que cursa sexto de primaria, comezou a montar con tan só 6 anos a raíz de acompañar ao seu padriño Adrian a diferentes roteiros, este foi quen lle inculcou o amor por este deporte e polo mundo do cabalo. Actualmente compite co poni Skype co que prepara a súa próxima competición que terá lugar en Madrid.

O pleno ordinario de setembro aprobou a bonificación do 100% da matrícula do segundo irmá/irmán matriculado na escola infantil

O Concello de Ponteareas celebrou o mércores o seu pleno ordinario do mes de setembro no que o alcalde Xosé Represas deu conta da liquidación de execución do orzamento do segundo trimestre do ano que reflicte a boa saúde e estabilidade orzamentaria que sigue a manter o Concello de Ponteareas dende o saneamento económico realizado nos últimos anos.

Ademais, no pleno aprobouse por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos da escola infantil ao incluirse a bonificación do 100% do custe da matrícula do segundo irmá/irmán matriculado. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, explicou que esta bonifcación se aplicará a totalidade do curso escolar 2020-2021 sendo de aplicación inmediata polo que as familias que teñan máis dun fillo/a matriculado/a estarán exentes do pago desa segunda matriculación.

Verónica Carrera compareceu, a petición do grupo da oposición ACIP e dun pai que falou en nome dalgunhas familias, para explicar que se están a estudar casos puntuais de horarios sempre na procura dunha mellor conciliación laboral e familiar, agradecendo ás familias a súa colaboración porque debido ao plan de continxencia e seguridade sanitada Covid-19 neste curso escolar que vén de comezar será máis complexa a flexibilidade nos horarios de entrada e saída.

No pleno ordinario de onte tamén se aprobou inciciar os expedientes para a bonificación da parte correspondente nos recibos do lixo, auga e saneamento dos negocios obrigados a pechar durante o estado de alarma.

Colisión entre dous coches en Mos

0

No concello pontevedrés de Mos, unha colisión entre dous turismos deixou a dúas persoas feridas nas primeiras horas da mañá de hoxe. O choque produciuse na A-55, á altura do punto quilométrico 9 e os feridos foron encamiñados ao Hospital Álvaro Cunqueiro e ao Hospital de Fátima.

Ás 7:30 horas desta mañá, os xestores do 112 recibiron o aviso dun accidente nas proximidades do Alto de Puxeiros. Foron os propios implicados na colisión os que chamaron para solicitar axuda.

Deste xeito, desde o 112 avisouse de inmediato aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros do Porriño, aos efectivos do Servizo de Emerxencias Municipal da localidade, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén ao servizo de mantemento das estradas.

Saída de vía en Redondela

0

Hoxe unha muller resultou ferida despois de saírse da vía co seu vehículo e precipitarse por un terraplén.

O accidente tivo lugar ás 5:30 horas da madrugada de hoxe cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar do suceso. De acordo co seu relato, a condutora do turismo atopábase liberada e accesible, pero necesitaba asistencia sanitaria ao saírse da vía á altura do número 30 da Estrada do Coto, no concello pontevedrés de Redondela.

Así, desde o 112 pasouse aviso ao equipo de urxencias médicas, aos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

A nova xunta directiva de AEMOS seguirá presidida por Manuel Castro

0

A Asemblea Xeral da Asociación de Empresarios de Mos, que tivo lugar o pasado 30 de setembro no Viveiro Industrial do Polígono da Veigadaña, tivo como punto relevante a elección de nova xunta directiva, renovando cargo o seu presidente, Manuel Castro, quen se comprometeu a seguir traballando polas empresas de Mos, o desenvolvemento económico e o emprego.

Nunha xornada marcada polos protocolos de seguridade contra a Covid-19, con restricións de aforo pero, pola contra, unha notable asistencia telemática, déronse a coñecer as liñas continuistas dos proxectos xa en marcha promovidos pola Asociación. Así, ao labor de intensificación da formación e servizos ofrecidos por esta, déronse a coñecer os dous grandes fitos da Asociación para o próximos catro anos, o proxecto construtivo cualificado como singular das 18 naves modulares do PEMOS 18 xa en fase de selección dos 10 proxectos presentados ao concurso, e a presentación, a través dunha vídeo infografía, do Centro de Negocios que se converterá no centro neurálxico do tecido empresarial de Mos.

Como colofón a esta exitosa xornada, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, clausurou a asemblea xeral por videoconferencia dando a benvida á nova xunta directiva e ofrecendo “diálogo e colaboración para impulsar a competitividade do tecido empresarial de Mos”. Destacou que, “desde o principio da pandemia, o obxectivo do Goberno galego foi estreitar ao máximo o contacto cos axentes económicos e sociais”, e que esta será a liña para seguir no Plan de reactivación económica de Galicia como instrumento para superar a crise actual.

O Plan implica como alicerces fundamentais, segundo apuntou Francisco Conde, para que “a economía creza a longo prazo e que as empresas gañen en competitividade e poidan crear emprego de calidade”, impulsar as novas tecnoloxías e a dixitalización do tecido empresarial, levar a cabo a transición enerxética cara ao mundo das renovables, potenciar a industria 4.0 en sectores como o da automoción, e seguir apoiando o emprendemento dando as maiores facilidades ás empresas que queiran desenvolver novos proxectos.

Redondela celebró un encontro interxeracional virtual para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade

0

O Concello de Redondela, conmemorou onte o Día Internacional das de Idade, e o fixo a través dun encontro interxeracional virtual no que persoas maiores pertencentes aos centros de día do municipio –Lucía de Arela, Enrique do Galeón, Valentina e Domingo de Os Cortizos e Benigno do Centro Residencial de Cesantes– compartiron e intercambiaron experiencias con catro alumnos e alumnas do IES Illa de San Simón: Elena, Antía, Martín e Adrián.

A actividade consistiu, primeiramente, na proxección dun vídeo que se presentou no Centro Cultural de Cedeira, no que a alcaldesa estaba acompañada polo grupo ‘Maiores contaxiando responsabilidade” unha iniciativa do Concello redondelán que busca espallar, a través dos propios maiores, a necesidade de adoptar medidas preventivas fronte á COVID-19. No vídeo proxectado, persoas de idade ofrecían unha visión moi particular da vida, da súa experiencia e da súa propia condición de maiores.

Posteriormente, e xa dende a Casa do Concello, o vídeo proxectouse simultaneamente aos catro centros de día do municipio e aos alumnos e alumnas do IES Illa de San Simón que participaban neste encontro interxeracional virtual. A xornada concluía cun interesante intercambio nos que, os e as maiores, falaban da súa propia experiencia e da visión que tiñan da mocidade actual e, mozos e mozas, expresaban a súa opinión sobre a súa vida como sector máis novo da poboación e sobre a visión que tiñan, como xente nova, das persoas de máis idade.

A importancia desta actividade, que pon en contacto directo ás persoas maiores e á mocidade, era resaltada por Digna Rivas que sinalou que “Redondela precisa avanzar apoiada na experiencia dos nosos maiores e no empuxe da nosa mocidade”.

A alcaldesa asegurou que os nosos maiores, lonxe de ser espectadores, “teñen un cúmulo de experiencias e vivencias que ninguén se pode permitir o luxo de desperdiciar” e esa experiencia, engadiu, “precisa da forza da mocidade para poder aproveitala e seguir sendo útil á sociedade”.

A realidade da COVID-19, unha pandemia coa que tristemente teremos que convivir durante moito tempo, impediu a celebración dun acto presencial de convivencia similar ao que se fixo o pasado ano e que serviu, “tanto a maiores como á mocidade, para establecer unha ponte entre dúas xeracións fundamentais no desenvolvemento social” concluíu a rexedora local.

O Concello de Baiona presenta o ‘BaiOutono’ unha aposta cultural pola desestacionalización do turismo

0

A Casa da Navegación de Baiona acolleu, na mañá de hoxe, a presentación do programa cultural ‘BaiOutono’, unha iniciativa que como adiantara o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, na presentación da marca Baiona e a imaxe ‘Baiona te engancha’, busca ofrecer actividades e iniciativas que permitan unha desestacionalización do turismo.

O programa, presentado polo alcalde de Baiona e pola concelleira de Cultura, Miriam Costas, combinará diversas disciplinas como cine, teatro y música. A maiores, neste mes de outubro, haberá unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica con cinema, documentais, coloquios e exposicións. Ese mesmo mes celebranrase, a maiores, fines de semanas temáticos como Ritmos dá Hispanidade, Sons do Casco (aprazado pola pandemia), Circuíto Teatro Amador,

Ademais do BaiOutono o Concello de Baiona poñerá en marcha outros programas temáticos como o Outubro Diverso ou o Novembro Lila, todo iso baixo a nova imaxe ‘Baiona te engancha’. “Con esta programación pretendemos dinamizar a actividade da Vila. Trátase dunha oferta diversa e unha aposta polo local. Volver máis polos veciños e veciñas xa que entre os nosos habitantes hai moito talento. A nosa intención é ofrecer unha programación cultural durante os 12 meses do ano para o goce da nosa cuidadanía”, destacou o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

Para todo iso montouse un escenario na Praza do Concello, para poder gozar das numerosas actuacións, ademas dunha carpa para o público onde se controlará o aforo e cumprirase con todas as medidas de seguridade.

A concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, destacou a gran acollida que tivo a carpa a pasada fin de semana durante as actuacións. “Priorizaremos sempre a seguridade pero a vida debe continuar. Baiona necesita traer xente aos comercios, á hostalería, por iso fixemos esta programación estable durante o outono”.

Escolas Deportivas

Costas Iriarte, que tamén é a Concelleira de Deportes, tamén presentou no acto as Escolas Deportivas Municipais que comeza hoxe. A concelleira quixo mandar un mesaje de tranquilidade aos proxenitores xa que se van poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias.

O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia. “Queremos que os pais saiban que o deporte é seguro. Desde o departamento de deportes do Concello de Baiona deseñouse un protocolo COVID- 19 para o uso das instalacións deportivas do Pavillón Municipal así como en todos os centros educativos nos que se impartirán as distintas escolas deportivas. O deporte é saúde e os pais poderán mandar con tranquilidade aos seus fillos para practicar as distintas disciplinas deportivas con gran tranquilidade”, sinalou a concelleira de Deportes.

Nigrán conmemora cun grupo de 30 persoas de idade o Día Internacional das Persoas Maiores

0

O Concello de Nigrán conmemorou esta mañá o 1 de Outubro, Día Internacional das Persoas Maiores, cunha pequena andaina desde o CEIP da Cruz ata o novo miradoiro do pericoto de Vilar, en Camos. Así, un grupo de 30 persoas de idade previamente inscritas para cumprir estrictamente o protocolo sanitario puido gozar das abraiantes vistas de toda a comarca ao tempo que degustaba chocolate con rosca, ademais, o Concello os agasallou cun diploma e unha mochila.

O colofón da xornada foi o descubrimento dun monumento de pedra ao carón do propio miradoiro, obra de Gerardo Ferreira ‘Coello’, presidente da Comunidade de Montes de Camos e artífice da idea. Trátase dun penedo natural no que, nunha das súas caras, Ferreira esculpiu en baixo-relieve o mapa de Nigrán coas súas 7 parroquias nomeadas ali mesmo. Unha pequena placa en aceiro situada xusto baixo o mapa reza ‘Aos nosos maiores, mestres de vida’.

“Recentemente estreamos este miradoiro e a propia edil de Maiores, María Mayán, considerou que era o mellor sitio para conmemorar este día que non quixemos deixar pasar; queremos seguir facendo actos para vos pero adaptados á nova realidade, con total seguridade tamén podemos xuntarnos. Aquí podemos gozar da tranquilidade da contorna, observar toda a comarca e pasar xuntos un bo momento”,  sinalou Juan González, alcalde de Nigrán, ante o grupo de participantes, agradecendo especialmente a Gerardo a súa contribución “mediante un monumento que se adaptar perfectamente á contorna”,

O PSOE de Tomiño lamenta que o BNG aprópiese dunha iniciativa socialista sobre o grave problema do Centro de Saúde de Tomiño e Consultorio de Goián

0

O Grupo Municipal Socialista de Tomiño vén de amosar o seu “asombro e estupor” pola posta en marcha, por parte do BNG local, dunha campaña de recollida de firmas para dar solución á grave situación que atravesa o centro de saúde de Tomiño e o Consultorio de Goián no que o persoal vén denunciando agresións verbais por parte de usuarios e usuarias.

A sorpresa do PSOE tomiñés vén dada polo feito de que esa recollida de sinaturas prodúcese logo de que “o pasado xoves 24 de setembro, no decurso do Pleno “non foran quen de presentar ningunha iniciativa ao respecto”. Lembran as e os socialistas de Tomiño que foron as concelleiras socialistas Violeta de Santiago e Mirta Misa as que “unha e outra vez, pleno tras pleno, puxeron enriba da mesa unha batería de medidas a tomar, buscando consensos e coa lealdade institucional que un problema da magnitude e gravidade que temos no noso Centro de Saúde, merece”.

O PSdeG-PSOE cualifica estes feitos de “indignidade política” e aseguran que o Goberno local “está antepoñendo os seus interese partidistas ao benestar da veciñanza” e lembran que as concelleiras socialistas preguntaron pola situación do Centro de Saúde e do Consultorio de Goián o 19 de setembro do 2019, “negándose por parte do Goberno a existencia de ningún problema” e mesmo chegaron a acusar ás e aos socialistas “de estar creando nós o conflicto, polo que non se fixo nada para procurar solucionar o que se nos viña enriba porque, a problemática, témola dende antes da pandemia e nunca se fixo absolutamente nada”.

Lamenta o PSOE de Tomiño que “as nosas propostas sexan arrebatadas e utilizadas partidariamente e non como Corporación Municipal como correspondería, e lamentamos profundamente  que os case 14 anos de goberno, os nacionalistas confundan o que é loitar pola veciñanza cos intereses partidistas”.

A actitude do Goberno local anuncia, asegura o PSdeG-PSOE, “un fin de ciclo” xa que, nestes momentos, engaden, “actúa a bandazos e sin ideas nen iniciativas propias” o que fai preciso “ter que apropiarse do traballo dos demais”. “Con prepotencia, nocturnidade e silencio  non se defende a sanidade”, rematan as e os socialistas tomiñeses que subliñan que a sanidade “deféndese loitando todas xuntas a carón dos veciños e veciñas de Tomiño”.

A Deputación conmemora este sábado o Día Mundial das persoas ostomizadas iluminando de verde o seu Pazo Provincial

A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o Pazo Provincial desde a tarde deste venres 2 de outubro ata a mañá do luns 5, ao abeiro do Día Mundial das persoas ostomizadas que se celebra o sábado. Deste xeito, a institución revalida o seu apoio ao colectivo co que, a través de entidades como ASEII, leva traballando dende xaneiro para dotar de aseos adaptados aos edificios da Deputación.

A través desta iniciativa a institución provincial pretende visibilizar ás persoas ostomizadas co obxectivo de integrar a todas as persoas afectadas e sensibilizar á sociedade das barreiras que teñen que superar a diario. Amais, tamén se quere reivindicar a necesidade de rachar obstáculos para axudar a que as persoas ostomizadas poidan reincorporarse á vida activa. Neste eido, a Deputación de Pontevedra está a traballar da man de ASEII para que no menor prazo de tempo se habiliten aseos adaptados en espazos da institución como o Edificio Administrativo onde xa comezaron as obras, o Museo de Pontevedra ou a Sede provincial de Vigo.

As persoas ostomizadas son aquelas que se someteron a unha ostomía, é dicir, a unha intervención cirúrxica a través da cal se xera un orificio de saída artificial para os desfeitos do organismo na parede abdominal. En total, en España hai máis de 125.000 persoas afectadas, das cales sobre 5.000 son galegas e 2.000 pertencen á provincia de Pontevedra.

O alcalde da Guarda pide ao novo Conselleiro de Sanidade solucións para o seu Centro de Saúde

0

A Guarda a 01 de outubro de 2020. Unha vez máis o alcalde da Guarda denuncia diante da consellería de sanidade a situación precaria dos servizos sanitarios.

No día de hoxe, xoves 1 de outubro, o alcalde dirixiuse por escrito ao novo Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza.

Estes problemas de persoal vense agravados na actualidade pola observación dos protocolos de protección fronte ao COVID-19 e, no caso concreto da Guarda, polo illamento xeográfico que padece ao estar a unha distancia considerable dos hospitais de referencia en Vigo e ter unha comunicación por estrada moi deficiente ata Tui. 

O alcalde aproveitou o escrito para poñer de manifesto a necesidade de reforzar o servizo do PAC dado que en moitas ocasións se queda sen persoal sanitario cando o único equipo de garda ten que saír a atender unha urxencia.

Nigrán arranca este sábado o ‘Mes do Teatro e as Letras Galegas’ coa obra “Empanadilla da casa” de Migallas Teatro

0

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o ‘Mes do Teatro’ al longo de outubro engadindo tamén a conmemoración das Letras Galegas o día 31, nova data designada  pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio en confinamento. En total, haberá tres representacións de teatro os sábados 3, 10 e 24 de outubro e un concerto o 31, todas estas actuacións serán no Auditorio Municipal ás 20:00 horas cun aforo limitado a 54 persoas para manter a distancia de seguridade.

Así, a compañía Migallas Teatro será a encargada de abrir a programación este sábado 3 ás 20:00 horas con ‘Empanadilla da casa’, un espectáculo onde se combina a música ao vivo do álbum “Zaragallada”, de “Banda Migallas” con sketchs humorísticos. As cancións alternan coas interpretacións teatrais nas que se tratan en clave de humor temas moi próximos aos espectadores como o machismo; os comportamentos sociais ; o consumismo; os prexuízos sobre a lingua galega; o fanatismo no deporte; a influencia da TV; o clasismo; a moda e a publicidade; etc.

O sábado 10 será o turno de Axóuxere con ‘A túa tenrura, Molotov’. Nanda Tasende e Alejandro Albaiceta forman o elenco desta obra de Gustavo Ott, que dirixe Alejandro Albaiceta. Esta comedia está protagonizada por unha parella nova. Triunfadores. El, avogado. Ela, presentadora do telexornal. Queren ter fillos. De feito, o están intentando cando de súpeto reciben unha caixa enviada polo FBI con data de… hai doce anos!! O que a caixa contén, cambiará as súas vidas para sempre… ou non.

A programación teatral a pecha o día 24 a compañía de Nigrán Teatro do Ar coa súa obra ‘Lume!’. Unha historia na que a maxia e a realidade entrecrúzanse nunha atmosfera de violencia e amor entre os comuneiros da ficticia vila mariñeira de Neira (podería ser Nigrán, Baiona…) nos anos 20.  ‘Lume’ é unha obra orixinal do director nigranés de Teatro  do  Ar, Pedro Rodríguez Villar, que mestura o teatro coa música. Así, como naqueles espectáculos de cinema mudo a música en directo terá unha gran presenza en momentos da representación (a banda sonora é da compositora de Vilariño Lucía Doval).

Finalmente, o mes remata o 31 co concerto de ‘Xardín Desordenado’ en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, escritor ao que se adica este ano as Letras Galegas (adiouse a data oficial do 17 de Maio ao 31 de Outubro) e do que o grupo musicou os seus poemas para a ocasión.

O Rosal dá o primeiro paso para a remodelación da Praza do Calvario

0

Primeiros pasos para a remodelación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, tres concelleiros, o arquitecto municipal e dous técnicos da área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra pertencentes ao plan Ágora mantiveron este mércores a primeira reunión co equipo da empresa adxudicataria encargada da redacción do proxecto construtivo, básico e de execución para a transformación deste núcleo urbano, Urbin. “É un proxecto que abordamos con moitas ganas e ilusión, porque vai supoñer a unha mellora importante para o municipio. Buscamos transformar o noso concello e recuperar espazos para as persoas, sempre dun xeito ordenado e contemplando todas as variables precisas, como a reordenación do aparcamento”, salienta a rexedora.

Trátase dunha remodelación integral da praza encaixada na estratexia de desenvolvemento integral do núcleo urbano do Rosal, que busca recuperar espazos públicos de calidade para a veciñanza e que servirá de modelo para o resto do municipio. Este encontro foi unha primeira toma de contacto para abordar todas as necesidades que se deben ter en conta á hora da elaboración do proxecto, así como os procedementos a seguir coas autoridades con competencias na Praza do Calvario, a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e Estradas de Galicia.

Agora “quedan 5 meses de intenso traballo por diante” nos que traballar man a man, tamén coa tecido económico e social do municipio, xa que para a elaboración deste proxecto o equipo redactor contará tamén coa veciñanza, á que se lle dará voz a través dun proceso participativo para que sexa a propia sociedade a que opine, faga suxestións… sobre o futuro da praza.

O proxecto de reforma manterá o uso polivalente da praza e da súa contorna, pero cun marcado carácter peonil, servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantido o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais.

A Escola de Cantería inicia o curso con estritas medidas de prevención contra a Covid-19 e as obras completamente rematadas

A Escola de Cantería iniciou hoxe o seu 41º curso nun sinxelo acto que estivo presidido pola deputada Noemí Outeda e no que fixo especial fincapé no obrigado cumprimento do protocolo anticovid19 co obxectivo de desenvolver a actividade docente coas máximas garantías de aquí ata o próximo mes de xuño. Un total de 13 alumnos, catro deles novos, tomaron contacto co profesorado e dispuxéronse a comezar a actividade lectiva.

Outeda reclamou do alumnado un “compromiso total” co cumprimento das normas de prevención, con uso obrigado de máscaras, distancia social e lavado frecuente de mans. O centro, que conta con carteis informativos, dispensadores de hidroxel, alfombras desinfectantes, e rutas de tránsito sinalizadas, fai unha aposta polo ensino presencial ao tratarse dunha formación eminentemente práctica. Remarcou que o protocolo de seguridade debe ser respectado “en todo momento”. Ademais explicou que unha das novidades deste ano é, precisamente, a reorganización dos horarios só na franxa matutina diante da imposibilidade de utilizar o comedor por mor da pandemia.

A deputada destacou a “alta calidade da formación que aquí se ofrece” e reivindicou o papel da Escola de Cantería en obras transcendentes como a restauración do Capitolio de Washington ou a Abadía de Westminster, ademais da construción da Sagrada Familia de Barcelona. Subliñou a capacitación do profesorado e a oportunidade laboral que se ofrece a todos/as os/as alumnos/as que completan os seus estudos. Neste senso, explicou que a Deputación está á espera dunha pronta resposta da Xunta de Galicia para a homologación como Centro de Formación para o Emprego, o que permitirá a expedición de certificados de profesionalidade para o alumnado que remata o primeiro e o segundo ciclo.

Por outra banda, este curso académico é o primeiro tralo remate de tódalas obras de adecuación á normativa sobre seguridade, accesibilidade e contaminación acústica. Unha actuación na que a Deputación de Pontevedra investiu 440.000 euros e que, ademais, fixo posible, 18 anos despois da construción da Escola de Cantería, a regularización urbanística coa obtención da licenza de actividade do Concello de Poio.

Unha vez rematada a presentación oficial, o alumnado percorreu as instalacións para coñecer as novidades e recibir as últimas instrucións antes do comezo das clases. Dos alumnos inscritos este ano hai catro que comezan a súa andaina en Primeiro curso, procedentes de Vigo, Vilagarcía, Soutomaior e Pontevedra. Ademais, o alumno madrileño que o ano pasado comezou a súa formación continúa en Segundo.

A Escola de Cantería naceu no mosteiro de Poio para dar continuidade á formación nun oficio tradicional no que Galicia sempre foi unha referencia. Polas súas aulas e obradoiros teñen pasado destacados profesionais e artistas, entre eles o vallisoletano Rodrigo de la Torre, especializado en restauración monumental e cuxo traballo fíxoo merecente do último premio Richard Driehaus como mellor artesán da pedra de España.

A Xunta destina 120.000 euros en subvecións para promover o talento musical galego a través da producción fonográfica

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións da Xunta para promover o talento musical galego no ámbito da produción fonográfica, unha liña de apoio ao sector nacida en 2019 e que este ano se convoca por segunda vez mantendo a súa dotación de 120.000 euros e como medida incluída no Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da Covid-19.

Poderán beneficiarse destas axudas ata 10 proxectos de edición para primeiros traballos discográficos ou videográficos e outros 10 de consolidación para aqueles artistas que xa teñan debutado no mercado. A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que conteña maioritariamente obra de artistas galegos ou que estean interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), encárgase da xestión deste programa de apoio co obxectivo de favorecer tanto o lanzamento como a consolidación de novas carreiras musicais, de xeito que se impulse a profesionalización do sector, a normalización no uso da lingua galega e o enriquecemento cultural a través da música.

Lanzamento e consolidación de novos artistas

Poderán ser solicitantes as empresas de produción fonográfica con actividade en Galicia que presenten proxectos de artistas que non teñan editado un primeiro álbum ou 10 singles/vídeosingles (modalidade A) ou daqueles que xa conten con este tipo de produtos no mercado, neste caso establecendo como límite catro álbums ou 40 singles/videosingles (modalidade B). O prazo estará aberto desde mañá e ata o 2 de novembro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT402F).

As contías a recibir ascenden a un máximo de 2000 euros para cada un dos 10 proxectos da modalidade A e de 10.000 euros para os da B.

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, a partir da valoración das solicitudes por unha comisión de acordo cuns criterios preestablecidos, entre os que figuran a traxectoria da empresa nos tres anos anteriores, a presenza feminina na produción, o emprego da lingua galega, a proposta de difusión e comercialización, a implicación doutras empresas e/ou profesionais galegos ou a calidade do proxecto.

Na resolución do pasado ano obtiveron subvención por medio desta iniciativa os traballos discográficos de debut Canto das Xacias, de Dequenvessendo, e Chichos y sus Chichas, de Ortiga. Tamén se subvencionou o lanzamento doutros cinco discos de consolidación de carreiras musicais: Unaligned, de Agoraphobia, Cantigas Trashumantes, de Mirian Sandoval, o libro-cd O namorar vai nos ollos, de Pablo Sanmamed, Contrapunto, de Tanxugueiras, e Espabila gallego, de Terbutalina.

A Corporación Municipal do Porriño aprobou apoiar hoxe a manifestación dos traballadores de Maderas Iglesias

Foto de arquivo

Os voceiros e concelleiros dos grupos políticos da corporación local do Porriño acordaron por unanimidade apoiar coa súa presencia a manifestación que hoxe realizarán os traballadores de “Maderas Iglesias”.

A manifestación partiu finalmente ás 11 horas de hoxe (adiouse a hora de saída). Arrincou nas instalacións de “Maderas Iglesias” e rematarou diante da casa consistorial, na praza Arquitecto Antonio Palacios.

O acordo, adoptado no pleno municipal de onte á noite, a raíz dunha moción proposta polo grupo municipal socialista, demanda da Consellería de Economía da Xunta de Galicia que intermedia na procura dunha solución que evite o peche desta empresa con 148 traballadores, na súa meirande parte, mulleres.