10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda pide ao novo Conselleiro de Sanidade solucións para...

    O alcalde da Guarda pide ao novo Conselleiro de Sanidade solucións para o seu Centro de Saúde

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, segue facéndose eco dos problemas de atención primaria que veñen sufrindo os veciños e veciñas no Centro de Saúde da localidade, donde para conseguir ser atendidos teñen que soportar longas esperas e colas pola falta de persoal.

    A Guarda a 01 de outubro de 2020. Unha vez máis o alcalde da Guarda denuncia diante da consellería de sanidade a situación precaria dos servizos sanitarios.

    No día de hoxe, xoves 1 de outubro, o alcalde dirixiuse por escrito ao novo Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza.

    Estes problemas de persoal vense agravados na actualidade pola observación dos protocolos de protección fronte ao COVID-19 e, no caso concreto da Guarda, polo illamento xeográfico que padece ao estar a unha distancia considerable dos hospitais de referencia en Vigo e ter unha comunicación por estrada moi deficiente ata Tui. 

    O alcalde aproveitou o escrito para poñer de manifesto a necesidade de reforzar o servizo do PAC dado que en moitas ocasións se queda sen persoal sanitario cando o único equipo de garda ten que saír a atender unha urxencia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.