Venres, 18 Xullo de 2025

Comezan as obras para a reforma urbana do núcleo de Goián

0

Nos próximos días porase finalmente en marcha unha nova fase das obras de reurbanización do núcleo urbano de Goián, no concello de Tomiño. A execución implicará actuacións no entorno da Praza Pintor Antonio Fernández e nun tramo da Avenida Ordóñez.

A intervención está encadrada dentro do proxecto “Máis Goián”, un proxecto de reconfiguración e recuperación dos espazos públicos que vén impulsando nos últimos anos o Concello de Tomiño, en coordinación con outras administracións públicas. No marco deste proxecto tense actuado na recuperación da carballeira e conectando e ampliando o colexio e a alameda. “O que intentamos é apostar por crear lugares de encontro, recuperando espazos para as persoas fortalecendo e modernizando tamén o núcleo urbano de Goián, da mesma forma que fixemos no Seixo”, declara a alcaldesa, Sandra González.

A finalidade do proxecto é crear un lugar de encontro que sexa o centro neurálxico da vida social de Goián e para iso, a través da reestruturación do espazo público, pretende conectar os equipamentos públicos existentes na vila: a igrexa de San Cristovo, a Aula-Museo Antonio Fernández, o Mercado de Goián, o CEIP Antonio Fernández, a escola infantil, o pavillón, a Escola de Música, o campo de fútbol do Regatiño, o Consultorio Médico ou as vivendas indianas, entre outros. Con isto preténdese facer do núcleo urbano un lugar atraente e seguro para o uso peonil e ciclable, pondo en valor a arquitectura e os elementos patrimoniais existentes e introducindo vexetación que o faga máis humano e agradable.  

O ámbito de actuación será de 7.000 m2, dos cales 2.200 serán zonas verdes e arbóreas, introducindo 115 novas árbores de distintas especies. Tamén está contemplada a demolición de varias naves na contorna da praza para ampliar o espazo público e mellorar as perspectivas da Igrexa de San Cristovo. Aproveitarase a intervención para renovar tamén as instalacións urbanas, mellorando a iluminación, modificando a rede de saneamento, soterrando as canalizacións de telecomunicacións ou dotar as zonas verdes de rego automático, entre outras.

A obra está cofinanciada polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) a través do fondo FEDER de crecemento sostible por un importe total de 999.521,40 euros, adxudicada á empresa Xestión Ambiental de Contratas, SL. O obxectivo das subvencións proporcionadas polo IDAE é apoiar actuacións que fomenten o abandono dos vehículos de combustión, contribuíndo deste xeito a reducir as emisións de CO2. 

Nas próximas semanas está previsto tamén que saia a licitación a o proxecto de creación dunha pista polideportiva e un ‘skate park’ na zona comprendida entre o auditorio e a alameda de Goián. Nas últimas actuacións realizadas habilitáronse preto da contorna do CEIP Pintor Antonio Fernández dous estacionamentos, un de 40 prazas e outro de 30, e preto da carballeira habilitarase proximamente outro con capacidade para 120 vehículos.

Continuan descendendo os casos activos por coronavirus en Galicia, hoxe sitúanse en 8.669

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.669 deles 1.798 son da área da Coruña, 1.097 da de Lugo, 637 da de Ourense, 1.234 da de Pontevedra, 2.260 da área de Vigo, 959 da de Santiago, e 684 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 100 están en UCI, 459 en unidades de hospitalización e 8.110 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 39.674 persoas curadas, rexistrándose 1.146 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 854.141.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Gondomar vístese de morado na semana na que se conmemora o 25 N

0

Gondomar desenvolverá esta semana diversas accións, enmarcadas dentro da programación elaborada desde a Concellería de Iguadade con motivo da celebración do Día internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo día 25 de novembro. A mesma xornada celebrarase o acto central ante o Concello coa lectura de manifesto e un minuto de silencio en memoria das mulleres vítimas da violencia machista, acto que finalizará cunha representación de danza, creada para a ocasión.

Ademais, nesta xornada instalarase o punto de Igualdade no que técnicas do Centro de Información da Muller (CIM) repartirán material específico da campaña de sensibilización en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres como a mellor ferramenta para acabar coa violencia contra as mulleres.

Como en ocasións anteriores búscase a maior implicación da sociedade nesta celebración posto “que é un problema cuxa solución está en mans de todos e todas, na sensibilización das novas xeracións e, da poboación en xeral, ante unha realidade que non se pode negar: a violencia de xénero existe e hai que acabar con ela”, afirma a edil de Igualdade, Nuria Lameiro.

Por esta razón convidouse ao comercio local a sumarse á campaña “En negro contra as violencias”, desenvolta en colaboración coa Deputación Provincial, e que visibiliza con cartelería creada para a ocasión e que lucirán durante toda a semana nos escaparates, a súa loita contra a violencia de xénero.

Por outra banda, hoxe luns 23 poñerase inaugurarase a exposición fotográfica “Defensoras Sementes de Cambio”, que se poderá visitar en dez establecementos que durante un mes converteranse en pequenos museos nos que poder ver os retratos de mulleres defensoras dos dereitos humanos e femininos en países como Honduras, Guatemala ou Salvador. Iniciativa que se desenvolve en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD.

O programa elaborado este ano desde o CIM complétase co desenvolvemento do programa “Contos e Monicreques” nos CEIP do municipio, dirixido ao alumnado de primeiro de primaria nunha aposta pola educación como a mellor ferramenta para acabar con estereotipos instalados na sociedade e lograr a igualdade real entre home e mulleres que poña fin á violencia machista para sempre.

Vinte persoas en situación de desemprego poderán formarse no obradoiro dual ‘Redondela máis que bela’

0

Un total de 20 persoas en situación de desemprego do municipio de Redondela participarán no obradoiro dual ‘Redondela máis que bela’, logo de que a Consellería de Igualdade e Emprego da Xunta de Galicia confirmase a concesión dunha subvención de 346.946 euros para a realización desta iniciativa formativa, importe ao que se engade a achega municipal de 62.500 euros.

‘Redondela máis que bela’ contará con dúas especialidades formativas, Canteiría e Forestal-Xardinería, de dez alumnos/as cadansúa (20 en total). Para poder participar é requisito imprescindible que as persoas estean en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que, como mínimo, teñan formación regrada suficiente para cursar un certificado de profesionalidade de nivel 2 (mínimo ESO ou equivalente).

Segundo adiantou a concelleira de Emprego, María Castro, co alumnado deste obradoiro de emprego poderán levarse a cabo “traballos que, amais de permitirlles acadar unha cualificación profesional, beneficien ao conxunto de cidadanía” xa que realizarán traballos de mellora no Lavadoiro de Laredo de Laredo de Arriba, en Chapela; na contorna do Pavillón Municipal de Deportes de ‘A Marisma’, no Paseo do Pexegueiro e na Finca de Pousadouro.

As persoas interesadas poderán obter máis información no Teléfono 986 402 664, de 9:00 h a 14:00 h e nas oficinas do Servizo Público Emprego de Galicia, de Redondela e Chapela.

A duración do proxecto será de 9 meses as e os participantes terán un contrato para a formación e aprendizaxe e percibirán, polo tanto, o correspondente salario.

“Estas iniciativas –sinalou a alcaldesa Digna Rivas– permiten que as nosas veciñas e veciños en situación de desemprego, poidan contar coas ferramentas que lles permitan unha cualificación profesional e, por tanto, sexa máis doada a súa incorporación ao mundo laboral”.

O Punto de Información Turística de Salvaterra de Miño, con sede no Museo da Ciencia do Viño, asina a adhesión á rede de oficinas “Info Rías Baixas”

O Punto de Información Turística de Salvaterra de Miño, con sede no Castelo de Dona Urraca e Museo da Ciencia do Viño, ven de asinar un acordo de adhesión á rede de oficinas de turismo “INFO RÍAS BAIXAS”.

Este acordo ten como obxectivo o de proporcionar ós puntos de información turísticos e  ás oficinas de turismo da provincia de Pontevedra un servizo de atención de calidade, cunha imaxe unificada e unhas características homoxéneas de servizo de atención, mellorando o grado de satisfacción do visitante.

A fase de información adoita a ser o primeiro contacto real que se ten co destino, sendo este, polo tanto, un momento determinante na valoración dun municipio así coma na medición do grado de satisfacción do visitante. Desta fase de valoración depende lograr a fidelidade do usuario, así coma a divulgación desinteresada dos atractivos turísticos do municipio a terceiros.

Polo tanto, a disposición dun servizo público de información turística ben organizado, de fácil acceso, identificado e con boa imaxe, a través dun sistema de información en rede, resulta, así, fundamental no proceso de modernización das administracións públicas e das actuacións dirixidas directamente ós usuarios turísticos.

Traballar en rede posibilita o ofrecemento dun servizo máis completo, homoxéneo e global de destino posibilitando, ó mesmo tempo, a consecución de datos fiables para a realización dun estudio de perfil dos que visitan a provincia e así poder impulsar as promocións de destino oportunas.

A Deputación de Pontevedra consegue coa posta en marcha desta rede de traballo a execución, coordinación e impulso das accións de promoción e desenvolvemento do, cada vez máis consolidado, destino Rías Baixas.

Á súa vez, o Concello de Salvaterra de Miño, adheríndose á Rede de oficinas de turismo “Info Rías Baixas”, confirma o seu compromiso coa calidade e a súa aposta pola mellora continua.

“Tui, Capital do Camiño Portugués” nova guía da ruta xacobea ao seu paso polo municipio tudense

0

“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu polo municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Trátase dunha guía visual realizada polo artista local Andrés Lamas que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.

Este novo material promocional foi presentado na Oficina de Turismo polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, e o autor Andrés Lamas.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou o singular deste traballo realizado sobre o Camiño Portugués no municipio, destacando amais o feito de ser realizado por un artista tudense, co que se promocionan todas as potencialidades locais dende o patrimonio ás profesionais como neste caso con artistas tudenses.

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, explicou as característica da guía impresa en cartón, pregable e facilmente gardable no peto da que se publicarán 2 mil exemplares que estarán dispoñibles tanto na Oficina de Turismo coma nos albergues e hoteis cando reabran as súas portas. Recolle amais un oco para ser selado ben na propia oficina ou no establecemento hostaleiro onde se aloxe a persoa que realiza o Camiño. Andrés Lamas, que conta cunha longa traxectoria profesional de deseño, explicou o meticuloso traballo realizado cun rotring 0.05 co que debuxo con puntos toda o mapa visual da ruta xacobea tudense, destacando aqueles lugares onde os peregrinos e peregrinas poden ter dúbidas sobre por onde continuar. Pero amais na outra cara da guía recolle algúns dos elementos patrimoniais do camiño  coma a Catedral, a igrexa de San Domingos, o cruceiro de San Bartolomeu ou a ponte romana da Veiga.

Ampliado ata este xoves o prazo para inscribirse no mercado de nadal 2020 na Guarda

0

O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.

Este mercado está destinado a artesáns e produtores coma por exemplo produtos de horta ou alimentación. Tamén pode participar o comercio local e do noso entorno.

Os interesados poden consultar as bases de participación e ter en conta que o prazo para a inscrición foi ampliado ata este xoves día 26 de novembro.

O procedemento é a través do rexistro municipal presentando unha instancia xeral coa indicación de “Mercado de nadal” cos datos de contacto, descrición dos produtos á venda e copia da documentación en vigor.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Nigrán somete a información pública o Plan Especial de Portocelo para adaptar o edificio da Comunidade de Montes de Monteferro

0

O Concello de Nigrán exporá ao público desde hoxe e por un periodo de dous meses o ‘Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de Portocelo’ para a formulación de alegacións. O proxecto elaborado pola Comunidade de Montes de Monteferro e aprobado o 9 de novembro polo goberno local permitirá a reforma do inacabado edificio desta entidade para integralo na paisaxe e adaptado á legalidade, dando marcha atrás a un dos maiores expoñentes do ‘feísmo’ no municipio. Así, suporá, entre outras cousas, rebaixar a súa altura á metade para deixalo nunha soa pranta ou recuperar a rasante orixinal da parcela, integrando toda a propiedade na paisaxe (suma 5.761 metros cadrados). Os pasos a seguir para este fin son similares aos de un Plan Xeral de Ordenación Urbanística, sendo necesaria unha aprobación provisional e definitiva (sempre contando cos informes favorables da Xunta).

“A recuperación e posta en valor medioambiental e urbanística de Monteferro pasa inevitablemente por convertir o histórico edificio da comunidad de Montes nun lugar acorde coa súa contorna, lonxe do feísmo actual que representa, mantendo  ao mesmo tempo o seu necesario uso de centro  centro social, veciñal e medioambiental ao servicio da veciñanza. Desde o Concello celebramos que a comunidade de Montes decidira dar este paso e aí estaremos ao seu carón porque cremos que significa unha oportunidade para por en valor Monteferro”, sinala o alcalde ao respecto.

O edificio obtivo licencia de construción en 1988 con arranxo ás normas subsidiarias vixentes naquel momento, sen embargo, o proxecto orixinal desviouse substancialmente entrando en conflicto coa legalidade e quedando finalmente inconcluso. O proxecto actual, elaborado polo arquitecto Federico Suárez, integra o edificio na paisaxe rebaixando a súa altura a 5 metros e unha soa planta ou devolvendo a rasante da parcela ao seu estado orixina. No terreo crearanse zonas axardinadas na parte central e matogueiras na frontal (sempre empregando especies autóctonas) e haberá espazo de acceso rodado e aparcamento (16 prazas máis 2 adaptadas). As características tipolóxicas e construtivas, cores e acabados será acordes coa paisaxe rural e as construcións da contorna para garantir o mínimo impacto visual e a mínima alternación do relevo natural do terreo.

Finalmente, o novo edificio terá un uso socio-recreativo ao servizo da veciñanza, tendo como obxectivo primordial fomentar o asociacionismo forestal, creando ademais un punto de información e difusión sobre a península de Monteferro (interese arqueolóxico, etnográfico, paisaxístico, medioambiental, etc.).

“É unha oportunidade non só para corrixir despropósitos urbanísticos propios doutras épocas, se non para dotar a Monteferro dun espazo público-comunitario onde por en valor un dos lugares con maiores atractivos do municipio pola súa riqueza natural, paisaxística e etnográfica”, destaca González.

O Concello anuncia limitacións ao tráfico polas obras da rede de calor e de humanización no Centro de Saúde

A Concellería de Mobilidade e Tráfico informa das limitacións ao tráfico rodado que se implementarán desde este luns como consecuencia da execución de varias obras.

Por unha banda, o soterramento da rede de calor con biomasa provocará o corte durante varios días da Avenida de Galicia desde o cruce con Carballos até o entronque co Paseo Matutino. Nese tramo unicamente poderán acceder en vehículo os residentes, usuarios de garaxes e titulares de comercios. Para facilitar a circulación desde o oeste da vila cara a N-120, abrirase ao tráfico o primeiro tramo do Paseo Matutino, peonalizado desde a corentena, e permitirase o xiro á esquerda cara Castañal e N-120. Ademais, pecharase ao tráfico durante alomenos unha semana a rúa Escritor Domínguez Benavides que discorre por diante da Escola Infantil Municipal. Por último, a mesma obra obrigará a reducir a rúa Santa Ana a un único sentido de circulación desde Vidales Tomé en dirección á Praza Maior, alomenos durante unha semana. En consecuencia, mentres se executen as obras e se manteña o sentido único accederase a Santa Ana desde Vidales Tomé e sairase pola Praza Maior.

As obras no complexo deportivo Álvaro Pino e Centro de Saúde tamén conlevan que desde o luns, e durante varios días, se prohiba o acceso desde o Restaurante Ponteareas até o Centro de Saúde. Os vehículos deberán utilizar o acceso desde a estrada de Mondariz, que actualmente é de sentido único, e sairán pola estrada do barrio das Cachadas.

O goberno municipal agradece a comprensión veciñal diante dos inconvintes e incomodidades que todas as obras en espazos públicos inevitabelmente sempre xeneran.

O Porriño solicita melloras estructurais no Albergue de Peregrinos

O Concello do Porriño solicitou á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, unha mellora das deficiencias estruturais que presenta o inmoble do Albergue de Peregrinos. David Alonso, concelleiro de Turismo entrevistouse en Santiago con Ildefonso de la Campa, director da S.A. do Plan Xacobeo.

Alonso Bargiela retornou co compromiso de que a Xunta vai acometer ese arranxo das deficiencias, particularmente graves na xunta de dilatación do inmoble, xa que o executivo do Xacobeo manifestoulle que hai disposición orzamentaria.

Por outra banda, o concelleiro de Turismo trasladoulle a Ildefonso de la Campa que a petición de que a S.A. de Xestión do Xacobeo homologue un percorrido alternativo e complementario ao actual pola rúa San Sebastián para que os peregrinos que chegan ao Porriño o fagan tamén pola rúa Manuel Rodríguez e barrio de San Benito.

Como anécdota, o concelleiro agasallou ao directivo do Xacobeo cunha bola de Pan do Porriño.

Redondela non renunciará ao convenio da Avenida de Mendiño e “xa emitiu a retención de crédito pola cantidade acordada inicialmente”

0

O Concello de Redondela deixou hoxe clara a súa intención inequívoca “de non renunciar” ao convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a remodelación da Avenida Mendiño como se desprende “de todas as actuacións municipais que estiveron sempre encamiñadas a unha resolución satisfactoria desta actuación”, afirma a alcaldesa Digna Rivas, nun escrito dirixido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Entenden os servizos xurídicos do Concello que coa imposición realizada pola AXI –na que lle daba un prazo de quince días para remitir a certificación de crédito necesaria para cofinanciar a obra– se insta ao Concello a “admitir unha proposta de convenio que non se axusta totalmente á normativa vixente” e na que, amais, “non se achegan os cambios propostos, que ademais foran inicialmente aceptados”.

En todo caso, o Concello de Redondela estaría tan interesado na sinatura convenio de colaboración que “xa emitiu a retención de crédito pola cantidade acordada inicialmente” e amosase disposto “a aumentala para este ano 2020 ao 50 % ingresándoo neste mesmo exercicio, sempre que a Xunta poida dispoñer da súa parte de fondos para este ano e inicie a contratación no ano 2020”

Con iso, puntualiza a alcaldesa, “queda patente o interese deste concello por avanzar na sinatura deste convenio e que, en ningún momento, pensa renunciar a el”.

Cómpre lembrar que logo da recepción do primeiro borrador de convenio, o Concello remitiu á Axencia Galega de Infraestruturas –no mes de abril e con constancia da súa recepción na AXI– un informe no que se pedía correccións sobre o importe das achegas do Concello para esta obra xa que sinalábase que “lle corresponderían custos dos servizos municipais de abastecemento e saneamento e co 50 % do importe do alumeado”, pero a maiores, “o convenio engadía a semaforización”. Precisamente no escrito remitido á Xunta sinalábase “que dita semaforización non forma parte dos servizos municipais de prestación mínima”, polo que debería eliminarse dita referencia.

Lembralle a alcaldesa Digna Rivas á AXI, no escrito remitido, que “a tramitación dos expedientes administrativos non se poden basear en hipóteses, senón en documentos administrativos axustados á normativa vixente, que permitan facer a retención de crédito correspondente”.

O escrito da Alcaldía redondelá recalca “o interese de continuar coa tramitación e a sinatura do convenio de colaboración e en ningún caso –insiste– expón a súa renuncia” polo que solicita a AXIa remisión “da proposta definitiva coas porcentaxes e anualidades que resulten da mesma para poder remitir a conformidade e o compromiso de crédito, continuando co espírito de colaboración e cooperación que presidiron a tramitación deste convenio entre a Axencia e este Concello”.

Javier Losada recoñece o papel esencial dos técnicos/as superiores sanitarios na evolución da crise sanitaria

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recoñeceu o papel esencial dos técnicos superiores sanitarios na prevención e loita contra a pandemia do coronavirus, polo seu contacto permanente cos pacientes e pola súas responsabilidades, que desempeñan “día a día” con total compromiso e alto grado de formación.

Javier Losada trasladoulle esta reflexión aos integrantes da xunta directiva de Atessga, asociación que representa a este colectivo en Galicia, cos que mantivo unha reunión por videoconferencia.

Durante o encontro, o delegado recibiu as aportacións deste colectivo ás conclusións sobre sanidade da Comisión para a Reconstrucción Social e Económica tras o Covid-19 do Congreso dos Deputados, comprometéndose a achegalas aos ministerios correspondentes.

O delegado do Goberno amosouse convencido de que esta lexislatura será a que cumpra as demandas de reclasificación profesional dos Técnicos Superiores Sanitarios adecuando a ordenación actual á formación e cualificación real destes profesionais. Javier Losada trasladoulle á xunta directiva a preocupación do Ministerio de Sanidade e do seu titular, Salvador Illa, na procura dunha solución legal a esta demanda que pasa por unha mellora da súa cualificación.

Ademáis, a reunión serviu para poñer en valor o perfil profesional dos técnicos superiores en Administración e Xestión Sanitarias de cara a formar parte dos dipositivos de seguemento e rastrexo na pandemia así como outras propostas a nivel sanitario.

A Deputación destina máis dun millón de euros en recursos a outros catro concellos da provincia entre os que están Baiona e Tui

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe de máis de 1 millón de euros (1.004.268,55), ao abeiro do Plan Concellos, para financiar equipamentos e contratación de persoal en Baiona, Pontecesures, Tui e Lalín. Baiona recibirá máis de 186.000

En concreto, a Deputación destina a Baiona 186.184,55 euros para a mellora da rede de saneamento na zona de Percibilleira. Esta actuación comprende a substitución das redes na rúa Fontiñas e na rúa Percibilleira, nos tramos que na actualidade son de formigón. Amais, tamén se repoñerá a rede de abastecemento naqueles tramos que sexa necesario debido á execución de novas canalizacións e tamén se fará unha reposición do firme que se atopa en mal estado. En total, actuarase nunha superficie total de case 2.900 metros cadrados.

En canto a Tui, a Deputación destina 130.148 € para financiar as melloras na pavimentación, canalización de pluviais e muro de contención do viario entre A Devesa e San Antoniño, en Malvas (Fase I). A finalidade é facilitar o acceso á veciñanza, xa que na actualidade a capa de rodadura atópase en estado irregular, con baches e fisuras. Para darlle solución, executarase unha nova capa de rodadura, limparanse as cunetas e taludes, executarase unha canalización de drenaxe de pluviais, instalaranse pozos de rexistro e farase un muro de contención.

No caso de Pontecesures, recibirá unha achega de 91.058,72 euros para a mellora do andar do semisoto do edificio do concello para locais de uso administrativo (acondicionamento da zona de usos administrativos do Edificio do Concello). A intervención ten por obxecto acondicionar unha zona de aulas existente para mellorar as súas condicións. Deste xeito, executaranse tres despachos individuais con luz natural, adaptarase o aseo, executaranse dúas salas separadas por un tabique móbil, tamén o trasdosado no interior da fachada, e instalarase climatización, electricidade e saneamento.

Por último, o goberno provincial aprobou para Lalín tres achegas por un total de 596.876,86 euros. En concreto, 94.778,07 euros financiarán o abastecemento de Palmaz e Casares, para dotar de auga potable a estes núcleos así como unha actuación puntual en Bergazos. Doutra banda, 189.600 euros financiarán a pavimentación de viarios en Anzo, Meixome, Prado e nos camiños ao Depósito de Auga novo, Torguedo-Catasós, Vilamaior-Botos, Pena-Donsión, no entronque en Ansean, no camiño en Xar, no camiño en Carragoso, no acceso a Cáceme, no acceso a Rodis, no Val do Carrio-Igrexa, na pista de Rielo, na de Ois Grande, na de Vila Santiso, na de Brántega a Cruceiro, no acceso a Viñoa, na estrada en Muíños-Vilanova e en Meixomin, e na pista de Vales-Gresande. E, amais, enmarcado na liña 3 de emprego, Lalín recibe 312.498,79 euros cos que poderá financiar a contratación de 35 persoas traballadoras.

Zona Franca creará un Centro de Emprendemento en Redondela “do que sairán grandes proxectos que contribuirán á xeración de emprego”

0

Redondela contará cun Centro de Emprendemento que impulsará o desenvolvemento económico, industrial e empresarial do municipio e do que “sairán grandes proxectos que contribuirán a xeración de emprego”, asegurou o delegado do Estado para o Consorcio da Zona Franca de Vigo, que esta mañá visitou Redondela para, xunto a alcaldesa Digna Rivas, dar a coñecer o investimento de máis de 670.000 euros recollido nos Orzamentos Xerais do Estado.

David Regades asegurou con rotundidade que a puxanza que ten Redondela como cuarta cidade da provincia, “ten que ter o respaldo firme da Zona Franca de Vigo que, xunto coa de Barcelona, é a máis importante de España”.

Segundo o cronograma dado a coñecer polo delegado do Estado para a Zona Franca, no mes de decembro o Comité Executivo do consorcio aprobará o concurso público para buscar un edificio no casco urbano de Redondela e a súa compra, por Zona Franca, para creación centro de empresas, economía e emprendemento.

Unha vez comprado o edificio procederáse á reforma do mesmo. “Se todo vai segundo o planificado –explicou Regades– teríamos o edificio en propiedade no primeiro semestre do ano que ven e estariamos en condicións de adxudicar a obra do edificio no segundo semestre” unha vez redactado o proxecto, en consenso co Concello de Redondela, para as súa transformación neste centro de negocios e aceleradora de empresas.

“Hai menos de dous anos, –lembraba David Regades– nunha reunión coa Asociación de Empresarios e sendo Digna Rivas candidata a alcaldía, dixen que se Digna acadaba a alcaldía, a Zona Franca envorcaríase coa cuarta cidade da provincia. Hoxe cumprimos ese compromiso”.

Tanto o delegado de Zona Franca como a alcaldesa de Redondela, amosaron o seu convencemento de que do Centro de Negocios “será á ferramenta necesaria para a creaciónk de emprego”. Agora máis que nunca, insistiu Regades, “as administracións temos que poñer todos os nosos recursos e mecanismos para apoiar a xeración de emprego, a economía e manter e estabilizar un salario en cada un dos fogares”.

Digna Rivas, logo de dar as grazas a David Regades “que unha vez máis demostra que cumpre todos e cada un dos compromisos que adquire”, sinalou a importancia desta iniciativa “que marcará un antes e un despois para o desenvolvemento económico do municipio”.

“A Zona Franca e como , ben sinalou David Regades, unha das ferramentas máis importantes –senón a máis importante– que ten o noroeste peninsular para o desenvolvemento economómico e Redondela, agora, poderá contar con esa axuda para o despegue da súa economía, a mellora da competitividade das súas empresas e a xeración de emprego”, apuntou Rivas.

A rexedora local expresou tamén a súa satisfacción por ver cumprida “unha dos proxectos que, dende a miña chegada á alcaldía, foi unha prioridade: dar un espazo para que emprendedoras e emprendedores puideran desenvolver os seus proxectos e que fora un elemento de dinamización económica e empresarial”.

“O tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar –afirmou Digna Rivas– e cando nos falamos de traballar pola gratuidade de Rande, ou fomentar o emprego e apoiar ás nosas empresas e persoas emprendedores, o facemos como se debe facer, con traballo, sen grandes alardes e conseguindo que sexan compromisos firmes publicados no BOE”

Outros, rematou a alcaldesa de Redondela, “prefiren infografías, e visitas institucionais cheas de promesas baleiras e palabras ao aire” e mentres “ignorar descaradamente necesidades urxentes da veciñanza, como o caso da seguridade viaria de Angorén e Cesantes, que logo de décadas de protestas, ven agora solucionadas por este Goberno en pouco máis dun ano”.

¡Culpables!

Cuando estoy escribiendo estas letras, en nuestra tierra todavía siguen vigentes las restricciones provocadas por la pandemia del Covid. Las mismas que provocan que ciertas localidades estén confinadas sin que la población pueda salir o entrar de ellas, salvo por causas justificadas, y que los negocios de restauración sigan cerrados al público salvo para servicios de recogida o entrega a domicilio. Lo curioso es que los casos siguen sin reducirse, bueno que en quince días se verán los efectos de las mismas y que los ejemplos de Ourense y Santiago son la referencia ya que son las dos grandes ciudades que llevan más tiempo con las restricciones, ¿pero verdaderamente son los culpables?

Cerca de dónde resido habitualmente, hay un foco de infección del Covid, perdón, quería decir una cafetería, donde la mayor parte de la gente que para en la misma a tomar algo, lo hace en las mesas que tiene en la terraza, ya que el interior es bastante pequeño. Así que la clientela está al aire libre y con las mesas separadas. Me pregunto, ¿es más peligroso tomar ahí un café o comer algo en este lugar, que estar en un centro comercial con cientos de personas, en el centro de trabajo habitual con lugares cerrados o en una iglesia?  Pues sinceramente, tengo la sensación de que no. Pero claro, los centros comerciales mueven mucho dinero, en casi todos ellos está alguna de las marcas del señor Amancio Ortega, los centros de trabajo no se pueden cerrar (aunque si exigir más medidas de seguridad) y las iglesias, que vamos a decir de las mismas.

Con estas palabras, no quiero defender a los locales de ocio por defenderlos, sino que hay muchas situaciones de riesgo, muchos lugares en los que por desgracia nos podemos contagiar y no solamente los locales de restauración. Si hay unos culpables son, en primer lugar, los que han creado el dichoso virus o sino lo han creado, los que han provocado que llegara de la naturaleza a la humanidad; pero en segundo lugar, son todas aquellas personas que pese a todas las advertencias de los especialistas y de los sanitarios, no han hecho caso y han utilizado las mascarillas para cualquier cosa menos para protegerse a ellos mismos y a los demás. Aquellos que no han guardado las distancias de seguridad, que han realizado fiestas nocturnas sin control alguno y que no han puesto las medidas necesarias para garantizar la seguridad de los empleados. Todos esos, son los verdaderos culpables y la única solución para poner freno a esta situación es que todos seamos consecuentes con nuestros actos y pongamos todas las medidas necesarias para intentar protegernos a nosotros mismos y a todos los que nos rodean. Nuestra vida y la de todos nuestros seres queridos, está en juego, esto no es una broma.


Lo que si somos culpables, es de intentar llevar todo esta situación con buena música, así que esta semana os vamos a recomendar, por un lado, todo un clásico cómo el gran Steve Roach y su trabajo ‘Shadow Of Time‘, cómo de costumbre, para paladares exquisitos y por otro lado, toda una sorpresa, un proyecto de gallego llamada Koroiev, un disco para viajar con la mente. Espero que los disfrutéis y por favor, sean todos muy cuidadosos.

Steve Roach

Shadow Of Time

2016

Steve Roach es un compositor de sobra conocido por nuestros seguidores, pero no nos podemos cansar de escuchar sus trabajos.

“Shadow Of Time” es un disco publicado en el año 2016, y en su versión digital alcanza las dos horas de duracción ya que nos encontramos, que está dividido en tres temas, pero uno de ellos, el segundo en concreto, “Night Ascends” tiene casi 80 minutos de duracción.

En palabras del propio compositor, “Shadow Of Time” es una metáfora de muchas cosas, habla sobre su obsesión con el tiempo, con la meditación, incluso con las sombras en su propio vida.

En nuestas palabras, “Shadow Of Time” es una introspección en la mente y en la vida del compositor, un hombre que con sus comienzos en la música electrónica del estilo Berlín, poco a poco, fue capaz de crear su propio estilo, el de la música cavernosa y en trabajos cómo éste, lo que hace es introducirse más aún si cabe en la oscuridad de las profundidades, con temas como ése “Nighst Ascendes” que durante casi ochenta minutos nos sumerge en la sombra del tiempo, en ese lugar oscuro, pero cómo en la imagen de la portada, podemos ver una luz al final del túnel, o quizás no, quizás nos sigamos adentrando más en la oscuridad, ¿quién sabe? Primero hay que escuchar éste disco, después…


Koroiev

Valverde

2019

Rebuscando por el mundo musical, en ocasiones se lleva uno sorpresas, mejor dicho, muy gratas sorpresas y es que de manera casi casual, me encontré con ésta obra, de un proyecto de mi tierra Galicia llamado ‘Koroiev’ tras el cual se encuentra Roberto Casteleiro y éste Valverde, es su tercer trabajo.

‘Valverde’ llega publicado por el sello Ferrolano ‘Ferror Records’, una discográfica nacida con un claro propósito y es el de dar salida a propuestas musicales y culturales diferentes.

‘Valverde’ es la tercera parte de las aventuras de Kostia Bogomov, y en palabras del propio compositor “Valverde está basado en las leyendas de las ciudades inundadas que se reptien por todos Europa. Valverde, Antioquía o Lucerna son los nombres que reciben en la mayoría de las ocasiones”.

Sin entraren profundidades ni valoraciones musicales, tengo que decir que éste trabajo me ha sorprendido y mucho. Por una parte, el poder decir que en Galicia alguien se ha atraveido a publicar un álbum así, diferente, que se sale de lo convencional, porque en ésta disco, además de la historia que nos cuenta el compositor y en la cual nos adentramos a medida que vamos caminando por la obra, estamos ante un trabajo que mezcla a la perfección la música electrónica, ambiental en ocasiones, experimental en otras, con ciertos toques progresivos e incluso folk.

Temas que nos sumergen en las profundidades y en las entrañas de esas ciudades, un disco para soñar y viajar al mismo tiempo, un verdadero placer musical.

Activistas de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua, na segunda edición de ‘Defensoras de Dereitos’

As mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Mesoamérica, a rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da II edición de ‘Defensoras de Dereitos’ que empezou a andar onte en Pontevedra. As súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres, das comunidades indíxenas… son o fío condutor desta iniciativa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.

Hoxe, coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, de deputadas e deputados do goberno provincial, da portavoz da Coordinadora, María Gutiérrez e da presidenta da Asociación de Comerciantes das Galerías Oliva, Pilar González, inaugurouse ‘#Defensoras Semillas de Cambio’, unha exposición fotográfica que recolle os retratos e as historias de vida e acción política de 15 mulleres defensoras de dereitos Humanos de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua. As fotografías, ademais de atoparse nos escaparates de 10 comercios de Pontevedra tamén se poderán visitar en Gondomar e A Estrada. O obxectivo é achegar as historias persoais e colectivas das activistas ao máximo de persoas no actual contexto. A mostra é unha adaptación da campaña de IM-Defensoras que homenaxea as máis de 2.000 defensoras articuladas en Mesoamérica arredor desta organización. Estudantes, xornalistas, labregas, académicas, sindicalistas, mestras, tecedoras, artistas…

Na inauguración da exposición, Carmela Silva lembrou que “para nós, as mulleres do mundo desenvolvido, defender os nosos dereitos é unha loita diaria pero temos un sistema democrático que nos permite rebelarnos. Pero hai mulleres sen ningún instrumento normativo co que poidan defenderse das violencias”. A presidenta provincial dixo que “moitas veces me din que me indigno demasiado. ¿Como non vou a indignarme?, preguntou recordando que, segundo a ONU, no 2019 243 millóns de nenas e mulleres sufriron violencias. “Eu indígnome. ¿De que cambio de paradigma falamos se nós non estamos?. Queremos construír outro mundo e transformalo e sen as mulleres non se poderá facer”

Carmela Silva: ¿De que cambio de paradigma falamos se nós non estamos?. Queremos construír outro mundo e sen as mulleres non se poderá facer”

A presidenta, que agradeceu a valentía da Coordinadora “por poñer voz a tantas mulleres silenciadas”, tamén enxalzou a labor do comercio local “pola súa resistencia nestes tempos de pandemia”. “O comercio de proximidade é fundamental, porque constrúe outro mundo, permite menos ataques ao medio ambiente, defende salarios e condicións laborais dignas. Eu súmome, dixo, ás voces de mulleres como as alcaldesa de París e Barcelona en defensa do comercio local porque permite sociedades máis xustas e unha economía diferente”.

[su_image_carousel source=”media: 25701,25697,25698″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As consecuencias da pandemia nas vidas das defensoras

A irrupción da pandemia e a resposta que están a dar os gobernos de Mesoamérica está a impactar enormemente sobre as vidas e o labor das activistas. “A pesar de que o coronavirus agravou a crise de dereitos humanos e a violencia estrutural que vive Mesoamérica desde hai séculos, os gobernos non consideran esencial o traballo das defensoras”, din dende IM-Defensoras. Dende marzo, 8 de cada 10 defensoras víronse obrigadas a confinarse e a suspender a súa actividade de acompañamento presencial ás compañeiras e comunidades coas que traballan. Ademais, o risco de sufrir violencia aumentou significativamente. Entre marzo e novembro de 2020, as alertas recibidas por IM-Defensoras incrementáronse un 123% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se en 2019 foron 61, en 2020 chegan ás 136. Medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización. Dende marzo, 10 defensoras mesoamericanas foron asasinadas.

Historias en forma de libro

Para dar a coñecer o risco que supón o traballo como defensoras de dereitos humanos e sensibilizar sobre as causas e consecuencias das situacións de desigualdade e pobreza que afectan ás súas vidas e aos países e comunidades onde viven, publicaranse tres libros dirixidos a público xuvenil. Neles, contaranse as historia de vida e activismo de tres defensoras de Honduras, México e Guatemala. Os tres libros estarán escritos pola marinense Lara Dopazo Ruibal, gañadora en 2020 do Premio Literario Illa Nova de Narrativa da Editorial Galaxia, e ilustrados pola deseñadora gráfica, Marta Conde.

As protagonistas dos libros

Miriam Suazo (Honduras).
Conta cunha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.

Estela Ángeles Mondragón (México).
Defensora dos dereitos territoriais do pobo rarámuri, comunidade indíxena do norte do país, durante más de dúas décadas.

María Magdalena Cuc Choc (Guatemala).
Defensora do territorio e dos dereitos das mulleres indíxenas maya q’eqchi’. Apoia ás mulleres superviventes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas esrtractivistas e de monocultivo.

O 9 de decembro, organizarase un encontro online coas tres protagonistas dos libros para coñecer de primeira man a realidade e os principais problemas que afectan aos seus países e comunidades e a persecución e violencia que sofren por dedicar a súa vida a defender os dereitos humanos. O 17 de decembro terá lugar en Pontevedra a presentación do primeiro libro, protagonizado por Miriam Suazo.

IM-Defensoras

A Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras) foi creada en 2010 como unha articulación de organizacións e redes de cinco países: El Salvador, Guatemala, Honduras, México e Nicaragua. Os seus obxectivos, ámbitos de acción e dinámicas son diversos e danse nun contexto de violencia que enfrontan as defensoras de dereitos humanos polo seu labor e que se realiza en condicións de inseguridade e desigualdade. Traballan desde o recoñecemento da diversidade e xerando estratexias de protección feminista para potenciar colectivamente a sustentabilidade da defensa dos dereitos humanos en Mesoamérica e seguridade, benestar, liderado e autonomía das activistas. Actualmente, hai máis de 2.000 mulleres articuladas arredor de IM-Defensoras.

Aberto o prazo para a renovación e solicitude de postos de venda ambulante en Ponteareas

Até o día 15 de decembro permanecerá aberto o prazo para a renovación das autorizacións de venda ambulante en feiras e mercados de Ponteareas. Dentro dese mesmo prazo poderanse realizar as solicitudes para obter a autorización para a adxudicación dos postos que queden vacantes.

Os formularios para realizar as solicitudes así como a información cos requisitos a cumprir para obter a renovación ou unha nova autorización están dispoñibeis na páxina web do Concello http://ponteareas.gal/tramites-e-impresos/venda-ambulante/  ou na Oficina de Atención e Información Cidadá situada na planta baixa do Concello.

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, informou que o executivo local ten ultimada unha nova ordenanza de venda ambulante que suporá unha mellora na súa regulación e unha simplificación dos trámites a realizar. A previsión do goberno local é aprobala durante o primeiro trimestre de 2021 e reforzar os labores de inspección e control da actividade durante o vindeiro ano para evitar infraccións e competencia desleal.

Na actualidade o concello oferta preto de 150 postos de venda ambulante nos mercados e feiras dos sábados e días 14 de cada mes, que abranguen produtos que van desde a alimentación ou plantas até calzado, téxtil ou complementos.

Nos últimos meses, como consecuencia da crise sanitaria e de obras como as da humanización da Praza de Bugallal, unha parte importante dos postos foron recolocados provisionalmente nas rúas Concha Brey, A Estrada, Morales Hidalgo e Fernández Vega. Nestes intres, e desde hai varias semanas, a venda ambulante está suspendida, agás para os produtos de alimentación e agrícolas, pola elevada incidencia de contaxios de Covid19 na localidade e á espera de que a situación mellore.

Ignacio Vidal Portabales, «Lara e Sabela»

Regreso á narrativa de Ignacio Vidal Portabales cun relato peculiar, que chega a nós baixo o paraugas do premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. E digo que é peculiar pola maneira que o autor ten de conxugar unha historia que ben podería pasar por realista, con abundantes doses de delirio e unha profunda reflexión sobre os sentimentos individuais. O resultado final é divertido e ameno, pero non lixeiro.

Para poñernos en situación, diremos que a novela está relatada en primeira persoa por unha das súas protagonistas, Sabela, propietaria dunha galería de arte. Sabela está profundamente namorada de Lara, unhas das artistas que expoñen na súa galería e que ignora por completo os sentimentos da relatora. O pasamento do marido de Lara e unha inquietante encarga que lle chega en forma de sorprendente misiva póstuma, poñen en marcha unha trama que se centra no achegamento das dúas mulleres e na nova relación que se establece entre ambas. A viúva, aínda confusa pola carta; a galerista, á espreita do momento no que facer valer as súas ensoñacións.

O autor escolle a relación lésbica como leit motiv da novela pero, no fondo, é outra historia de amor que ben podería estar protagonizada por calquera outro tipo de parella. Quero dicir con isto que non se sitúa o foco nese tipo de relación, senón nos sentimentos que a provocan. Sabela, aparentemente arroutada e decidida, troca a súa personalidade diante da delicadeza e a donosura de Lara sentíndose irremediablemente inducida a non facer nada que poida poñer en perigo o éxito da súa encomenda, chegando desta menrias a vivir situacións realmente enfermizas que afondan nese delirio do que falabamos máis arriba.

Na trama aparecen tamén un avogado sobre o que descansa a encarga do marido morto de Lara, e un grupo de monxas dunha congregación, veciñas da narradora. Se a primeira destas personaxes resulta ser unha parodia un tanto grotesca dun profesional da avogacía, o grupo de monxas, incluída a superiora, rozan o desvarío dando lugar a momentos certamente divertidos que desbaratan a progresión da historia antes de recompoñela de novo. Transitamos así por un camiño irregular que nos conduce entre o sentimentalismo e a gargallada e nos anima a adentrarnos cada vez máis entre as súas páxinas.

Sorprende, iso si, a superficialidade coa que está debuxada a personaxe de Lara, xa que, no fondo, é sobre quen descansa boa parte do peso do relato. Sabela limítase a adorala con vehemencia e a exacerbar o seu aspecto físico e algún que outro rasgo da súa personalidade, pero mantense sempre nunha distancia prudente sen ofrecer máis pistas ao lector, coma se o autor quixese que cada quen a debuxase ao seu xeito. Máis claro queda o bosquexo de Sabela da que, como relatora, coñeceremos en profundidade todos os seus pensamentos e motivacións.

Ignacio Vidal Portabales

Lara e Sabela

Xerais

Os 44 balóns do CB Nigrán para as 44 asasinadas pola violencia machista, tristemente… demasiados balóns

0

 O CB Nigrán, dende hai tempo, visibiliza con balóns a barbarie da violencia machista. Un balón por cada muller, neno ou nena asasinadas, un balón por cada rapaz ou rapaza orfa, un balón por cada muller que quixo fuxir dun inferno e non o conseguiu. Os 44 balóns do CB Nigrán son 44 testemuñas do horror e 44 xeitos de sacar as cores a unha sociedade que, as veces toma o camiño máis fácil: mirar para outro lado ou cambiar de canal.

Un ano mais, o club nigranés buscou a complicidade de persoeiros e persoeras destacadas en diferentes ámbitos pero todos e todas co mesmo compromiso e o mesmo obxectivo: poñer freo ao que é unha atrocidad na que non hai nin términos medios, nin caben posturas ambiguas: ou se é parte da solución, ou se é parte do problema. Non existen, neste asunto, zonas grises.

O dúo Cómplices, o actor Pepo Suevos, a ex xogadora profesional de baloncesto Marta Fernández (irmá de Rudy), a escritora Isabel Blanco, o Club Ourense Baloncesto, o Club Baloncesto Breogán e Porta XI Ensino de Lugo, a presentadora Sara Rodríguez, entre outros, amais dos propios xogadores e xogadoras e corpo técnico do club tiveron nas mans un balón, a testemuña muda e o berro silencioso das mulleres, nenos e nenas asasinados neste 2020.

Ninguén dubidou en colaborar nesta homenaxe e do Club Baloncesto Nigrán que, con iniciativas como estas, contribúe a que os rapaces e rapazas das distintas categorías que forman o CB Nigrán, ‘empápense’ en valores como a igualdade, a solidariedade e o respecto que son a mellor ferramenta para erradicar esta lacra social. Un rapaz que asume estes valores dende pequeno, non só os aplicará na súa vida adulta, senón que os transmitirá aos seus.

[su_image_carousel source=”media: 25675,25677,25680,25684,25683,25681,25678,25685,25679,25676″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Hai días diciamos que, á hora de reinventarse, o CB Nigrán apañábase moi ben. De feito, tiveron que facelo unha vez máis xa que as actuais circunstancias que estamos a vivir pola pandemia da COVID-19, concidionan o desenvolvemento de calquera actividade e, para o Club, a seguridade dos seus xogadores, xogadoras e corpo técnico, está por enriba de calquera outra consideración. Así que, a diferencia de anos anteriores, na foto final non puideron participar nin xogadores e xogadoras nin as súas familias.

Un total de 44 balóns, debuxaban ao final un gran lazo na pista do Pavillón Municipal de Deportes de Panxón para poñer fin a un video a través do que o CB Nigrán busca concienciar á sociedade “sobre esta lacra social que non cesa no seu goteo de vítimas e que sirva como un pequeno gran de area na loita contra a violencia machista”.

Gondomar solicita á Xunta a adecuación dos seus caminos á lei de incendios

0

O Concello de Gondomar presentou ante a Xunta de Galicia unha solicitude para adecuar caminos e pistas municipais á lei de prevención e defensa contra os incendios forestais e garantir a súa limpeza atendendo as medidas de seguridade establecidas para previr a propagación dos lumes.

Concretamente dende a Concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica seleccionáronse un total de 21 camiños, que suman entorno aos 10 quilómetros de terreo abranguendo prácticamente todas as parroquias do municipio.

A elección destes camiños atenden a criterios de seguridade e de creación de faixas de descontinuidade na biomasa vexetal con fin de protexer os núcleos de pobación. Ademáis va loráronse aquelas zonas nas que a continui dade da masa arbórea era perigosa en caso de lumes forestais.

Esta petición tramítase ao amparo do convenio entre Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA (Servicios Agrarios Gallegos S.A) e que contempla a preparación de camiños municipais e a limpeza subisidiaria da súa superficie incluída na rede terciaria de faixa de xestión de biomasa.

O Concello de Ponteareas xestiona ante a Xunta melloras para a espera exterior no centro de saúde

A concelleira de Saúde do Concello de Ponteareas, a tenenta de alcalde Cristina Fdez. Davila, tramitou ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a solicitude de mellora do espazo exterior do centro de saúde ponteareán.

O obxectivo, segundo indicou a concelleira, é posibilitar unhas condicións dignas para as persoas usuarias, que con distancia interpersoal agardan á intemperie a súa quenda na franxa horaria na que se concentran as citas para as analíticas de sangue e as probas de Sintrom.

“O empeoramento das condicións meteorolóxicas nestas alturas do ano, sumado a que maioritariamente este sector da poboación pertence a grupos vulnerábeis e de risco sanitario, fai fundamental a adopción inmediata de medidas para que as persoas usuarias agarden a súa quenda nun espazo cuberto”, sinalou Fernández Davila.

A concelleira nacionalista corroborou esta necesidade cos propios usuarios e usuarias,  e trasladou a solicitude á Consellería de Sanidade da Xunta e á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, que recoñeceu a necesidade de tomar medidas. “As administracións debemos velar pola saúde da nosa veciñanza, polo que pedimos a maior celeridade á Xunta para abordar este asunto”.

Comercio abre o prazo para renovar as licenzas do mercado ambulante de Gondomar

0

O Concello de Godomar, a través da súa Concellería de Comercio, abriu o prazo de renovación das licenzas para os postos no mercado ambulante que se celebra no concello todos os martes. Os interesados terán ata o próximo 7 de decembro para presentar a solicitude de renovación e abonar as taxas correspondentes.

Ademais, ante a constancia de xente interesada en participar no mercadillo de Gondomar, e que actualmente non instalan nel os seus postos, tamén se poderán presentar neste prazo novas solicitudes para lograr unha ubicación na feria. En ambos os dous casos os impresos poderán retirarse na páxina web do concello (www.concellodegondomar.gal) e presentalas no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

Na actualidade un total de 33 postos conforman o mercado de venda ambulante que reanudou a súa actividade o pasado 4 de agosto, tras redactarse e modernizarse a ordenanza que regulaba a súa volta á actividade. Esta volta a actividade fíxose xa na actual localización, a chaira de As Cercas, que permite celebrar a feira semanal sen eliminar ningunha praza de aparcamento, tal e como si ocorría na Praza de Rosalía, espazo no que se celebrou os últimos anos.

A Xunta abriu esta semana o prazo para solicitar as axudas destinadas a autónomos par afrontar a crise sanitaria

As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o mércores a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, que inclúe tres programas diferentes: o dirixido a autónomos; a microempresas e autónomos con persoal a cargo; e aos establecementos hostaleiros situados nalgún dos concellos con maior incidencia epidemiolóxica que se vexan afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria.

As persoas beneficiarias desta primeira liña de axudas, que se poderá solicitar ata o próximo 18 de decembro, son, polo tanto, os autónomos con e sen persoal contratado ao seu cargo que estean dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou Réxime do Mar como traballadores por conta propia, incluídas as persoas autónomas societarias. Estes autónomos deberán ter o domicilio fiscal en Galicia e ter recoñecido o cese ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real Decreto Lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

Os traballadores por conta propia que cumpran con estes requisitos e que pertenzan a calquera tipo de actividade económica poderán optar a un apoio de 1.200 euros. Esta contía incrementarase ata os 2.000 euros para os autónomos de sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas cuxos códigos na Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) se especifican no DOG.

Son principalmente as relacionadas co ocio nocturno; actividades que se desenvolvan en atraccións de feiras, sen un establecemento aberto ao público, e que pertenzan ás CNAES que se detallan no DOG; taxistas; transporte marítimo de pasaxeiros; transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores; provisión de comidas preparadas para eventos; actividades de exhibición cinematográfica; axencias de viaxes; operadores turísticos; outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos; organización de convencións e feiras de mostras; artes escénicas; actividades auxiliares ás artes escénicas; xestión de salas de espectáculos; actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos; e outras actividades recreativas e de entretemento. 

Tramitación áxil e sinxela

Os beneficiarios da axuda, que a recibirán nun pagamento único, terán que comprometerse a manter a actividade económica de alta durante dous meses a contar desde a data de publicación da orde de axudas. A tramitación destes apoios será áxil e sinxela, por medio dunha declaración responsable por parte do solicitante. A finalidade do programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola Covid-19 co obxectivo de contribuír ao mantemento da actividade económica e do emprego.

O Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas da Xunta, que se consensuou no seo do Diálogo Social e na Mesa do Emprego Autónomo, e que inclúe unha liña específica de axudas urxentes ao sector da hostalería afectado polo peche decretado pola autoridade sanitaria, está dotado con preto de 80 millóns de euros para manter a actividade de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas.

Plataforma Gohu

A Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade volve a activar a aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico [email protected] para informar en todo momento das novidades. A App pódese descargar para teléfonos con iOS na ligazón  https://apps.apple.com/es/app/gohu/id1458130660 e para Android en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.nedaware.postall. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web: www.gohu.es

A páxina web da oficina do autónomo abriu tamén unha sección específica para achegar a información sobre o plan de rescate ao colectivo.

A Deputación recibe a petición de 54 concellos da provincia para rehabilitar e sinalizar Patrimonio Histórico Cultural

As axudas da Deputación para rehabilitar e sinalizar patrimonio histórico cultural na provincia veñen de ser solicitadas por 54 concellos da provincia, quedando unicamente á marxe A Estrada, Illa de Arousa, Meaño, Pazos de Borbén e Pontecesures, que non presentaron proxecto para subvencionar. Nestes momentos as solicitudes están a ser fiscalizadas polo departamento de Intervención, que emitirá ditame para indicar se se axustan ás bases da convocatoria.

O departamento dirixido por María Ortega repartirá 400.000 euros nestas axudas, que se rexen polos principios de solidariedade e equilibrio territorial para permitir levar adiante investimentos e actuacións que non resultarían asumibles para os concellos sen a cooperación económica da Deputación. “Entendemos que a promoción, a información e a accesibilidade aos bens culturais das localidades son básicas en calquera política cultural e turística, e tan fundamental é dar a coñecer a nosa provincia como que as persoas que a visiten poidan acceder facilmente aos bens patrimoniais”, subliña a nacionalista.

Na comarca de Vigo, o concello de Redondela solicitou subvención para a rehabilitación da fonte de Santiago Apóstolo; en Soutomaior pediuse axuda para a reparación de solos e paramentos no centro multiusos de Arcade; Salceda de Caselas priorizou a posta en valor  da contorna da igrexa de Santos Xusto e Pastor na parroquia de Entenza; no Porriño pediuse axuda para a rehabilitación da fonte da María Rosa en Pontellas; Mos pediu subvención para mellorar a cuberta da Casa Consistorial. No Val Miñor, Nigrán pediu financiamento para a restauración da muralla do Castro de Candebrito; Baiona para a recuperación do lavadoiro do río da Maré, na Baíña; e Gondomar para o acondicionamento das instalacións do antigo matadoiro.

No Baixo Miño as axudas destinaranse á recuperación da fonte de Xixolla en A Guarda; ao inventario das igrexas románicas e bens patrimoniais de Tomiño e a súa sinalización; á mellora de sinalización de diversos elementos en Tui; á sinalización das salinas do Aguncheiro en Oia; e á sinalización interpretativa da igrexa de Santa Mariña do Rosal.

No Condado-Paradanta as solicitudes de subvención están destinadas á restauración do lavadoiro da poza das Lavandeiras en Covelo; á recuperación da contorna da fonte dos dous canos, en A Cañiza; á sinalización interpretativa das parroquias de Toutón e Lougares en Mondariz; á sinalización do xacemento paleolítico de Porto Maior, en As Neves; á mellora da pavimentación da contorna da capela de San Pedro en Arbo; á conservación da Casa do Concello de Mondariz-Balneario; á sinalización de catro igrexas, dúas mámoas e na rehabilitación dun cruceiro e unha pía bautismal en Ponteareas; e á sinalización de diverso patrimonio en Salvaterra.

No caso da comarca de Pontevedra, os concellos solicitaron axuda económica para as obras de restauración e posta en valor do lavadoiro da Pedreira en A Lama; a creación dunha ruta interpretativa da arquitectura indiana en Ponte Caldelas;  o proxecto de sinalización da variante espiritual do Camiño Portugués en Poio; a rehabilitación do acceso aos petróglifos de Pedra da Serpe en Campo Lameiro; ou a restauración dunha vivenda e sinalización no castro de Monte de Chan en Barro.

Na comarca do Morrazo, as axudas foron solicitadas polos concellos para a sinalización e divulgación patrimonial das fontes de Marín; para a restauración, sinalización e posta en valor da Torre de Meira en Moaña; para a sinalización de fontes e lavadoiros en Bueu; para a restauración, limpeza e sinalización do peto da Magdalena e a limpeza de diversas estatuas en Cangas; e para a sinalización e reparación de elementos no roteiro das Mámoas en Vilaboa.

No Salnés, priorizáronse a restauración e conservación do hórreo da Gándara, en Meis; a instalación dun rego para a conservación do xardín histórico do parque Vicaño, en Sanxenxo; o deseño e instalación de paneis informativos sobre a torre de San Sadurniño en Cambados; a sinalización do espazo museístico das salgadoiras de punta Moreiras, en O Grove; a rehabilitación e sinalización de patrimonio diverso en Ribadumia; a escavación arqueolóxica no sector sur do castro e mosteiro de Cálago en Vilanova; e as obras de mantemento do edificio da Casa do Concello en Vilagarcía.

Na comarca de Caldas, o concello de Caldas pediu axuda para a rehabilitación da fonte dos Catro Canos; Catoira pediu para sinalización interpretativa no Muíño da Ponte; Portas para restaurar o lavadoiro de San Bieito; Valga para mellorar os accesos aos muíños da fervenza de Parafita; e Moraña para sinalizar tres rutas temáticas e para realizar un inventario de bens patrimoniais.

No Deza-Tabeirós os concellos priorizaron a restauración do peto de ánimas da Inmaculada Concepción en Forcarei; a sinalización e cartelería para a mámoa da Chousa Nova en Silleda; a conservación do cruceiro de San Marcos en Cerdedo-Cotobade; a instalación de paneis nos bens inmobles municipais en Dozón; a posta en valor de áreas recreativas de valor natural e ambiental en Agolada; a posta en valor de diversos elementos arquitectónicos, etnográficos e arqueolóxicos en Rodeiro, Cuntis, Lalín, e Vila de Cruces.

Segundo establecen as bases da convocatoria repartirase un importe fixo de douscentos mil euros de forma lineal entre os concellos da provincia que se acolleron  a estas axudas. A cantidade restante, outros douscentos mil, repartirase entre os concellos de forma proporcional segundo poboación (75%) e superficie (25%). Aos concellos de ata 10.000 habitantes destinaranse 40.000 euros; aos concellos de 10.001 a 20.000 habitantes corresponderanlle 80.000 e aos concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes corresponderanlles os 80.000 euros restantes.

Solidariedade e apoio ao comercio local únense en Ponteareas coa campaña “Trasnos polo Nadal”

As Concellerías de Benestar Social e Voluntariado do Concello de Ponteareas, dirixidas por Verónica Carrera e Miguel Bouzó, veñen de anunciar a posta en marcha da campaña “Trasnos polo Nadal”.

Esta iniciativa nace co obxectivo de facilitar que as nenas e nenos de Ponteareas en situación de vulnerabilidade conten con algún agasallo no Nadal, á vez que se promove a actividade no comercio local.

En primeiro lugar, as nenas e nenos usuarios do Centro de Reparto de Alimentos, menores de 16 anos, escriben as súas cartas indicando que agasallos lles gustaría recibir polo Nadal. Cada persoa voluntaria que queira participar facendo realidade a ilusión destas nenas e nenos inscribirase a través dun formulario na páxina web do Concello www.ponteareas.gal/trasnos-nadal,  converténdose en “Trasno”. Cada Trasno recibirá unha destas cartas e terá que mercar no comercio local algún dos agasallos solicitados, sen superar o importe de 35€. Logo depositarao identificado nos comercios habilitados, onde persoal do Concello os recollerá para entregar ás familias correspondentes.

Verónica Carrera e Miguel Bouzó animan a veciñanza “a participar nesta iniciativa converténdose en Trasnos e facer posible que ningún neno nin nena da nosa vila quede sen agasallo neste Nadal tan atípico”. A concelleira e concelleiro nacionalistas agradecen tamén “a participación dos comercios colaboradores habilitando espazos nos que depositar os agasallos, sendo así partícipes dunha iniciativa que une solidariedade veciñal con apoio ao comercio local”.

As mulleres e a forma de entender o feminismo, cita teatral en Gondomar este sábado

0

O Auditorio Municipal Lois Tobío acolle o sábado 21, a partir das 20.00 horas, unha nova sesión de teatro, nesta ocasión a cargo da creación colectiva de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stefphy LLaryora: a obra “Feminíssimas”, dirixida por Xavier Castiñeira.

Sobre o escenario o encontro de tres amigas dende a adolescencia que se atopan despois de anos sen verse, reencontro no que expoñerán a súa forma de vivir o feminismo, que é moi diferente entre elas. Desta forma a compañía pretende, a través de grandes doses de humor, dar unha visión da maneira na que as mulleres conviven coa loita pola igualdade e os movementos feministas.

Trátase de lograr unha reflexión dende o propio humor descubrindo as incongruencias e sobre todo o espazo que separa a teoría da práctica diaria. Como resumen os seus protagonistas defínena como “unha comedia negra…moi violeta”.

As entradas poñeranse á venda no propio Auditorio Lois Tobío, unha hora antes da representación, e ata completar o aforo (30 persoas) que permite a normativa covid19 vixente actualmente.

Hoxe comeza en Tui a campaña “En Negro” contra a violencia de xénero

0

Tui súmase un ano máis á campaña En Negro contra as Violencias con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende hoxe venres, 20 de novembro, e até o sábado 28 deste mes o Concello de Tui, a través da Concellería de Igualdade, súmase a esta iniciativa de sensibilización que se leva a cabo en Galicia coa participación institucións, empresas, colectivos e centros de ensino.  A campaña este ano, dada a actual situación derivada da pandemia da Covid-19, terá unha importante compoñente virtual a través das redes sociais á que se anima a sumarse á cidadanía, asociacións, empresas, centro de ensino,… coa etiqueta #TuiEnNegro.

As persoas interesadas poden descargar o material da campaña en https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl e compartilo nas súas redes sociais xunto a algunhas das etiquetas  #EnNegro2020,   #EnNegro, #ContraAsViolencias, #NonEstásSoa, #QuerémonosVivas.  Tamén se pode recoller o material impreso na Casa do Concello. Amais dos carteis tamén se distribuirán máscaras e chapas coa imaxe da campaña.

Nas redes sociais municipais – Facebook, Twitter e Instagram – publicarase diariamente o material da campaña dende mañá venres até o sábado 28. Amais serán tamén a plataforma na que se difundan as “Lecturas para a Igualdade” entre o luns 23 e o venres 27. Persoal das librarías tudenses, da Biblioteca Municipal, da comunidade educativa, ou escritoras achegarán a súa recomendación de libros relacionados coa igualdade  e a violencia contra a muller.

Amais o propio mércores, 25 de novembro, dende a casa do concello terá lugar o acto institucional en liña coa lectura do manifesto deste 25N. Tamén o mércores, ás 18 h no Teatro Municipal proxectarase o filme “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana de Teixeiro, con posterior coloquio coa directora. A capacidade do teatro está limitada a 30 espectadores que deberán reservar gratuitamente a entrada en tui.gal. O coloquio poderá ser seguido a través de Zoom.

Neste programa de actividades colaboran as Concellerías de Igualdade, Cultura e Servizos Sociais, deixando patente o compromiso do equipo de goberno na transversalidade das políticas de igualdade.

O PP de Ponteareas solicita ao Goberno local axilidade no trámite das exencións de impostos locais aos autónomos afectados pola Covid-19

O Grupo Municipal do PP pide ao Goberno local que sexa áxil cumprindo os acordos en relación á Covid-19, porque se expuxo a exención de impostos locais a todos os autónomos que sufriran peches durante o Estado de Alarma, como consecuencia da pandemia, e todavía non aplicouse.

Por outra banda os populares solicitan unha campaña de concienciación na hostalería e outra forma de proceder antes de ter que sancionar aos hostaleiros. “O Goberno local está sancionando aos hoteleiros conforme as normas establecidas. Está ben que fagan cumprir a lei, pero poderían primeiro informar e advertir aos hostaleiros, xa que con tanto cambio de normativa moitos descoñecen as normas actuais”.

O PP considera que é necesario velar pola seguridade dos ponteareáns pero considera que, debido á delicada situación do sector hostaleiro e do comercio, poderíase proceder doutras formas antes de sancionar. “É necesario que coñezan o seu límite de aforo, a hora do peche, que se lles advirta das normas que deben de cumprir, antes de sancionar poderíase previr e advertir. Aqueles que non cumpran deberán ser sancionados, pero en moitos casos é por falta de información”, explican os populares.

A Guarda se atopa na zona de especial vixilancia por risco en relación á influenza aviaria en aves

0

Desde finais do mes de xullo detectouse en varios países do leste de Europa a circulación de virus da influenza aviar de alta patoxenicidade (en diante IAAP) do serotipo H5N8 tanto en aves domésticas coma silvestres.

É necesario sinalar en primeiro lugar que o serotipo H5N8 circulante non ten carácter zoonótico, é dicir non se transmite ás persoas nin lles produce ningunha enfermidade.

A actual situación epidemiolóxica supuxo un cambio na valoración do risco de aparición desta enfermidade en España, de xeito que á data actual considérase que existe un risco alto de detección do virus da IAAP nas zonas previamente determinadas como zonas de especial risco (ZER), e de risco moderado nas zonas determinadas como zonas de especial vixilancia (ZEV), onde se atopa incluído, entre outros, o Concello da Guarda.

En relación á obriga para as persoas titulares de currais familiares de autoconsumo en concellos ZEV de inscribir o seu curral nun rexistro administrativo, a disposición da Consellería do Medio Rural, cómpre lembrar que a única finalidade deste rexistro e ter constancia da existencia do curral, por se fora necesario nunha situación de emerxencia sanitaria nas aves.

Este rexistro pode realizarse por diversas vías:

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), cubrindo o formulario MR 501A – Inscrición no rexistro de explotacións avícolas non comerciais. Xúntase modelo para o seu coñecemento e uso se o consideran. (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR501A&ano=2015&numpub=1&lang=gl)
  • Nas Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) da Consellería do Medio Rural.
  • No propio concello para posterior traslado á OAC de pertenza.
  • Por calquera dos sistemas habilitados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oia ultima o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable

0

O Concello de Oia está a ultimar a redacción do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un documento onde se inclúen medidas para frear o cambio climático e reducir a pegada de carbono, converténdose deste xeito nun municipio respectuoso e concienciado co medio ambiente.

A Administración local contou cun total de 3.993 euros para a elaboración do plan. Esta cantidade procede das axudas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e dos Fondo Feder da UE, baixo o lema “Unha maneira de facer Europa”.

O documento, cuxa redacción foi adxudicada a Taller de Estrategias Ciudadanas, aborda cuestións como a diminución de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables -co obxectivo de reducir a pegada de carbono do municipio- . Será de aplicación en edificios, instalacións, equipamentos, transporte público e privado e ciclos de tratamento de residuos sólidos e augas residuais.

Así mesmo, o plan definirá medidas para preparar á localidade fronte aos riscos e vulnerabilidades que derivadas do proceso de cambio climático. 

Próxima aprobación no pleno

Desde principios do mes de setembro, o Concello estivo a traballar na recompilación de datos relativos a edificios e instalacións municipais, actuacións desenvolvidas en materia de eficiencia enerxética, recollida e tratamento de residuos, equipamentos e servizos, etc; a fin de que puideran ser incluídos na estratexia.

Unha vez reunida toda esta información e avanzado o proceso de redacción do documento, actualmente estanse a pechar os últimos detalles co obxectivo de que poida ser aprobado pola Corporación Municipal no pleno deste mes. A aprobación do PACES é un dos compromisos asumidos polo Concello de Oia como membro do Pacto de Alcaldías para o Clima e a Enerxía, ao que se sumou o pasado ano. Segundo lembra a alcaldesa, Cristina Correa, formar parte desta iniciativa sitúa ao municipio dentro do “maior movemento mundial de autoridades na loita contra o cambio climático”.

O Concello de Mos recurrirá o arquivo do procedemento xudicial polos recibos da auga falsos

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anuncia que o Concello presentará o vindeiro luns, 23 de novembro, recurso de apelación ante o arquivo dos presuntos delitos de suplantación de identidade e falsedade documental por parte da Comunidade de Montes de Tameiga no caso dos recibos falsos da auga, preparados para enviar por correo aos domicilios mosenses xusto antes das eleccións municipais de 2019.

A Xuíz titular do Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº1 do Porriño entende que “no se halla debidamente justificada la perpetración de los delitos que dieron lugar a la incoación de la presente causa” pero a rexedora local mosense entende que “a pesares do arquivo e de que entenda que non está debidamente xustificada a perpetración do delito, a Xuíz en ningún caso nega que sucederan os feitos”. “Polo tanto queda claro que, en contra do que dicía o señor Román González, voceiro de GañaMos, os feitos non foron unha invención nin unha montaxe miña para gañar as eleccións, senón que as cartas sí que foron unha montaxe da Comunidade de Montes de Tameiga para que as perdera, pero non o conseguiron”, sentenciou Arévalo.

Queda demostrado polo tanto tras este procedemento xudicial, que aínda non se atopa finalizado posto que o Concello de Mos recurrirá o arquivo, que Carlos Roca, empregado da Comunidade de Montes de Tameiga levou as 4.000 cartas a Correos e declarou que quen lle mandou facelo foi Gonzalo Pérez, coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga e 8º na lista electoral de GañaMos; ademais de man dereita de Antonio Cajide, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, de cuxas vivendas, casualmente, partiron os recibos falsos emitidos (unha das vivendas está a nome da muller de Antonio Cajide e a outra dun primo político de Antonio Cajide). Xa que o auto decretando o arquivo non ve indicios de delito pero sí recolle que estes feitos realmente sucederon ao estar demostrados polas cámaras de seguridade e as declaración do persoal de Correos. E para Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, “isto é o importante, que se recoñeza a veracidade dos feitos, agora se non son considerados delitos é outra cousa. Pero para iso existe a posibilidade do recurso, que imos utilizar, porque desde logo estou segura de que había intencionalidade política clara nos feitos acontecidos en maio do ano pasado”.

O asunto foi tan grave que incluso se acusou á alcaldesa e ao goberno mosense de facer falsas acusacións e ter sido elaborada unha montaxe por parte do Partido Popular de Mos. Acusacións que proferiu a Plataforma Auga e Vida que está formada por Traídas de Auguas e a Comunidade de Montes de Tameiga, que ademais esixiu desculpas públicamente cando isto de esclarecera. 

Esclarecido o asunto, a rexedora local mosense segue a manter firmemente “que se trata dunha trama política contra min”. Trama que incluiu durante todo o ano 2019, nos meses previos aos comicios locais, a convocatoria de Asambleas na Comunidade de Montes de Tameiga e nas Comunidades de Augas, manifestacións, pancartas en vivendas (unha delas colocada nunha das casas das que partiron os recibos falsos), mentiras para xerar alarma social como que a auga de Pereiras estaba contaminada, e o colofón final previo ás eleccións: os recibos falsos.

“Insisto en que se trata duns feitos moi graves de falsedade en documento público e estafa, polo que desde o Concello de Mos presentaremos o vindeiro luns un recurso, para que se faga xustiza e non quede impune unha falsificación realizada con interese de xerar alarma social con fins políticos que se esperaba se trasladasen aos resultados nas urnas, sen embargo, moi ao seu pesar, non foi así”.

Unha colisión múltiple en Redondela sáldase con dúas persoas feridas

0

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Redondela nunha colisión na que se viron implicados tres turismos. Segundo a información recollida no 112 Galicia, estas dúas persoas accidentadas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O accidente produciuse na N-552, ao fío das 9:10 horas. Foi, nese momento, cando unha persoa particular daba a voz de alarma sobre o accidente ao 112 Galicia.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, do Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tomiño organiza actividades de cara ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero

0

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de xénero, o Concello de Tomiño organiza actividades que dende a Cultura, a mocidade, a divulgación académica e mesmo o deporte, queren visibilizar a violencia que día a día seguen a sufrir moitas mulleres polo feito de seren mulleres.

A programación inclúe, outro ano máis, a campaña Tomiño en Negro, dende a que o Concello anima ao comercio local, tecido asociativo, organizacións, etc. a sumarse vestindo de negro os escaparates e espazos e coa utilización do material de campaña que será distribuído. Como nos últimos anos, as fotografías e iniciativas co material de campaña poden ser subidas ás redes sociais mediante a utilización dos hashtag #ENNEGRO, #CONTRAASVIOLENCIAS, #NONESTÁSSOA, #QUERÉMONOSVIVAS… calquera deles acompañados de #TOMIÑOENNEGRO.

Tamén está encadrado no conxunto de actividades a exposición ‘Rompe. Xoga en Igualdade’, presente no Mercado de Tomiño ata o próximo 20 de decembro, as representacións teatrais ‘Sofía’ e ‘Bernarda’ ou a charla-coloquio ofrecida por Rosa Cobo o venres 20 de novembro: ‘A cuarta ola feminista: violencia sexual vs. educación igualitaria’, entre outras.

Unha programación, polo tanto, que de xeito transversal abordará a violencia contra as mulleres e cun acto central o día 25 de novembro —a lectura do Manifesto institucional— que este ano, e por mor da situación sanitaria, será retransmitido online para garantir a seguridade de toda a cidadanía, sen renunciar á súa lectura como compromiso de todas as forzas políticas con representación municipal e sectores representativos da vila nesta loita que nos une: unha sociedade igualitaria e libre de violencia machista.

O número de casos activos por coronavirus en Galicia sitúanse en 9.086

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.086 deles 1.869 son da área da Coruña, 1.194 da de Lugo, 720 da de Ourense, 1.235 da de Pontevedra, 2.380 da área de Vigo, 1.008 da de Santiago, e 680 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 97 están en UCI, 472 en unidades de hospitalización e 8.517 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 37.910 persoas curadas, rexistrándose 1.119 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 833.778.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Catro axentes de Tui condecorados coa Medalla ao Mérito da Policía Local

0

Catro axentes da Policía Local veñen de ser distinguidos coa Medalla ao Mérito da Policía Local. O Diario Oficial de Galicia recolle a orde do 9 de novembro de 2020 pola que se determinan estas distincións. A propia xefatura da Policía Local presentou no seu día a solicitude para recoñecer o traballo realizado polos axentes na explosión rexistrada o 23 de maio de 2018 no barrio da Torre, en Paramos.

En concreto van recibir a Medalla ao Mérito da Policía Local José Ramírez Pérez, Manuel Arca Caeiro, David González Martínez e a Avelino Martínez Pérez. Na resolución publicada no DOGA indícase que se concede a medalla  “pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía”.

José Ramírez Pérez formou parte da plantilla da Policía Local durante 37 anos sendo o inspector xefe até a súa xubilación o ano pasado. Manuel Arca, actualmente inspector xefe, suma 33 anos de servizo e en 1999 recibía a insignia do concello pola súa intervención na resolución dun secuestro no monte Aloia.  Avelino Martínez leva 31 anos no corpo da Policía Local e David González está a piques de cumprir 17 anos coma axente. Os catro coincidiron en sinalar aquel 23 de maio coma o día máis duro que viviron na súa carreira profesional coma membros da Policía Local. Poucos minutos despois da explosión Avelino Martínez e David González foron os primeiros en chegar ao lugar co desconcerto inicial de coñecer a orixe do suceso, e atopándose cun escenario dantesco propio dun escenario bélico. José Ramírez lembra que “foi impactante” e coma “o cheiro a pólvora te asfixiaba” e “a tristeza de ver os corpos sen vida” das dúas persoas que faleceron. Manuel Arca recorda coma os entullos o enchían todo. Agora dous anos despois amosan a súa satisfacción por ver recoñecido o seu labor coa máxima distinción que pode ser concedida a un policía local.

O pleno infantil abordará hoxe a análise da infancia sobre a Covid-19

O Concello de Ponteareas celebrará hoxe xoves día 20 un pleno infantil que da continuidade ao traballo xa iniciado nos anteriores plenos infantís que, de xeito estable e contínuo, vén celebrando o Concello por iniciativa da Concellería de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fdez Davila.

Esta nova sesión plenaria cadra coa celebración do Día dos dereitos da Infancia entre os que se recollen o dereito a participación, constituíndose como un elemento fundamental para exercer como cidadáns, e polo tanto debendo ser potenciado en todos os ámbitos (familiar, educativo, municipal…) e mesmo en circunstancias tan complexas como as actuais, explica Davila.

“Dende o Concello de Ponteareas queremos continuar co traballo do consello municipal da infancia e adolescencia, e dar unha nova oportunidade para que nenas, nenos e adolescentes expresen as súas opinións, queixas ou suxestións ao goberno municipal”.

O pleno infantil terá lugar ás 12:00 horas e, seguindo as recomendacións e normas sanitarias, realizarase de xeito telemático a través da plataforma ZOOM.

A orde do día está protagonizada pola situación actual e os dereitos da infancia abordando, entre outros aspectos, os efectos da Covid-19 no día a día dos nenos/as, necesidades, preocupacións e propostas e peticións para o Concello.

Igual que en pasadas ocasións cada centro nomeou a dous voceiros/as que disporán dun total de 4 minutos para as súas intervencións.

O Concello de Nigrán investiga o roubo das cordas empregadas para o novo peche perimetral das dunas de Praia América-Panxón

0

O Concello de Nigrán investiga a través da Policía Local o roubo das cordas mariñeiras que se estaban a poñer actualmente no peche perimetral das dunas de Praia América-Panxón en substitución dos vellos arames galvanizados. Este traballo forma parte do proxecto ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’ subvencionado polo GALP con 45.000 € e incluíu tamén a instalación dun observatorio de aves, varandas, ramplas accesibles cara a praia ou roteiros de sensibilización e traballos de voluntariado. Precisamente, a empresa contratada ía rematar esta mañá a colocación de todas as cordas que, en conxunto, sumaban 100 metros liñeais. O roubo, que se pode apreciar nos cortes nas ataduras dos postes, aconteceu menos dunha semana despois de que se instalase o primeiro tramo.

Precisamente, como elemento salientable e innovador deste proxecto figuraba o emprego no cercado de sogas mariñeiras grosas para vincular a contorna coa actividade produtiva de Panxón e, ao mesmo tempo, facer fincapé no principio de sostibilidade ambiental.

“É lamentable que acontezan este tipo de situacións incívicas que, ao final, o que fan é prexudicar a toda a veciñanza ao denigrar o noso propio territorio, que é o que queremos por en valor. Non toleramos este tipo de agresións e por descontado que traballamos para dar coa autoría”, subliña o alcalde, Juan González.

O Goberno de Tomiño rexeita unha iniciativa plenaria do PSOE para a creación dun punto limpo pese a recoñecer “que é unha boa moción”

0

O grupo Municipal Socialista do Concello de Tomiño presentou no pleno do pasado día 12 de novembro unha iniciativa para a creación dun Punto Limpo no municipio, proposta rexeitada polo Goberno local “pese a recoñecer que é unha boa moción”, sinalan as concelleiras socialistas Mirta Misa e Violeta de Santiago. Foi precisamente Violeta de Santiago que defendeu na sesión plenaria a necesidade da implantación dun Punto Limpo para evitar verquidos incontrolados ao longo e ancho do Concello.

De Santiago lamentou que, “ao non contar con este servizo, non poidamos acollernos ó proxecto STRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a xestión dos resíduos de aparatos electricos e electrónicos) cofinanciado polo FEDER a través do programa POCTEP para Galicia e norte de Portugal, liderado pola Deputación de Pontevedra”. 

Doutra banda o PSOE tomiñés presentaba outra moción no pleno, aprobada esta si por unanimidade, sobre as gravacións das sesións plenarias. Mirta Misa lembrou que as concelleiras socialistas levan todo o mandato pasado, así como o que vai deste, reivindicando a gravación e difusión dos P!enos. “Nestes momentos de pandemia –dixo Mirta Misa– esiximos esta ferramenta para garantir a transparencia, a información e a participación veciñal”. Na mesma iniciativa, as concelleiras socialistas reclamaban a creación dunha hemeroteca “na que queden arquivadas as gravacións íntegras así como as mocións presentadas, sexan aprobadas ou rexeitadas”.

As concelleiras socialistas volveron a preguntar polas verteduras no río Tollo así como pola  creación dunha Plataforma da Sanidade Pública, ( solicitada con anterioridade  polo grupo Socialista). Así mesmo pediron información sobre a publicitada construcción da ponte peonil sobre o río Miño e cal foi o investimento nese proxecto. “150.000€ de diñeiro público malgastados en fume!!” aseguraron as edís socialistas. Violeta de Santiago e Mirta Misa pediron tamén a mellora da marquesina na rotonda  da farmacia “que nos días de choiva e como si non houbera”. “Agardamos que en breve sexan emitidas as Sesións para que as veciñas e veciños aseguren o seu dereito ás información” remataron as concelleiras do PSdeG-PSOE de Tomiño.

Dentro doutros puntos da orde do día, o Pleno aprobaba por unanimidade a proposta de adicar unha rúa ao escultor Xoán Piñeiro en Goián, localidade onde residía e tiña ó seu estudo, así como o Regulamento do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Concello de Tomiño a instancias de UNICEF, que require da súa aprobación en Sesión Plenaria. Finalmente, tamén era aprobada por todos os grupos políticos, unha Declaración Institucional polo 25N, día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Dúas persoas resultaron feridas ao bater o turismo no que circulaban contra un animal en Tomiño

0

Dúas persoas resultaron feridas a pasada noite en Tomiño despois de que o coche no que viaxaban impactase contra un animal que interceptou na vía, concretamente na estrada que vai a Tebra. Segundo a información recollida no 112 Galicia, as dúas persoas accidentadas precisaron ser trasladadas ao centro médico de referencia.

Foi unha persoa particular quen alertou do sucedido ao 112 Galicia ás 23:05 e, acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES da Guarda, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Ferido un ciclista ao ser alcanzado por un camión en Salvaterra de Miño

Un ciclista necesitou atención sanitaria ao mediodía de onte tras ser alcanzado por un camión mentres circulada pola estrada que une as localidades de Guillarei e Rañada, no termo municipal pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polos equipos de emerxencia que acudiron ao lugar do accidente, despois do impacto, o condutor do vehículo de transporte de mercadorías continuou a marcha.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 14:30 horas cando os efectivos de urxencias sanitarias contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para informar do suceso.

De inmediato, desde o 112 pasouse aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Ademais, informouse tamén aos Bombeiros do Porriño e aos efectivos do GES-SPEIS Ponteareas por se fose necesaria a súa intervención.