Tui

Curso de Agricultura Ecolóxica na UNED de Tui

A Aula UNED de Tui acollerá do 4 ao 18 de maio un taller sobre agricultura ecolóxica. Unha experiencia pioneira e impartida por expertos de recoñecido prestixio que ten como obxectivo que o participante se relacione con algún dos conceptos fundamentais dunha horta ecolóxica.

A Banda da Escola Naval Militar de Marín, no Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acolle o próximo luns, 13 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade, un concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. O concerto comezará ás 18 horas e as entradas, sen numerar, poranse á venda ás 17.30 h ao prezo de 4 €, no despacho de billetes. Unha vez comezado o concerto non se poderá acceder ao patio de butacas.

Inscrición no Programa Diurno de Balnearios

O Concello de Tui informa que ata o 30 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acoller ao Programa Diúrno de Balnearios 2015 Coidarte promovido pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

As festas de San Telmo e o deporte

Unha andaina saudable, torneo de minitenis e carreira popular son as tres actividades deportivas que se van celebrar en Tui esta fin de semana co gallo das Festas de San Telmo. Este eventos foron presentados onte na Casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro, o presidente da Comisión de Festas de San Telmo, Francisco Javier Rodríguez, o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, o responsable do Club Tenis Tui, Pablo García, así como o presidente de SOS Baixo Miño, José Quinteiro.

Curso de introdución á lingua inglesa na Aula UNED

A Aula Universitaria de Tui acollerá do 17 de abril ao 26 de xuño de 2015 un novo curso de introdución á lingua inglesa. O curso, dirixido a calquera alumno con coñecementos básicos do idioma, terá lugar todos os venres de 17:30 horas a 19:30 horas nas instalacións da aula universitaria tudense.

Do 8 de abril ao 10 de xuño, a Aula UNED de Tui acollerá o curso Conversación en inglés a través de situacións comunicativas (básico avanzado), un seminario de inglés dirixido alumnos de nivel básico-intermedio (nivel A2) que desexen mellorar a comunicación interpersoal no devandito idioma.

Este curso centrarase eminentemente na adquisición de vocabulario cotián a través da práctica oral do idioma. O obxectivo é comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato.

O curso, que terá lugar nas instalacións da aula universitaria cada venres de 17:30 horas a 19:30 horas, terá unha carga lectiva de vinte horas e un prezo de matrícula de 40 euros.

Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web da UNED-Pontevedra, chamando por teléfono o 986 851 850 ou dirixíndose ao edificio da Aula UNED de Tui.

Suscribirse a este canal RSS