Covelo

A Covelo non lle gustan os sobresaltos

A veciñanza de Covelo non está polos sobresaltos nin polas novidades, ou cando menos iso dedúcese dos resultados destas municipais do 2019 que son un calco das do 2015. Por non haber sobresaltos, non os hai nin tan sequera nas porcentaxes de voto, nas que BNG e PSdeG-PSOE sofren lixeirísimas perdas mentres que o PP experimenta unha mínima suba porcentual con respecto a cita electoral anterior.

Presentado en Mondariz Balneario o XI Ciclo de Música Clásica de Barcia de Mera

O director xeral de Polítcas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no acto de presentación do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, que este ano celebra a súa undécima edición. Trátase dun amplo programa de música clásica que se desenvolverá ata o mes de setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo. A xa tradicional cita cultural atrae cada ano a máis público para gozar da música clásica nunha contorna que non é a habitual para este tipo de espectáculos.

A Xunta reforzará o firme na PO-255 en Covelo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou o venres, 1 de marzo, a estrada PO-255, ao seu paso polo concello de Covelo, onde se van a levar a cabo nos próximos meses traballos de reforzo do firme que tamén beneficiarán aos concellos da Lama, Fornelos de Montes e A Cañiza. Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Pablo Castillo, así como polo alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, e o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez.

A Deputación desenvolverá obras de mellora da seguridade viaria en Covelo

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai mellorar a seguranza viaria da estrada provincial que conecta o núcleo da parroquia de A Graña no Concello de Covelo co cemiterio e a igrexa parroquial. No día de hoxe, a presidenta Carmela Silva e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez asinaron co alcalde, Juan Pablo Castillo Amigo, un convenio de colaboración entre a institución provincial e o concello para levar adiante as obras, que teñen un orzamento de 288.755 euros.

A Deputación investirá 120.000 euros na mellora de espazos urbanos de Covelo

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento ao concello de Covelo para as obras de mellora no entorno da Igrexa San Bartolomeu da Lamosa. As actuacións teñen un importe total de 121.019,29 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

Intercambio de poesía visual entre Colombia e o colexio de Covelo

Despois de varios anos levando con gran éxito a poesía visual e obxectual aos alumnos do terceiro ciclo de educación primaria a través do Proxecto Caligrama 2000, o poeta, dramaturgo e educador vigués, David Fernández Rivera, deu un paso cara adiante no seu compromiso e dedicación para coa infancia desde a lírica, concretamente grazas ao Proxecto Atlántida, unha iniciativa de intercambio de poemas visuais a través da arte correo entre estudantes galegos e colombianos.

Suscribirse a este canal RSS