11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Museo do Mar da Guarda, na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

    O Museo do Mar da Guarda, na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

    O Museo do Mar da Guarda, que forma parte da Rede Municipal de Museos xunto co MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, é un dos once novos centros que xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).

    A rede REMA é un dos eixos vertebradores de Morada Atlántica, un proxecto colaborativo impulsado polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que inclúe entre os seus socios oito GALP de Portugal, tres de Andalucía e un procedente das Illas Canarias. O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

    Para o Concello da Guarda, que o Museo do Mar forme parte desta rede xunto con 25 espazos galegos máis, un museo asturiano e un museo portugués, constitúe un novo pulo de atracción turística para o municipio, centrado neste caso na posta en valor do noso rico patrimonio marítimo e atlántico. O pasado mariñeiro da Guarda, baseado na pesca de baixura tradicional, xerou un interesante patrimonio tanto material como inmaterial.

    Museo do Mar da Guarda

    O Museo do Mar localízase na Atalaia, ao final do paseo marítimo. Esta edificación, ao final do Paseo Marítimo, lembra unha antiga fortaleza defensiva de planta circular situada no porto que foi derrubada en 1945 para facilitar a extensión das grandes redes utilizados polos barcos de pesca e aproveitar a pedra na construción do dique. En 1997 reconstrúese no emprazamento actual.

    O Museo do Mar conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

    Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: ‘Xentes do mar’, ‘Lendas de mar’, ‘Mulleres do mar’ ou ‘Tesouros vivos’.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.