Domingo, 4 Maio de 2025

Nigrán acolle o martes unha charla para aprender a usar os parques biosausables

Será ás 11:00 horas ao carón do Pavillón de Panxón se a climatoloxía o permite e o 7 de Xuño en Prado (Priegue)

O Concello de Nigrán acolle o martes 31 de maio (se a climatoloxía o permite) a súa primeira charla charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudables, dirixida a toda aquela persoa interesada en practicar exercicio ben. Esta terá lugar ás 11:00 horas na instalación ao carón do Pavillón Municipal de Panxón e a seguinte será o 07 de Xuño ás 11:00 en Prado (Prado-Estrada pola Vía).

O Concello de Nigrán, xunto ao de Baiona e Gondomar, participa nun proxecto pioneiro de fomento do uso correcto dos parques biosaudables, idea que foi desenvolvida desde a Unidade de Fiosioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde do Val Miñor. O obxectivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico de forma segura (na web www.nigran.es pódense descargar folletos explicativos).