O Concello de Nigrán consignará no vindeiro pleno do 25 de outubro 50.967 € para bonificar o transporte metropolitano na área de Vigo aos seus veciños durante o 2022, cantidade que volverá a asumir o municipio no 2023, tal e como figuran no novo convenio de colaboración coa Xunta. Isto permitirá que máis de 800 menores de 21 anos empadroados na localidade viaxen gratis coa tarxetas ‘Xente Nova’, ademais de posibilitar outras bonificacións. Nigrán é o segundo municipio que máis cartos achega, só por detrás de Cangas con 99.436 € e seguido por Baiona con 36.000 € e Redondela con 27.576 €.
“A bonificación no transporte é a costa das arcas municipais porque é polo interese da nosa veciñanza, sen embargo, é unha mágoa que a Xunta sempre rexeite colaborar económicamente nos convenios que lle ofrecemos desde o Concello”, considera o alcalde, Juan González.
Así, a pesares de sumarse a este convenio, os propios servizos xurídicos do Concello reiteran á Xunta no seu informe que o transporte colectivo urbano non é unha competencia municipal (tal e como recolle a lei reguladora das bases do rexime local LBRL) e só ten carácter obrigatorio para os municipios de máis de 50.000 habitantes, non sendo o caso de Nigrán. Recorda, ademais, que o servizo de transporte interurbano é de titularidade da Xunta de Galicia, que foi quen adxudicou o contrato, e que polo tanto é quen tería a competencia para acordar bonificacións no marco da sús política de tarifas. Neste sentido, subliñan que os recursos públicos, neste caso dos concellos, non son os que se teñen que por sempre como opción preferente á hora de equilibrar déficits tarifarios sen contemplar siquera ás empresas concesionarias.