Domingo, 4 Maio de 2025

O Concello de Nigrán retoma o Cine Club Val Miñor Alice Guy este xoves coa proxección de ‘Las Niñas’

A longametraxe de Pilar Palomero obtivo este ano os premios Goyá á Mellor Película, Dirección Novel, Guion orixinal, etc

O Concello de Nigrán e o Cine Club Val Miñor Alice Guy retoman este xoves ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a película ‘Las Niñas’, dirixida por Pilar Palomero e recentemente galardoada co Premio Goya á Mellor Película, Mellor dirección Novel, Mellor Guion Orixinal e Mellor Fotografía.

Como é habitual nestas proxeccións, a longametraxe contará cun coloquio posterior moderado por Alfonso Castaño. A entrada é libre ata completar o aforo permitido actualmente.

Ano 1992. Celia, unha nena de 11 anos, vive coa súa nai e estuda nun colexio de monxas en Zaragoza. Brisa, unha nova compañeira recentemente chegada de Barcelona, empúxaa cara a unha nova etapa na súa vida: a adolescencia. Nesta viaxe, na España da Expo e das Olimpíadas do 92, Celia descobre que a vida está feita de moitas verdades e algunhas mentiras.