Sábado, 3 Maio de 2025

Alto Minho, Salvaterra e Vilanova de Arousa prepáranse para vivir «O Mundo a Dançar»

Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas nos espectáculos a realizar tanto no Alto Minho –Monção, Barbeita, Melgaço, Valença, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca– coma en Galicia –Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa–.

Nesta edición de 2019, estarán presentes neste festival, un dos máis recoñecidos a nivel nacional con certificación CIOFF dende 2006, grupos procedentes de Benim, Bolivia, Chile, Croacia, Filipinas, Xapón, México, Portugal, Rusia e Servia, agrupando a preto de 500 participantes.

Durante o festival, os participantes estarán aloxados en Monção. Durante estes días, 120 voluntarios e voluntarias, tanto portugueses como estranxeiros, ocuparanse de todos os traballos que leva aparellados un evento desta categoría como son cozinha, limpeza, loxística, guías, interpretes, etc.