11.3 C
Pontevedra
Venres, 3 de Maio de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar achega preto de 10.000 euros ás ANPAS dos colexios do municipio

    Gondomar achega preto de 10.000 euros ás ANPAS dos colexios do municipio

    Ferreira subscribiu os convenios de colaboración anual coas asociacións incrementando a dotación orzamentaria de cada unha en 350 euros e, por primeira vez, súmase a ANPA do CRA 'Antía Cal', que percibirá 1.500 euros

    O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, subscribiu esta semana os convenios de colaboración que o Goberno local, a través da concellería de Educación, mantén anualmente coas Asociacións de Nais e País (ANPAS) dos centros educativos públicos do municipio, cunha dotación total de 9.900 euros.

    A firma enmárcase dentro da política do executivo de facilitar as ferramentas e medios posibles ás entidades de carácter social ou comunitario que coa súa actividade redundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar.

    Neste caso, aténdese un sector importante como é a educación das novas xeracións, tal e como lembra o rexedor, que engade que se fixo o esforzo de incrementar as partidas respecto ao ano pasado porque “sen dúbida toda axuda para afrontar a volta ao cole neste momento que vivimos é necesaria e as administracións debemos estar aí, na medida do posible”.

    Así subscribiron o convenio as representantes das Anpas dos Centros de Educación Infantil e de Primaria (CEIP) Xosé Neira Vilas, Souto Donas, Chano Piñeiro e Serra de Vincios, que recibirán unha subvención de 2.100 euros cada unha delas. Este ano súmase o ANPA do Colexio Rural Agrupado ‘Antía Cal’ que por primeira vez subscribiu o convenio anual co concello, dotado con 1.500 euros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.