Domingo, 4 Maio de 2025

Nigrán ofrece dez cursos gratuítos online dirixidos a persoas desempregadas do municipio

Os interesados e interesadas poden inscribirse desde o día 13 de outubro e ata 5 días antes do inicio do mesmo en Rexistro ou Sede Electrónica, puidendo simultanearse ata 3 deles (máximo 5 solicitudes)

O Concello de Nigrán ofrece gratuítamente un programa de formación online con 10 cursos diferentes e dirixido preferentemente a desempregados do municipio co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral. O prazo de inscrición para os mesmos arranca o 13 de outubro (Rexistro ou Sede Electrónica) e rematará 5 días antes do inicio de cada un (comezan o 2 ou 3 de novembro e se extenden un mes, cunha duración de 30 a 50 horas). O máximo de solicitudes é de 5 por orde de preferencia e se poderán simultanear ata 3 cusos.

En concreto, o Concello ofrece os cursos de Atención e Fidelización de clientes; aplicacións informáticas de recursos humanos; composicións florais: técnicas de elaboracón, elementos utilizados e características; xestión de inventarios; escaparatismo de pequeno comercio; xestión de protocolo; limpeza e posta a punto de pisos e zonas comúns en aloxamentos; publicación de páxinas web; manipulación de produtos químicos e de limpeza e apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes.

Terán preferencia persoas desempregadas de Nigrán seguido de traballadores de Nigrán e, de quedar prazas vacantes, poderían cursalos tamén os non empadronados (o máximo por acción formativa é de 15 alumnos). As bases coa información polo miudo deste ‘Plan de Formación para o Emprego 2020-Modalidade Online’ estará publicadas na sede electrónica do Concello.