O Concello de Nigrán e a asociación Revolto Artesán Galego ofrecen esta fin de semana durante todo o día un mercado de coleccionismo e antigüidades na Alameda de A Ramallosa cumprindo co protocolo covid-19 e coa animación de DJ Gramola de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A maiores, os nenos entre 6 e 10 anos poderán anotarse a obradoiros de manualidades de 17:00 a 18:00 horas inscribíndose antes no mail [email protected].