Domingo, 4 Maio de 2025

Prado Surf Escola iniciou hoxe as actividades de ‘O Teu Xacobeo’

Durante todo o mes de xuño Prado Surf Escola, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha unha actividade dentro do programa ‘O Teu Xacobeo’ para promocionar o Camiño de Santiago entre a poboación local do terceiro sector. A primeira destas actividades arrancou hoxe xoves 11 con Aldeas Infantís Redondela. Durante todo o mes de xuño participarán neste programa diferentes grupos Aldeas Infantís Vigo e a Asociación ANHIDA, tamén de Vigo.

A actividade inclúe unha etapa do camiño de Santiago, neste caso desde Baiona a Nigrán coa explicación dos monumentos de interese, fauna e flora de lugares protexidos como o Castelo de Monterreal, a Foz do Miñor, as dunas de Praia América… Ademais, realizaranse diferentes xogos durante o traxecto e os participantes tamén tomarán conciencia do coidado do medio ambiente a través dunha actividade que leva por título Basuraleza. Como colofón o traxecto finaliza cun bautismo de surf na Praia de Patos.

Con esta actividade Prado Surf Escola e Xunta de Galicia queren reforzar o sentimento de pertenza ao Camiño de Santiago dentro da poboación local, poñer en valor a importancia da Ruta Xacobea na formación da cultura galega e concienciar sobre o coidado do patrimonio natural da zona.

Prado Surf Escola puxo en marcha un protocolo estrito de hixiene e desinfección para realizar esta e outras actividades coa máxima seguridade.