15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: o teu xacobeo

    ‘O teu Xacobeo’ remata a segunda edición con máis de 550 participantes, das cales 40 do concello de Ponteareas

    Por segundo ano, Cruz Vermella e a Xunta de Galicia sacan adiante o proxecto “O teu Xacobeo”. Con esta iniciativa búscase fomentar a inclusión e participación activa dos colectivos que atende a NG: voluntariado, xuventude, persoas maiores, inmigrantes…, potenciando o valor do Camiño de Santiago.

    Aberta a venda de entradas para o concerto do Cuarteto Rastrelli na Praza do Reló da Guarda

    O vindeiro sábado día 17 de setembro a Praza do Reló da Guarda será o escenario para un concerto moi especial da man de O Teu Xacobeo, e que protagonizará o Cuarteto Rastrelli, formado por Kira Kraftzoff, Sergio Drabkin, Kirill Timofeev e Misha Degtjareff. O grupo traerá á Guarda o...

    Mos acolle a presentación do I Encontro de Labores no Camiño

    A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o Pazo de Mos para presentar o I Encontro de Labores no Camiño, a proposta da Asociación de Palilleiras de Mos no marco do programa de “O Teu Xacobeo”.

    ‘Volanteiro no Camiño’ peregrina pola historia e a paisaxe entre A Guarda e Redondela

    O volanteiro da Asociación Piueiro asucará desde mañá venres a costa para homenaxear o Camiño Portugués. 'Volanteiro no Camiño' é unha iniciativa gratuita na que intégranse varias rutas e á que están convidado todos os que o desexen, cun límite de oito a seis persoas por viaxe.

    Fernández-Tapias e Prado Surf Escola presentan “O Teu Camiño”, un proxecto destinado a escolares no marco de “O Teu Xacobeo”

    A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o Concello de Nigrán para presentar “O Teu Camiño” a proposta de Prado Surf Escola no marco da primeira edición do programa “O Teu Xacobeo” que o Goberno galego puxo en marcha no 2019.

    O Concello de Redondela denuncia o “flagrante incumprimento” da Xunta de Galicia coa normativa lingüística

    O escrito dirixido ao Concello de Redondela por parte novo responsable de planificación das iniciativas do programa 'O Teu Xacobeo', escrito integramente en castelán, foi considerado onte polo Goberno local como “unha clara mostra do incumprimento por parte da Xunta de Galicia da normativa lingüística” e lémbranlle “que a lingua oficial de comunicación é o galego”.

    Prado Surf Escola iniciou hoxe as actividades de ‘O Teu Xacobeo’

    Durante todo o mes de xuño Prado Surf Escola, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha unha actividade dentro do programa 'O Teu Xacobeo' para promocionar o Camiño de Santiago entre a poboación local do terceiro sector. A primeira destas actividades arrancou hoxe xoves 11 con Aldeas Infantís Redondela.

    «Best Boy» e os viños de catro adegas pechan en Tui «Música e viño no teu camiño»

    O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa 'Música e viño no teu camiño' promovido por Eu Rural e financiado por 'O teu Xacobeo'. A presentación desta actividade tivo lugar no mediodía de onte venres na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Sandra González, presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.