Sábado, 3 Maio de 2025

Redondela reafirma a súa aposta pola potenciación da lingua galega na escola

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o técnico de Normalización Lingüística, deron a coñecer as actividades que se desenvolverán nos colexios do municipio

A xuntanza anual da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüísticas (CENDL), integrada polo Concello de Redondela e os centros educativos do municipio deixou ben clara a súa aposta polo fomento da lingua galega nos centros escolares.

No decurso da reunión a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas que é tamén responsable da áreas de normalización lingüística, deu a coñecer as liñas de traballo de proximidade e as canles de comunicación cos centros escolares.

Pola súa banda, o técnico de normalización, presentou as actividades que se desenvolverán nas escolas para fomentar o uso da lingua galega. So medidas de unha extraordinaria importancia logo do último informe do Consello de Europa no que se sinala que Galicia sofre un importante retroceso en falantes máis novos.

As actividades presentadas cobren todos os niveis educativos. Así haberá un contacontos ilustrado sobre Ernestina Otero ou un obradoiro de dobraxe. Para os cursos superiores, o Concello de Redondela asiantou que partiripará no Club de Debate ao redor do que se organizarían coloquios sobre o cinema galego actual coa participación de directores e actrices.

Pola súa banda, a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, adiantou a intención do Concello de Redondela de cubrir as necesidades de transporte indicadas polas escolas.