11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO luns arrancan as actividades infantís do Programa de Nadal da Guarda

    O luns arrancan as actividades infantís do Programa de Nadal da Guarda

    O vindeiro luns día 23 de decembro arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/2020 actividades que debido ás malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana, cambian de emprazamento de desenvolveránse nos baixos da Casa dos Alonso.

    Unha das primeiras actividades programadas é a Ludoteca de Nadal, un espazo concibido para que os máis pequenos teñan actividades de lecer con xogos mentres os pais e nais realizan as súas compras de Nadal no casco urbano da vila. Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

    Non é preciso realizar unha inscrición previa, posto que haberá unha folla de rexistro ao comezo, onde as familias poderán inscribir aos seus fillos e fillas e encher as autorizacións correspondentes, onde se lles informará tamén a hora de recollida dos nenos e nenas.

    A Ludoteca realizarase na Casa dos Alonso e estará organizada por espazos de diferentes actividades con manualidades plásticas, puzzles e xogos de mesa, xogos simbólicos, biblioteca e pintacaras. Contarase con dúas monitoras profesionais que estarán a cargo dos menores para velar polo seu benestar e ter un ocio educativo e controlado.

    Horario da Ludoteca Luns 23: de 16:30h a 19:30h
    Martes 24: de 10:00h a 13:00h
    Luns 30: de 16:30h a 19:30h
    Luns 30: de 16:30h a 19:30h

    Xogos e obradoiros infantís

    O Xoves 26 de decembro a Praza do Monterreal acolle unha tarde de xogo de mesa con Brazolinda, unha actividade infantil que terá lugar a partires das 16:30 h e na que os máis pequenos da casa poderán gozar e pasar un excelente momento cos orixinais e divertidos xogos de mesa que estarán á súa disposición. Estes xogos están pensados para potenciar diferentes capacidades nos nenos e nenas, como a de observación, razoamento ou comunicación; e todo a través da resolución de adiviñas, o debuxo, as matemáticas… En caso de choiva, a actividade pasarase á Casa dos Alonso.

    O xoves día 2 de xaneiro terá lugar na Praza do Monterreal en horario de 16:30 h a 19:30 h un Obradoiro de Nadal para nenos e nenas coa participación dos pais e nais e que consistirá en dúas actividades paralelas, por unha banda os nenos e nenas poderán realizar un adorno para o arbolito de nadal, e por outra banda poderán realizar un marcapáxinas de nadal para libros. Disporán de todo o material preciso para estas tarefas e non é necesaria inscrición previa. Tamén se contará con pintacaras nesta xornada. Ao igual que nos casos anteriores, a Casa dos Alonso será o lugar de desenvolvemento alternativo en caso de mal tempo.

    Espectáculos Infantís

    O venres 27 de decembro ás 17:30 h o Centro Cultural acolle o espectáculo de clown infantil «Cartoons», unha actividade na cal Josito e Víctor interpretan a dous personaxes no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

    Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as súas habelencias na área da maxia.

    O venres día 3 de Xaneiro ás 17:30h a Praza do Reló –no Centro Cultural en caso de choiva– será o escenario de «Nadal con Paio e Aurelio», un espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.