Sábado, 3 Maio de 2025

Olga García e Verónica Carrera entregan os diplomas do Curso de Artesanía en Coiro

O obradoiro organizado pola asociación Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas enmárcase no programa «Conectadas» da Deputación de Pontevedra

A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, e a deputada provincial Olga García Ballesteros, entregaron os diplomas do curso ‘Artesanía en Coiro’ impartido no Centro Artístico Sportivo no marco do programa Conectadas da Deputación Provincial e organizado pola asociación de Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas.

O programa ‘Conectadas’ ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuir a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. 

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.