Tag: tecnoloxía LED
Segue adiante o paso do alumeado público do concello das Neves a tecnoloxía LED
Financiado integramente cos fondos de compensación ambiental, por un valor de 14.541,65 €, vén de acometerse a obra no cadro do barrio da Moreira, na parroquia de Taboexa.
Os traballos consisten no cambio do cadro de mando e de 29 puntos de luz. As características das novas luminarias de corpo de aluminio son unha potencia de 31,1 Watios e 3000 Kelvin de temperatura ou color.