Tag: rede viaria
Os viais das parroquias ponteareás de Fozara e Paredes serán obxecto de obras de mellora
A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, dirixida pola socialista Chus Garrote, continúa a traballar na mellora das condicións dos viais das parroquias para mellorar as súas condicións de seguridade e mellorar a mobilidade das veciñas e veciños.
Rematadas as obras de mellora no camiño de Pedreira na parroquia de Cabeira, Arbo
O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de mellora do camiño no lugar da Pedreira, na parroquia de Cabeiras, traballos que permiten solucionar a grave situación na que se atopaba esta infraestrutura. Cómpre lembrar que o lugar da Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que vén sendo pasto de frecuentes incendios.
A Deputación remata os muros de contención e reposición de firme da EP 2401 no Porriño
A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras para a reposición do firme e o execución de dous muros de contención para a mellora da EP 2401 no Porriño. A actuación foi adxudicada por preto de 90.000 euros e soluciona problemas de estabilidade da vía.
Tomiño inviste máis de 70.000 euros na mellora de camiños municipais en varias parroquias
O Concello de Tomiño na súa procura de mellorar a rede municipal de estradas, reparando as pistas asfaltadas e pavimentando as que se atopan en terra, vanse arranxar catro camiños municipais nas parroquias de Santa Mª de Tebra, Tomiño, Amorín e Vilameán.
Salvaterra de Miño inicia a mellora de camiños en Lourido, Fornelos e Meder
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de asinar o contrato da obra 'Mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder' coa empresa adxudicataria do concurso público Naron SL, financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural.