11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: paloma castro

    As socialistas de Salceda elevan ao Parlamento de Galicia o abandono da Xunta en materia de emprego

    A deputada do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, visitou Salceda de Caselas para, acompañada pola portavoz e tenente de alcaldesa, Verónica Tourón, coñecer sobre o terreo a situación dos desempregados e desempregadas do municipio. No decurso da visita, Verónica Tourón informou a Paloma Castro que a Xunta de Galicia "rexeitou a solicitude dun novo Programa Integrado de Emprego que daría posibilidades de inserción laboral e mellora da empregabilidade a 100 veciñas e veciños de Salceda".

    O Grupo Socialista urxe á Xunta “o reforzo das infraestruturas educativas” de Salceda de Caselas

    A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamou ao goberno galego "que teña en conta as peticións de investimentos en Salceda de Caselas: infraestruturas educativas e sociais para as crianzas no Concello con un dos índices de natalidade máis elevado de Galicia". Castro formulou ditas reclamacións na visita que hoxe realizou...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.