17.5 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mercadillo

    Volve o mercadiño ambulante dos domingos ao Porriño

    Logo do parón no mes de agosto debido ás altas temperaturas e á baixa participación, detectada xa en xullo, as feiras do primeiro domingo de cada mes volven ao Porriño. Deste xeito, o vindeiro domingo 3 de setembro haberá mercado ambulante na vila do Louro.

    O Porriño retoma o mercadiño ambulante dos domingos

    O Porriño retoma o mercado ambulante do primeiro domingo de cada mes tras publicarse onte no BOP a modificación da ordenanza municipal que respalda a súa celebración.

    O primerio domingo de cada mes haberá mercado ambulante no Porriño

    A Concellería de Comercio do Concello do Porriño, que dirixe Antía Carrera, informou da ampliación dos días de mercado ambulante no Porriño.

    Regresa o mercadillo solidario a Arbo

    Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, co que se pretende promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.

    Mercadillo ambulante, todos os mércores en Arbo

    O mercado semanal de Arbo dos mércores complementa a actividade diaria do comercio local, dando continuidade a unha tradición existente en toda localidade de celebrar a compra e venda ao aire libre, e favorecendo que a poboación acceda a outro tipo de produtos.

    O mercado ambulante de Ponteareas dos 25 de decembro e do 1 de xaneiro cambia a data

    A Concellaría de Promoción Económica e Consumo do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, informa de que o mercado ambulante do sábado 25 de decembro e do sábado 1 de xaneiro cambiará de data ao coincidir cos festivos de Nadal e Aninovo.

    Gondomar recupera o seu mercadillo de Nadal

    A Praza Paradela acollerá unha nova edición do seu Mercado de Nadal, promovido pola concellería de Comercio e Turismo, o próximo 19 de decembro durante toda a xornada.

    O mercadillo dos sábados adiantase esta semana ao venres 30 de abril debido a que o sábado 1 é festivo

    O Concello da Guarda informa que debido á celebración do Día do Traballador (1 de Maio), esta semana o Mercadillo dos sábados, que habitualmente celebrase os sábados, pasa a celebrarse na xornada do venres día 30 de abril pola mañá no entorno da Alameda da Guarda.

    A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados

    O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 e, trala mellora da incidencia acumulada, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 27 de febreiro.

    68 vendedores instaláronse hoxe no mercado ambulante que se restaurou en Porriño

    Hoxe instaláronse 68 postos de venda na zona peonil de Porriño con motivo da reanudación do mercado ambulante que levaba tres semanas suspendido por decisión municipal.

    O mercado de venta ambulante reanuda a súa actividade en Gondomar

    Ante o descenso de casos de Covid-19 confirmados no concello de Gondomar e o abandono do nivel de alerta vermella no municipio, o goberno local decidiu, a través da súa Concellería de Comercio, reanudar a actividade do mercadillo ambulante o vindeiro martes 23 de febreiro.

    Reanúdanse as feiras e mercados en Ponteareas

    O Concello informa que se reanuda a totalidade da actividade das feiras e mercados en todo o concello de Ponteareas a partires deste vindeiro sábado día 20 de febreiro. A situación sanitara do Concello mellorou nas últimas semanas e o nivel de contaxios situouse nun nivel equivalente ao de comezos de decembro.

    Baiona confirma que o luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo de Sabarís

    A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que, tras a confirmación da boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro vai retomar o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.

    Baiona retomará o mercadillo de Sabarís o luns 22 de febreiro de confirmase a tendencia á baixa na COVID

    A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que de confirmase a boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.

    Suspendido o mercado semanal dos xoves até o 17 de febreiro

    O Concello de Tui informa que suspenderase o mercadillo semanal dos xoves como medida para poñer freo á transmisión do coronavirus reducindo ao mínimo imprescindible a interacción social e a mobilidade.

    Aberto o prazo para a renovación e solicitude de postos de venda ambulante en Ponteareas

    Até o día 15 de decembro permanecerá aberto o prazo para a renovación das autorizacións de venda ambulante en feiras e mercados de Ponteareas. Dentro dese mesmo prazo poderanse realizar as solicitudes para obter a autorización para a adxudicación dos postos que queden vacantes.

    A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados

    O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus Covid-19 e, trala saída do nivel vermello do municipio a pasada semana, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 21 de novembro.

    Este sábado arranca de novo o mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda

    O sábado 19 de setembro retómase o mercadillo semanal dos sábado na Alameda da Guarda, só coa instalación dos postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos. Dende o consistorio local apélase á responsabilidade individual para que todo funcione de xeito adecuado e coas medidas de protección e prevención...

    O mercadillo semanal dos sábados pasa aos venres o 7 e 14 de agosto na Guarda

    O Concello da Guarda informa que o mercadillo semanal, que habitualmente se celebra os sábados na vila da Guarda, pasa a celebrarse os venres na semana do venres 7 e venres 14 de agosto. Deste xeito esas semanas non se celebrará o mercadillo semanal no sábado e adiántase á xornada previa do venres.

    O domingo 26 de xullo, celebrarase o ‘Mercadillo Solidario de Conrazones’

    Este domingo, 26 de xullo, terá lugar na Alameda da Guarda o "Mercadillo Solidario de Conrazones", de 9:00 h a 20:00 horas.

    Suspéndese o mercadillo semanal deste sábado pola festividade do Día de Galicia

    O Concello da Guarda informa da suspensión do mercadillo dos sábados do vindeiro día 25 de xullo pola festividade do Día de Galicia.

    Patos reabre o seu mercado con 20 postos agroalimentarios

    O Concello de Nigrán autorizou esta semana a reapertura do tradicional mercado ao aire libre de Patos para retomar a actividade este sábado despois de dous meses pechados pola crise sanitaria do Covid-19. Así, a feira arrancarou con vinte postos agroalimentarios convintemente delimitados para que permitisen gardar distancias de seguridade, tal e como se regula nesta Fase 1 de desconfinamento.

    O Concello da Guarda facilitará a ampliación de terrazas e o espazo do ‘mercadillo’ dos sábados

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, trasladará á próxima Mesa de Comercio a intención do executivo local de permitir a ampliación do espazo que os bares, cafeterías e restaurantes destinan a terrazas que se atopan en solo de competencia municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.