O mercado semanal de Arbo dos mércores complementa a actividade diaria do comercio local, dando continuidade a unha tradición existente en toda localidade de celebrar a compra e venda ao aire libre, e favorecendo que a poboación acceda a outro tipo de produtos; o mercado organízase en dous espazos diferenciados, en base aos seus artigos de venda.
Dun lado, comestibles e produtos básicos na Praza do Mercado, mentres que a comercialización de roupa e téxtil, enxoval e fogar, calzado, ornamentación, etc., ocupan a Praza Consistorio. Na Praza de Abastos, pódese adquirir peixe, froitas e verduras frescas e durante toda a maña poderase degustar un “polbo á feira”, que é aceno de identidade de todas as feiras e mercados de Galicia.
Esta actividade celébrase todos os mércores desde a 8:30 ata as 14:00 horas, sempre que non sexa festivo.
Ademais do comercio ambulante, todos os días en Arbo cóntase coa venta de carne de calidade en carnizarías, froitas, verdura e peixe na Praza de Abastos, supermercados onde poderanse atopar todas as marcas e produtos de primeira necesidade, perruquerías, comercio de roupa, librerías e quioscos, catro almacéns agrícolas donde podes adquirir todo tipo de produtos para horta, viñas, gandería…