Tag: enduro
A Escola de Ciclismo A.D. Avanza do Porriño, de celebración polo Campionato de España Junior de David Fernández Pérez
O corredor da A.D.AVANZA, David Fernández Pérez vén de proclamarse Campión de España 2020, na modalidade de Enduro, nos campionatos celebrados no Pirineo Aragonés. O corredor tudense do equipo do Porriño era un dos sete riders da Selección Galega que participaba nesta proba.
O tudense David Fernández Pérez, proclámase campión de España 2020 na modalidade Enduro
A Escola de Ciclismo A.D. AVANZA está de celebración co campionato de España Junior conseguido por David Fernández Pérez.
O corredor da A.D.AVANZA desprazábase ata o Pirineo Aragonés como un mais dos sete seleccionados pola Federación Galega de Ciclismo, para participar no campionato de España de Enduro, sendo esta a primeira modalidade que pon os seus títulos estatais en xogo neste 2020.
Ismael Romero do ‘Pontebike Team’, ao Campionato de España de Enduro
Ismael Romero Ucha, integrante do 'Pontebike Team', club de Enduro recentemente creado en Ponteareas vén de ser seleccionado para participar coa Selección Galega no Campionato de España de Enduro que se celebrará os dias 12 e 13 de Setembro en Castejón de Sos, en Huesca, en plenos Pirineos Aragoneses.
Éxito de inscrición no ‘II Enduro das Rosquillas’ de Ponteareas con máis de 250 deportistas na saída
O II Enduro das Rosquillas traerá a Ponteareas a máis de 250 corredores e corredoras que percorrerán o monte da Picaraña nunha proba que forma parte do campionato de Enduro BTT da copa de Galicia. A ADC Picaraña xunto con Biziebike, organizadores do evento deportivo, subliñaron o éxito de inscrición desta segunda edición da proba "que cubriu todas as prazas ofertadas".
Ponteareas xa ten equipo de enduro e descenso, o «PonteBike Team»
Ponteareas é, ninguén o dubida, terra de ciclismo e de ciclistas independentemente da especialidade. Botábanse en falta, iso si, equipos e nomes nas especialidades, nada doadas, de enduro e descenso. Agora, o 'PonteBike Team' nace para cubrir ese espazo baleiro e, como todo o que se fai en Ponteareas, a bo seguro que o fará con nota.