16.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: día das escritoras

    Noite meuga de literatura, reivindicación e moitas emocións no Castelo de Soutomaior

    Coa sinatura dun manifesto “histórico”, que se dará a coñecer hoxe martes, as escritoras máis notables dos últimos tres séculos puxeron o broche final a unha noite e madrugada inéditas, nun ambiente “cheo de maxia e de bos espíritos” e nunha “contorna única” como o Salón Nobre do Castelo de Soutomaior.

    A Deputación rinde tributo e homenaxe “ás escritoras invisibilizadas que nos ensinaron o camiño da igualdade na cultura”

    Ao abeiro do Día das Escritoras, a Deputación de Pontevedra rendeu esta onte homenaxe e tributo, “case un desagravio”, ás grandes mulleres da literatura que ao longo da historia, e a pesar de ser esquecidas nas antoloxías literarias, contribuíron coa súas obras á loita pola igualdade. Escritoras, mestras, xornalistas...

    A Deputación reúne este luns ao mundo da cultura para celebrar o Día das Escritoras

    Unha vintena de recoñecidas autoras, que ao longo da historia contribuíron coas súas obras á igualdade desde a literatura, serán protagonistas na tarde deste luns do acto de celebración da Deputación de Pontevedra na sede de Vigo organizado ao abeiro do Día das Escritoras. O evento consistirá nunha lectura pública de fragmentos das obras destas escritoras por parte de mulleres e homes da cultura da provincia, e se encadra na Alianza Local pola Axenda 2030 que impulsa a Deputación coa celebración dos Días Mundiais relacionados co cumprimento dos ODS.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.