14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: defendendo o tea

    Defendendo o Tea chama á veciñanza de Ponteareas “a mollarse polo noso río”

    Outro año máis, e xa van trece, Defendendo o Tea vai a colaborar co 'Proxecto Ríos' de Adega na limpeza simultánea de cauces fluviais. Ao igual que o veñen facendo dende o inicio desta actividade, Defendendo o Tea invita toda a veciñanza de Ponteareas e alrededores a que veñan a mollarse polo río.

    Un ano máis Defendendo o Tea reafirma a súa loita pola limpeza do río apoiado polo esforzo de 22 persoas voluntarias

    Onte domingo e como xa é habitual dende hai doce anos, Defendendo o Tea respondía á chamada de Adega e a súa 'Limpeza simultánea de ríos'. Non deixa de sorprender que, en pleno século XXI, Defendendo o Tea siga a sacar do leito do río neuméticos, plásticos, latas, toalliñas, ferros e ata a defensa dun coche. Chegará o día en que esta xornada solidaria co noso medioambiente pero, de momento, a labor de Defendendo o Tea é imprescindible.

    ‘Defendendo o Tea’ súmase, un ano máis, á ‘Limpeza simultánea de ríos’ promovida por Adega

    O próximo domingo día 27 de setembro realizase a limpeza simultánea de Ríos promovida por Adega dentro do 'Proxecto Ríos'. Como cada año 'Defendendo o Tea' estará aí, 'mollándose polo río', traballando arreo para eliminar o lixo que xentiñas un tanto descerebradas, tiran ao Tea como se fora un vertedoiro.

    Defendendo o Tea retira preto de media tonelada de lixo do río

    Un ano máis, e xa van once, «Defendendo o Tea» quixo facer gala ao seu nome e formou parte activa do Proxecto Ríos de Adega e da súa iniciativa de limpeza simultánea de ríos. Vinte e catro persoas, entre elas sete nenos e nenas, amosaron que con vontade se poden facer grandes cousas e foron quen de retirar entre 450 e 500 quilos de lixo.

    ‘Defendendo o Tea’ reafirma o seu compromiso coa ‘Limpeza simultánea de ríos en Galicia’

    O próximo Domingo día 29 de Setembro celebrase a 'XII Limpeza simultánea de Ríos en toda Galiza' e, como o vén facendo case que dende o comezo desta iniciativa, 'Defendendo o Tea', en colaboración co 'Proxecto Ríos' de Adega, mollarase unha vez máis polo río e polo medio ambiente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.