Tag: camposancos
A Guarda pide a Medio Ambiente a mellora do parque da Armona
O Concello da Guarda ven de pedir a Medio Ambiente da Xunta de Galicia a realización do proxecto de recuperación ambiental do 'Miradoiro Natural do Miño', un proxecto que contempla unha actuación sobre o espazo do parque da Armona en Camposancos, incluído na Rede Natura 2000.
A Guarda realizará a reforma das instalacións deportivas do Codesal
O luns día 8 de xuño tivo lugar a firma dun Convenio entre o Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos para a cesión das instalacións deportivas do Codesal ao Concello da Guarda por un período de 15 anos.
A veciñanza da Guarda valora positivamente o anteproxecto de senda de cirvunvalación ao monte Santa Trega
No acto, aberto a toda a cidadanía, participaron preto de 80 veciños e veciñas e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, estivo acompañado polo concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Español, e a técnica responsable da empresa que redactou este anteproxecto. Lomba explicou aos asistentes as características da proposta para a Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega, cunha valoración moi positiva deste anteproxecto por parte dos alí presentes.