17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: autoridade portuaria

    A Autoridade Portuaria de Vigo ningunea ao Concello de Redondela

    O Concello rexeita, unha vez máis, converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado como pretende a APV, ao utilizar o Peirao da Pedra como almacén e taller de reparacións para a empresa Atlánticas Vigo, S.L. que non conta con licencia de actividade do Concello de Redondela.

    O BNG de Redondela alerta sobre o “medre portuario” na zona de Rande

    O encontro mantido entre o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, seguíuse “con escepticismo” dende o Bloque Nacionalista Galego. “Tal como sospeitabamos non se produciron anuncios clave para o futuro da beiramar de Redondela, e da Enseada San Simón”, valora o voceiro nacionalista.

    Redondela reafirmase na súa “total e absoluta oposición” á reordenación do acceso a Rande da APV

    A Alcaldía de Redondela vén de amosar, unha vez máis, o seu “absoluto rexeitamento” ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande proposto pola Autoridade Portuaria de Vigo á que, segundo a alcaldesa Digna Rivas, “parécelle importar ben pouco realizar unha actuación que degradará de xeito irreversible, unha zona de protección ambiental”.

    Redondela opónse ao derrubo do antigo cargadoiro de Coto Wagner

    O Concello de Redondela vén de amosar a firme intención de “utilizar todos os recursos legais de que dispoña o Consistorio para evitar que por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, se prive aos veciños e veciñas de Redondela dun símbolo do patrimonio industrial do municipio como é o antigo cargadoiro de mineral de Coto Wagner, en Rande”.

    Moaña e Redondela lamentan que o Porto de Vigo “busque deixar sen voz á veciñanza de ambos municipios”

    Redondela e Moaña quedarán sen voz no Consello de Administración do Porto de Vigo que terá lugar o venres 27 de setembro, ao figurar na convocatoria como representante do municipio redondelá o exalcalde Javier Bas. Un feito que as alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e Moaña, Leticia Santos, que teñen que compartir o posto no Consello ao longo do mandato, cualificaron de "actitude intencionada coa que se quere evitar que teñamos voz no Consello".

    Digna Rivas acusa ao Porto de Vigo de “ningunear a Redondela, a súa veciñanza e a súa alcaldesa”

    Por segunda vez, e pasados tres meses dende o relevo na alcaldía de Redondela, a Autoridade Portuaria de Vigo vén de remitir ao Concello de Redondela a convocatoria para o Consello de Administración do Porto na que, como vogal, figura o exalcalde Javier Bas e non a actual alcaldesa, a socialista Digna Rivas. Este feito foi cualificado pola rexedora local como un intento de "ningunear" ao Concello de Redondela e a súa alcaldesa e de "falta de respecto sen precedentes" aos veciños e veciñas.

    Digna Rivas rexeita ante o Consello de Administración da Autoridade Portuaria que Rande convírtase nun almacén de contedores

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou o pasado venres na reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, o seu máis “fondo rexeitamento a que a parcela de Duches, en Rande, sexa destinada ao almacenaxe de contedores. Dende o Concello informouse do cambio de membro a pesar de terse comunicado dita...

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.