Tag: arealonga fútbol sala
O pavillón municipal de Chapela acolle o luns a concentración da liga autonómica xuvenil feminina de fútbol sala
O Arealonga FS Chapela organiza a concentración da liga autonómica xuvenil feminina de fútbol sala, subgrupo C, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol e o Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes.
O Arealonga FS de Chapela abre a inscrición para a tempada 2021/2022 en todas as súas categorías
O Arealonga FS ten xa aberta a inscrición en todas as súas categorías para esta vindeira tempada, 2021/2022. Para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poderán facelo presentándose no Pavillón Municipal de Chapela 'Manuel González Soto' os martes e os venres en horario de 17:00 a 19:00 horas. Tamén poden solicitar máis información a través do teléfono e whatsapp 662 111 339.
O Arealonga FS Chapela abre a inscrición para a tempada 2021/2022
Cunha nova tempada ás portas, o Arealonga FS Chapela abre as súas inscricións para que tódolos nenos e nenas que queiran practicar este deporte poidan facelo nas distintas categorías. Para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poderán facelo presentándose no Pavillón Municipal 'Manuel González Soto' de Chapela os martes e os venres en horario de 17:00 a 19:00 horas.
O Arealonga F.S. organiza xornadas de portas abertas hoxe martes 22 de xuño e o venres 25 de xuño no Pavillón Municipal de Chapela
O Arealonga FS de Chapela, Redondela, vén de poñer en marcha dúas xornadas de portas abertas coa intención de que, nenos e nenas, poidan tomar contacto con este deporte dun xeito lúdico e divertido. A iniciativa está dirixida ás categorías bibenón (2015/2016), prebenxamín (2013/2014) e benxamín (2011/2012).
O Arealonga FS de Chapela da a coñecer o fútbol sala entre os máis pequenos
O Arealonga Fútbol Sala de Chapela vén de comezar os seus adestramentos para todas as categorías de cara a afrontar unha tempada 2019/2020 ilusionante. Ao mesmo tempo, e para que os nenos e nenas poidan decidir si lles gusta este deporte, abre un prazo de 15 días para que, sen compromiso algún, poidan probar dita actividade deportiva.