15 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Arealonga FS de Chapela abre a inscrición para a tempada 2021/2022...

    O Arealonga FS de Chapela abre a inscrición para a tempada 2021/2022 en todas as súas categorías

    O Arealonga FS ten xa aberta a inscrición en todas as súas categorías para esta vindeira tempada, 2021/2022. Para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poderán facelo presentándose no Pavillón Municipal de Chapela ‘Manuel González Soto’ os martes e os venres en horario de 17:00 a 19:00 horas. Tamén poden solicitar máis información a través do teléfono e whatsapp 662 111 339.

    Click para ampliar

    Para esta tempada, o Arealonga FS contará coas categorías (tanto masculinas como femininas) de biberón (2016/2017), prebenxamín (2014/2015), benxamín (2012/2013), alevín (2010/2011), infantil (2008/2009), cadete (2006/2007), xuvenil (2003/2004/2005) e sénior.

    O club de Chapela vén destcando, dende hai tempo, polo seu traballo, humildade e compañeirismo. Son, sinala o Arealonga FS “adxectivos que fan posible que funcione como unha gran familia, sendo esta a base do éxito”. Cómpre salientar que, unha vez máis fai unha clara aposta polo fútbol sala feminino, “pois grazas a elas se fixo posible algo tan fermoso fai 20 anos”.

    Este ano, debido á situación sanitaria que marcou as dúas últimas tempadas, o Club oferta dúas promocións para setembro: por un lado, os nenos correspondentes á categoría biberón que se inscriban durante o mes de setembro, desfrutarán de todo o ano gratis e, por outra banda, o resto das categorías que se inscriban no mesmo mes, contarán con un pack de adestramento gratuíto.

    .

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.