23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: 28m

    28M, cambio de tendencia?

    Se hai algún xeito de definir a xornada electoral de o domingo é de claro cambio de tendencia que leva, polo tanto, ao obrigado cambio de cor en moitos dos concellos. Nalgúns casos 'era visto' que dirían as xentes desta terra; noutros nin era previsible nin esperado e aínda así aconteceu. Caen maiorías absolutas que parecían firmes e asentadas e aparecen novas maiorías onde menos se espera e que, dalgún xeito, amosan o cansazo da cidadanía ante determinados xeitos de gobernar. Así, mentres PP recupera moito terreo perdido nas pasadas eleccións e BNG mantén o pulso, o PSOE influído pola tendencia á baixa que sofre a nivel estatal, perde alcaldías e parece obrigado a facer un fondo exercicio de autocrítica.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.