A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun novo fenómeno adverso no mar de nivel laranxa que deixará ventos fortes e ondas que poderán alcanzar os 7 metros.
Este novo temporal comezou onte pola tarde na provincia de Lugo, facéndose notar os primeiros efectos. Esperase que ao largo da tarde de hoxe estendase polo resto do litoral galego, deixando así toda a costa en alerta laranxa.
Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso no mar que require da adopción de medidas de autoprotección, xa que, o máis probable é que se produza unha forte ondada e vento no litoral.
Co fin de reducir posibles riscos, recoméndase adoptar as seguintes medidas preventivas.
Por iso, o que nos podemos atopar é:
- Pequenas embarcacións ou outras estruturas marítimas á deriva
- Desbordamenteos puntuais polo suba da marea
- Obxectos e mobiliario urbano próximo ao mar que pode ser arrastrado
Para tratar de paliar estes efectos da situación meteorolóxica adversa, cómpre adoptar as seguintes medidas de autoprotección:
- Afastarse de praias, paseos marítimos, rompentes ou diques
- Evitar navegar, nadar ou practicar deportes acuáticos
- Non deterse a sacar fotografías
- Aseguar a embarcación