14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: alerta laranxa

    O litoral de Pontevedra de novo en alerta laranxa

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun novo fenómeno adverso no mar de nivel laranxa que deixará ventos fortes e ondas que poderán alcanzar os 7 metros.

    Continúa a alerta laranxa por vento e temporal costeiro na provincia de Pontevedra

    A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por vento activada para onte na Mariña de Lugo tamén ás provincias da Coruña e Pontevedra.

    O mar de novo en alerta

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun novo aviso de nivel laranxa no mar que afectará ao litoral Noroeste, Oeste e Suroeste da provincia da Coruña e a todo o litoral da provincia de Pontevedra, con ondas que poderán alcanzar ata os 6 m. Agárdase que esta situación comece a partir desta madrugada.

    Alerta laranxa por episodio adverso costeiro en Galicia

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun fenómeno adverso no mar que deixará ventos fortes e ondas de ata oito metros en todo o litoral de Galicia. Deste xeito, actívase a alerta de nivel laranxa a partir de hoxe, día 3 de decembro.

    Volve a inestabilidade á costa galega con ondas por riba dos oitos metros de altura

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) confirma que volve a inestabilidade ao mar cun novo episodio adverso, que traerá ondas por riba dos oito metros ao litoral galego. As previsións indican que os efectos deste fenómeno adverso deixaranse sentir a partir das dez da mañá do mércores, 28 de outubro, na costa da provincia da Coruña e irán estendéndose a todo o litoral de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.