22.4 C
Pontevedra
Domingo, 24 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: pontevedra

    Aberta a exposición ‘Camiños. O Camiño e as Artes’ no Museo de Pontevedra

    O Museo de Pontevedra vén de abrir no claustro do Edificio Sarmiento a décimo primeira edición de ‘Camiños’, unha mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadores de Galicia e Portugal sobre un fenómeno de carácter internacional como é a peregrinación a Santiago de Compostela.

    O litoral de Pontevedra de novo en alerta laranxa

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun novo fenómeno adverso no mar de nivel laranxa que deixará ventos fortes e ondas que poderán alcanzar os 7 metros.

    A provincia de Pontevedra supera o cento de avisos por mor do temporal

    Desde a pasada tarde, o 112 Galicia tivo conta de 173 avisos relacionados cos adversos meteorolóxicos activos na Comunidade. A provincia máis afectada foi Pontevedra, que sumou un total de 133 incidencias, seguida pola Coruña, con 21, e Ourense e Lugo, con 10 e 9, respectivamente.

    Alerta laranxa por choivas na Cañiza, Covelo e nas Rías Baixas

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por choiva, que afectará o interior da provincia de Pontevedra a partir desta mañá. Segundo a previsión, as precipitacións serán intensas.

    O Banco de Alimentos lanza a súa primeira Gran Recollida virtual, mentres atende xa un 40% máis de persoas

    A Fundación Provincial Banco de Alimentos, con sede en Vigo e delegación propia en Pontevedra, lanza a que será a súa primeira Gran Recollida (GR2020) integramente virtual, mentres atende xa a un 40 por cento máis de persoas vulnerables como consecuencia da pandemia.

    A Deputación inicia en Pontevedra e Vigo os tres cursos de español para persoas inmigrantes

    A Deputación iniciou este luns os tres cursos de español dirixidos a persoas inmigrantes deste 2020, que se desenvolven en Pontevedra e Vigo. Esta actividade formativa, que este ano chega a súa cuarta edición, vai encamiñada a que os e as participantes poidan superar posteriormente o exame DELE A2 expedido polo Instituto Cervantes, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar a nacionalidade española.

    Trece rutas autoguiadas para coñecer a provincia de Pontevedra a través do deporte e a natureza

    Dar a coñecer a provincia de Pontevedra á vez que se desfruta do deporte ao aire libre e da natureza son algúns motivos polos que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha as “Rutas Autoguiadas”, un catálogo con 13 itinerarios supervisados que poden seguirse facilmente a través de aplicacións móbiles ou dos GPS. As fichas das rutas, valoradas e clasificadas pola Deputación, están dispoñibles no sitio web do ente provincial (www.depo.gal) e ofrecen información sobre a distancia, a dificultade, as altitudes e os protocolos en caso de accidente. Os itinerarios discorren polos concellos de Moraña, Forcarei, O Grove, Redondela, Pontevedra, Catoira, Lalín, Vigo, O Rosal, Mondariz, Mondariz-Balneario, Silleda, Oia, A Guarda, Cangas e Bueu.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS